Fritz Pregl
![]() | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (de) Friedrich Raimund Michael Pregl 3 de setembro de 1869 Liubliana |
| Morte | 13 de decembro de 1930 Graz |
| Lugar de sepultura | Zentralfriedhof Graz (en) |
| Educación | Universidade de Graz |
| Director de tese | Wilhelm Ostwald |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Química e medicina |
| Ocupación | químico, farmacéutico, catedrático, médico, físico |
| Empregador | Universidade de Graz Universidade de Innsbruck |
| Membro de | |
| Interesado en | Química |
| Profesores | Hermann Emil Fischer |
| Obra | |
| Doutorando | Anton Benedetti-Pichler (en) |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Прегль Фриц) Enciclopedia soviética armenia, volume 9, (p.424) |
Fritz (Friderik) Pregl, nado en Ljubljana (hoxe en Eslovenia), Imperio Austrohúngaro, o 3 de setembro de 1869 e finado en Graz (Austria), o 13 de decembro de 1930, foi un químico austríaco de orixe eslovena.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu o 3 de setembro de 1869 na cidade de Ljubljana, naqueles momentos parte do Imperio Austrohúngaro, pero hoxe en día capital de Eslovenia. Estudou química e fisioloxía na Universidade de Graz, e posteriormente foi nomeado profesor auxiliar de química na mesma universidade. En 1910 foi nomeado profesor titular na Universidade de Innsbruck, pero en 1913 retornou a Graz para converterse en director do Instituto de Química Médica.
Investigacións científicas
[editar | editar a fonte]Iniciou as súas investigacións na constitución química dos ácidos biliares dos animais e do home. Para iso tivo que idear e desenvolver métodos de microanálise cuantitativa de substancias orgánicas que lle valeron a concesión do Premio Nobel de Química do ano 1923 e que serviron para mellorar a técnica do tren de combustión para a análise elemental.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1923 (en inglés)
- Biografía na páxina do Instituto Nobel (en inglés)
- Perfil de Fritz Pregl NNDB (en inglés)
| Predecesor: Francis William Aston |
Premio Nobel de Química 1923 |
Sucesor: Richard Adolf Zsigmondy |
