Robert Bruce Merrifield
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de xullo de 1921 ![]() Fort Worth, Estados Unidos de América ![]() |
Morte | 14 de maio de 2006 ![]() Cresskill, Estados Unidos de América (pt) ![]() ![]() |
Educación | Universidade de California, Os Ánxeles Montebello High School (en) ![]() Pasadena City College (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Bioquímica ![]() |
Ocupación | bioquímico, químico, profesor universitario ![]() |
Empregador | Universidade de California, Os Ánxeles Universidade Rockefeller ![]() |
Membro de | |
Premios | |
| |
![]() ![]() |
Robert Bruce Merrifield nado en Fort Worth (Texas) o 15 de xullo de 1921 e finado en Cresskill (Nova Jersey) o 14 de maio de 2006, foi un bioquímico e profesor universitario estadounidense, galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1984.
Traxectoría
[editar | editar a fonte]Estudou química na Universidade de California dos Ánxeles. En 1949 foi nomeado investigador auxiliar da Escola Médica e Docente do Universidade Rockefeller, cargo que ostentou ata 1966, a partir daquel momento ocupou a cátedra de bioquímica nesta mesma institución.
Finou por mor dunha longa enfermidade.
Investigacións científicas
[editar | editar a fonte]Inicialmente realizou traballos na investigación das pirimidinas, especialmente na investigación dun método de cuantificación. Durante a súa estancia no Instituto Rockefeller realizou traballos sobre a síntese química dos péptidos na fase sólida de moléculas de aminoácidos e proteínas.
En 1984 foi galardoado co Premio Nobel de Química polo desenvolvemento dun método simplificado e práctico de producir péptidos e proteïnas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1984 (en inglés)
- Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 1984 (en inglés)
- Robert Bruce Merrifield en Biografías y vidas(en castelán)
- Perfil de Robert Bruce Merrifield en NNDB (en inglés)
Predecesor: Henry Taube |
Premio Nobel de Química![]() 1984 |
Sucesor: Herbert A. Hauptman e Jerome Karle |