Saltar ao contido

Nikita Khrushchev

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaNikita Khrushchev

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de abril de 1894 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata
Kalinovka Editar o valor en Wikidata
Morte11 de setembro de 1971 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Moscova Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio Novodevichii, ЗИ/078/7.2/0018 55°43′30″N 37°33′08″L / 55.7250959, 37.5522044 Editar o valor en Wikidata
Viceprimeiro ministro da Unión Soviética
27 de marzo de 1958 – 14 de outubro de 1964
 Nikolau Hitler Gristofen (pt) TraducirAlexei Kosygin 
Secretário-geral do Partido Comunista da União Soviética (pt) Traducir
14 de setembro de 1953 – 14 de outubro de 1964
 Iosif StalinLeonid Brezhnev 
First Secretary of the Communist Party of Ukraine (en) Traducir
26 de decembro de 1947 – 19 de decembro de 1949
 Lazar Kaganovitch (pt) TraducirLeonid Melnikov (en) Traducir 
First Secretary of the Communist Party of Ukraine (en) Traducir
27 de xaneiro de 1938 – 3 de marzo de 1947
 Stanislav Kossior (pt) TraducirLazar Kaganovitch (pt) Traducir  Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Grupo étnicoPobo ruso Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónIndustrial Academy (en) Traducir (1929–)
Donetsk National Technical University (en) Traducir (1922–) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítica Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Moscova Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, militar, revolucionario Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1941 Editar o valor en Wikidata - 1964 Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Comunista da Unión Soviética (1918–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
LealdadeUnión Soviética Editar o valor en Wikidata
Rama militarExército Vermello Editar o valor en Wikidata
Rango militartenente xeneral (1943–) Editar o valor en Wikidata
Participou no conflitoFronte Oriental da Segunda Guerra Mundial
Segunda Guerra Mundial
Primeira Guerra Mundial
Guerra Civil Rusa
Battle of Tsaritsyn (en) Traducir
Invasão soviética da Geórgia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
17 de outubro de 196122º Congreso do Partido Comunista da Unión Soviética
27 de xaneiro de 195921st Congress of the Communist Party of the Soviet Union (en) Traducir
14 de febreiro de 1956XX Congresso do Partido Comunista da União Soviética (pt) Traducir
10 de marzo de 193918th Congress of the All-Union Communist Party (en) Traducir
26 de xaneiro de 1934XVII Congreso do Partido Comunista da Unión Soviética Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeNina Khrushcheva (1965–1971)
Efrosinya Khrushcheva (1914–1919) Editar o valor en Wikidata
ParellaNina Khrushcheva Editar o valor en Wikidata
FillosYulia Khrushcheva
 () Efrosinya Khrushcheva
Leonid Khrushchev
 () Efrosinya Khrushcheva
Rada Adzhubey
 () Nina Khrushcheva
Sergei Khrushchov
 () Nina Khrushcheva
Elena Evreinova
 () Nina Khrushcheva Editar o valor en Wikidata
ParentesNikita Khrushchev, fillo do fillo Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteLista de Ditadores de SourceWatch
Moskovskaia entsiklopedia: Litsa Moskvi
Q132337394 Traducir, (p.123-125) Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0451979 BNE: XX983446 Musicbrainz: 917807b8-1776-4b0a-ac7a-377c415cd406 Discogs: 3619234 WikiTree: Хрущёв-1 Find a Grave: 579 Editar o valor en Wikidata

Nikita Sergeievich Khrushchev (en ruso: Ники́та Серге́евич Хрущёв, tamén transcrito como Khruschov, Kruschov ou Kruschev), nado en Kalínkova, Kursk, Imperio Ruso o 15 de abril de 1894 e finado en Moscova o 29 de agosto de 1971, foi o máximo dirixente da Unión Soviética entre os anos 1953 e 1964.[1]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Nado na rexión agrícola de Kursk nunha familia campesiña pobre, emigrou cos seus pais á actual Donetsk (Ucraína), abandonando o campo por traballos fabrís. Khrushchev comezará traballando na limpeza interior de grandes caldeiras e traballará tamén como obreiro axustador, un traballo cualificado que estaba ben pagado e que lle serviu para conseguir a exención do servizo militar na primeira guerra mundial.[2]

Inicios políticos

[editar | editar a fonte]

Khrushchev participou na Revolución Bolxevique de 1917 e loitou no Exército Vermello durante a Guerra Civil que a seguiu (1918-20). Despois do triunfo da revolución, fixo carreira política no Partido Comunista ucraíno até chegar a ser o primeiro secretario da rexión de Moscova (1935-38) e da República de Ucraína (1938-49). Neste último cargo levou unha política contraria ao nacionalismo ucraíno e organizou a anexión dos territorios gañados por Ucraína en función da repartición de Polonia entre o III Reich e a Unión Soviética.

Segunda guerra mundial

[editar | editar a fonte]

Durante a segunda guerra mundial, dirixiu a fronte política de resistencia contra a invasión alemá como Comisario político (zampolit), con rango de Tenente Xeneral. Tras a queda de Kíiv, foi chamado a Moscova e desde alí foi enviado a Stalingrado, onde se destacou especialmente na batalla de Stalingrado.[3] Posteriormente, participou na batalla de Kursk e na liberación de Kíiv, onde tamén foi empregado na represión dos nacionalistas do Exército Insurxente Ucraíno, que combatera a carón das tropas nazis contra o Exército Vermello.

Distanciamento do stalinismo

[editar | editar a fonte]

En función da súa grande proximidade a Stalin, Khrushchev conseguiu sobrevivir a todas as purgas stalinistas e en 1949 regresa a Moscova, onde comeza a destacar como especialista do Comité Central do PCUS en cuestións agrícolas. O seu papel a carón de Stalin foi recoñecido publicamente e, tras súa a morte en 1953, foi elixido Secretario Xeral do Partido Comunista da Unión Soviética, compartindo o poder cunha dirección colexiada do Presidium do Partido. De vagar, Khrushchev apareceu como líder dunha corrente renovadora disposta a romper co pasado stalinista. Nesa liña, apartou do goberno o Ministro do Interior e representante da liña stalinista Lavrenti Beria, e a mala marcha da economía permitiulle tamén prescindir do seu rival, o Primeiro Ministro Georgi Malenkov en 1955. A dimisión do novo Primeiro Ministro Nikolai Bulganin en 1958 permitiu a Khrushchev concentrar persoalmente a dirección do Estado e do Partido.

Antes diso, en 1956 defendeu perante o XX Congreso do PCUS un informe que denunciaba os erros e os crimes da época de Stalin, o culto á personalidade e o dogmatismo ideolóxico, considerándoos contrarios ao marxismo-leninismo, o que tivo unha forte repercusión do movemento comunista internacional e motivou a expulsión do partido dalgúns dos continuadores teóricos da era staliniana, até que en 1961, o XXII Congreso do PCUS condenou oficialmente Stalin.[4]

Política

[editar | editar a fonte]

Khrushchev orientou a súa política nun sentido liberalizador, aínda que manténdose dentro do que os seus críticos consideraban a ortodoxia comunista. Así, aínda que impulsou a reconciliación coa Iugoslavia de Tito, tamén interveu militarmente para esmagar a revolta anticomunista de Hungría (1956)[5] e rompeu as relacións coa República Popular da China durante o mandato de Mao Tse Tung (1961).[6] Por outra banda, acuñou a doutrina coñecida co nome de Coexistencia pacífica co bloque capitalista, pero, na práctica, as relacións empeoraron a raíz da localización dun avión espía americano sobrevoando o territorio soviético, que os Estados Unidos se negaron a explicar. Aquilo desembocou na construción do Muro de Berlín en 1961, ao cal chamou o Muro de Protección Antifascista e no intento de instalar mísiles en Cuba (Crise dos mísiles de Cuba, 1961) como resposta á presenza de mísiles nucleares estadounidenses en Turquía, o cal enfrontou coa administración de John Fitzgerald Kennedy.[7] Durante o seu mandato, a URSS obtivo un grande suceso na carreira espacial, co lanzamento en 1957 do primeiro satélite e, en 1961, co primeiro voo espacial tripulado. O mesmo suceso aconteceu na carreira armamentista.

No ámbito económico, Khrushchev lanzou planos orientados a liberalizar a economía soviética co fin de alcanzar aos Estados Unidos, descentralizando a planificación e aumentando a autonomía das rexións e das empresas, impulsando a colonización de terras virxes en Siberia, fomentando a investigación científica e prestando maior atención á industria lixeira e á agricultura. Iso permitiulle dar prioridade ao abastecemento dos bens de consumo, iniciando unha nova política económica baseada no economismo. Porén, serían os malos resultados económicos derivados da queda da produción agrícola e da importación maciza de cereais, unidos ao illamento exterior, permitiron a conspiración que o apartou do poder. As reformas impulsadas para adelgazar a burocracia e a administración fixérono ser contestado no interior do partido, e, finalmente, ser dimitido en 1964 acusado do mesmo que el acusara a Stalin: culto á personalidade e erros políticos. Sucedeuno á fronte do Partido un dos seus colaboradores máis estreitos, Leonid Brezhnev. En 1966 foi expulsado do Comité Central do PCUS. Morreu en Moscova o 11 de setembro de 1971.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
  1. "MIA - Nikita Sergeyovich Khrushchev"". www.marxists.org. Consultado o 2026-02-12.
  2. "Nikita Khrushchev (1894-1971) | Eleanor Roosevelt Papers Project | The George Washington University". Eleanor Roosevelt Papers Project (en inglés). Consultado o 2026-02-12.
  3. Times, Special to The New York (1958-02-01). "New Soviet Stalingrad Story Praises Khrushchev Role and Discounts Stalin". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2026-02-12.
  4. Communist Party of the Soviet Union (CPSU); Хрущев, Никита Сергеевич (1961). Documents of the 22nd Congress of the CPSU. Vol. 1.
  5. "Hungarian Revolution | Uprising, Soviet Union, Imre Nagy | Britannica". Encyclopedia Britannica (en inglés). Consultado o 2026-02-12.
  6. Wills, Matthew (2024-01-17). "A Messy Divorce: The Sino-Soviet Split". JSTOR Daily (en inglés). Consultado o 2026-02-12.
  7. "The Jupiter Missiles and the Endgame of the Cuban Missile Crisis: A Matter of “Great Secrecy”". Wilson Center (en inglés). Consultado o 2026-02-12.