Theodore William Richards

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Theodore William Richards
Nobel prize medal.svg
Theodore william richards.jpg
Theodore William Richards
Datos persoais
Nacemento31 de xaneiro de 1868
LugarGermantown, Pensilvania Estados Unidos de América Estados Unidos
Falecemento2 de abril de 1928 (60 anos)
LugarCambridge, Massachusetts Estados Unidos de América Estados Unidos
SoterradoMount Auburn Cemetery
ResidenciaEstados Unidos de América Estados Unidos
Nacionalidadeestadounidense
Cónxuxe
  • Miriam Stuart Thayer (1896)
  • Actividade
    Campo
  • Química física
  • Alma máter
  • Colexio Haverford
  • Universidade Harvard
  • Director de tese
  • Josiah Parsons Cooke
  • Contribucións e premios
    Coñecido por
  • Peso atómico
  • Termoquímica
  • Electroquímica
  • Premios
  • Premio Nobel de Química (1914)
  • Medalla Davy (1010)
  • editar datos en Wikidata ]

    Theodore William Richards, nado en Germantown, Pensilvania, (USA) o 31 de xaneiro de 1868 e finado en Cambridge, Massachusetts, (USA) o 2 de abril de 1928, foi un químico e profesor universitario estadounidense galardoado co Premio Nobel de Química de 1914.

    Traxectoria[editar | editar a fonte]

    Os seus pais foron William T. Richards, pintor de paisaxes e mariñas, e Anna Matlack, poetisa. Foi educado primeiramente pola súa nai e viaxou a Inglaterra e Francia. En 1883 entrou no Colexio Haverford, en Pennsylvania, graduándose en ciencias en 1885 e accedendo á Universidade Harvard. Tras obter o doutoramento en 1888, pasou un ano en Alemaña, onde estudou con Victor Meyer, tomando clases nas universidades de Leipzig e Gotinga, e na Escola Técnica de Dresde.

    De volta a Harvard, en 1891 foi nomeado profesor asistente de química, instrutor e, finalmente, profesor en 1901. En 1912 adxudicóuselle a cátedra Erving de química e a dirección do Laboratorio Wolcott Gibbs.

    Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

    En 1914 foi galardoado co Premio Nobel de Química polos seus traballos para a determinación dos pesos atómicos de máis de vinte e cinco elementos con catro cifras decimales. En 1914 descubriu un isótopo do chumbo, acreditándose, desta forma, como un dos pioneiros da isotopía.

    Formou parte da Comisión Internacional de Pesos Atómicos. Realizou tamén notables traballos nos campos da termoquímica, a electroquímica, a termometría e a calorimetría, así como sobre a dilatación e compresión dos gases. O profesor Richards recibiu diversas honras e doutoramentos honoris causa ao redor de todo o mundo.

    Moitos dos seus traballos foron publicados nos Proceedings da Academia Americana de Artes e Ciencias, que presidiu entre 1919 e 1921.

    Véxase tamén[editar | editar a fonte]

    Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

    Predecesor:
    Alfred Werner
    Premio Nobel de Química
    Nobel prize medal.svg

    1914
    Sucesor:
    Richard Martin Willstätter