Friedrich Bergius

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Friedrich Karl Rudolf Bergius
Friedrich Bergius
Datos persoais
Nome completoFriedrich Karl Rudolf Bergius
Nacemento11 de outubro de 1884
LugarBreslau (actual Wrocław) Alemaña Alemaña
Falecemento31 de marzo de 1949 (64 anos)
LugarBuenos Aires Arxentina
SoterradoCementerio Alemán
ResidenciaAlemaña Alemaña
Nacionalidadealemán
Actividade
Campo
  • Química
  • Alma máter
  • Universidade de Breslau
  • Universidade de Leipzig
  • Director de tese
  • Richard Abegg
  • Arthur Rudolf Hantzsch
  • Contribucións e premios
    Coñecido por
  • Licuefacción directa do carbón
  • Premios
  • Premio Nobel de Química (1931)
  • editar datos en Wikidata ]

    Friedrich Karl Rudolf Bergius nado o 11 de outubro de 1884 en Breslau (actual Wrocław) (Alemaña) e finado o 31 de marzo de 1949 en Buenos Aires (Arxentina), foi un químico alemán que recibiu o Premio Nobel de Química en 1931 polas súas investigacións sobre a influencia das altas presións sobre reaccións químicas.

    Biografía[editar | editar a fonte]

    Naceu en Breslau, cidade que naqueles momentos formaba parte de Alemaña, pero que hoxe en día forma parte de Polonia co nome de Wrocław.

    En 1903 iniciou os seus estudos de química na Universidade de Breslau onde se licenciou o 1905, e o 1907 se doutoró na Universidade de Leipzig.

    Por mor da derrota alemá na segunda guerra mundial estableceuse en Madrid e logo en Buenos Aires.

    Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

    Contribuíu de xeito moi importante ao desenvolvemento no seu país da industria química de síntese. Creou un procedemento para producir carburantes por hidroxenación do carbón a elevadas temperaturas e presións. Máis tarde desenvolveu, tamén con éxito, un método de obtención de alimentos hidrocarbonados baseado no tratamento da serradura con ácido clorhídrico; o produto foi moi utilizado como forraxe nas granxas alemás en épocas de escaseza e para alimentar a prisioneiros humanos nos campos de concentración nazis.

    O seu labor investigador sobre a influencia das altas presións nas reaccións químicas foi recoñecida en 1931 coa concesión do premio Nobel de Química, que compartiu con Carl Bosch

    Véxase tamén[editar | editar a fonte]

    Outros artigos[editar | editar a fonte]

    Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

    Predecesor:
    Hans Fischer
    Premio Nobel de Química

    1931
    con
    Carl Bosch
    Sucesor:
    Irving Langmuir