Archer John Porter Martin
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1 de marzo de 1910 Londres |
| Morte | 28 de xullo de 2002 Llangarron |
| Educación | Peterhouse Bedford School (en) |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Bioquímica |
| Ocupación | bioquímico, químico, profesor universitario |
| Empregador | TU/e. Q61662509 Universidade de Cambridge |
| Membro de | |
| Familia | |
| Cónxuxe | Judith Bagenal (1941–) |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Мартин Арчер Джон Портер) Enciclopedia soviética armenia, volume 7, (p.344) |
Archer John Porter Martin, nado o 1 de marzo de 1910 en Londres (Inglaterra) e finado o 28 de xullo de 2002 en Londres, foi un químico inglés galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1952.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou química na Universidade de Cambridge, dedicouse desde 1946 á investigación en empresas privadas e en 1948 foi nomeado director da sección de química e física do Instituto Nacional de Investigacións Médicas de Londres.
Investigacións científicas
[editar | editar a fonte]Especializado en bioquímica, e especialmente na vitamina E e vitamina B2. Posteriormente decantouse pola cromatografía, creando as técnicas que permitiron a evolución desta técnica de laboratorio. Martin desenvolveu a cromatografía da partición, mentres traballaba na separación de aminoácidos, así como a cromatografía gasosa líquida.
En 1952 recibiu o Premio Nobel de Química, compartido con Richard Laurence Millington Synge, pola invención da cromatografía da partición.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1952 (en inglés)
- Biografía na páxina do Instituto Nobel (en inglés)
| Predecesor: Edwin Mattison McMillan e Glenn Theodore Seaborg |
Premio Nobel de Química 1952 compartido con Richard Laurence Millington Synge |
Sucesor: Hermann Staudinger |