William Standish Knowles
William Standish Knowles | |
---|---|
![]() William Standish Knowles é o cuarto empezando pola esquerda nunha recepción do presidente George W. Bush | |
Datos persoais | |
Nacemento | 1 de xuño de 1917 |
Lugar | Taunton, Massachusetts ![]() |
Falecemento | 13 de xuño de 2012 (95 anos) |
Lugar | Chesterfield, Missouri ![]() |
Causa | Esclerose lateral amiotrófica |
Residencia | ![]() |
Nacionalidade | estadounidense |
Cónxuxe | |
Actividade | |
Campo | |
Alma máter | |
Director de tese | Robert Elderfield |
Contribucións e premios | |
Coñecido por | |
Premios | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
William Standish Knowles, nado o 1 de xuño de 1917 en Taunton, Massachusetts (EUA) e finado o 13 de xuño de 2012 en Chesterfield, Missouri (EUA),[1] foi un químico estadounidense galardoado co Premio Nobel de Química do ano 2001.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Doctorouse na Universidade de Columbia en 1942. Xubilouse en 1986. En 2001 foi galardoado, xunto co xaponés Ryoji Noyori, coa metade do Premio Nobel de Química polos seus traballos conxuntos sobre a reacción de hidrogenización utilizando catalizadores quirales. A outra metade do premio recaeu no seu compatriota K. Barry Sharpless por conseguir o mesmo obxectivo aínda que por un proceso diferente, utilizando neste caso a oxidación.
Investigacións científicas[editar | editar a fonte]
William S. Knowles descubriu que era posible utilizar os chamados metais de transición para obter catalizadores quirales nun importante tipo de reacción chamada hidroxenación.
En 1968, cando traballaba para a compañía Monsanto en San Luís, Knowles achou o modo de producir a variante benigna do aminoácido Levodopa, que se usa para tratar a enfermidade de Parkinson.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Kenneth Chang (15 de xuño de 2012). "William Knowles, Nobel Winner in Chemistry, Dies at 95". The New York Times. Consultado o 1 de xuño de 2013.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 2001 (en inglés)
- Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 2001 (en inglés)
- Perfil de William Standish Knowles en NNDB (en inglés)
Predecesor: Alan J. Heeger, Alan MacDiarmid e Hideki Shirakawa |
Premio Nobel de Química![]() 2001 con Ryoji Noyori e K. Barry Sharpless |
Sucesor: John Fenn, Koichi Tanaka e Kurt Wüthrich |