Saltar ao contido

Charles Stark Draper

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCharles Stark Draper

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento2 de outubro de 1901 Editar o valor en Wikidata
Windsor Editar o valor en Wikidata
Morte25 de xullo de 1987 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Cambridge Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Stanford
Universidade de Misuri
Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts Editar o valor en Wikidata
Director de tesePhilip M. Morse Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeiro de aviación, informático, profesor universitario, inventor, físico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorInstituto de Tecnoloxía de Massachusetts Editar o valor en Wikidata
Membro de
AlumnosWalter McKay Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoWalter Wrigley (en) Traducir e Yao-Tzu Li (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
NaiMattie Martha Washington Stark Editar o valor en Wikidata
Premios

WikiTree: Draper-5880

Charles Stark Draper, nado o 2 de outubro de 1901 en Windsor, Missouri, e finado o 1 de xullo de 1987, foi un enxeñeiro estadounidense que destacou no desenvolvemento de sistemas de navegación inerciais.[1][2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Draper naceu o 2 de outubro de 1901 en Windsor, Missouri. Estudou ciencias e psicoloxía nas universidades de Missouri e Stanford, rematando cun doutoramento en física polo Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT) en 1938. Deu clases durante un ano para a continuación fundar o Laboratorio de Instrumentación do MIT en 1940, chegando a ser xefe do departamento de aeronáutica do MIT.[1][2]

O primeiro éxito do Laboratorio de Instrumentación foi o xiroscopio Mark 14 para os canóns antiaéreos da Armada. Durante os anos 1950 desenvolveu un péndulo de Foucault para corrixir automaticamente os erros dos xirocompases navais e aeronáuticos da época debido á rotación da Terra. Tamén desenvolveron pilotos automáticos en base ao péndulo e xirocompás, demostrándose a súa utilidade co primeiro voo automático transcontinental dun bombardeiro B-29 en 1953.[1][2]

Durante o programa Apollo o laboratorio de Draper gañou o contracto para desenvolver o sistema de control e navegación estelar e inercial que levarían a bordo as naves Apollo. Draper seguiría investigando no MIT ata xaneiro de 1970.[1][2]

  1. 1 2 3 4 Mark Wade (2022). "Draper, Charles Stark" (en inglés). Consultado o 24 de xaneiro de 2023.
  2. 1 2 3 4 Robert A. Duffy (1994). National Academy of Sciences, ed. "Charles Stark Draper" (PDF) (en inglés). Consultado o 24 de xaneiro de 2023.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]