Francisco, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Francisco
Pope Francis South Korea 2014.png
Papa da Igrexa Católica
Biografía
Nacemento 17 de decembro de 1936 (80 anos) en Buenos Aires, Arxentina
Nome secular Jorge Mario Bergoglio
Ordes
Ordenación sacerdotal 13 de decembro de 1969, por Ramón José Castellano
Consagración episcopal 27 de xuño de 1992, por Antonio Quarracino
Creado cardeal 21 de febreiro de 2001, por Xoán Paulo II
Orde relixiosa Compañía de Xesús (dende o 22 de abril de 1973, votos perpetuos)
Papa
Bispo de Roma
2013 -
Predecesor Bieito XVI
Cargos anteriores Arcebispo de Buenos Aires
Outros
Coat of arms of Franciscus.svg
Escudo de Francisco
Miserando atque eligendo
Ficha en catholic-hierarchy.org

Francisco, en latín Franciscus, nado co nome de Jorge Mario Bergoglio en Buenos Aires o 17 de decembro de 1936, é o 266º, e actual, papa da Igrexa Católica, bispo da diocese de Roma e soberano do Estado da Cidade do Vaticano dende o 13 de marzo de 2013.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Jorge Bergoglio naceu no seo dunha familia de orixe italiana, tanto pola parte do pai, Mario José Bergoglio, como da nai, Regina María Sivori. Ten catro irmáns.

Na Universidade de Buenos Aires licenciouse en enxeñaría química, e posteriormente ingresou no seminario en Villa Devoto[1]. En marzo de 1958 ingresou no noviciado da Compañía de Xesús, a orde dos xesuítas. En 1963, estudou humanidades en Chile, e retornou posteriormente a Buenos Aires. Entre 1964 e 1965, Bergoglio foi profesor de literatura e psicoloxía no colexio Inmaculada Concepción de Santa Fe e, en 1966, ensinou as mesmas materias no colexio do Salvador de Buenos Aires, que agora é a Universidade do Salvador[2].

De 1967 a 1970, estudou teoloxía na Universidade de Buenos Aires, onde progresou primeiro a profesor axudante e finalmente a profesor titular de teoloxía. Recibiu a ordenación sacerdotal o día 13 de decembro de 1969 de man do daquela arcebispo porteño Ramón José Castellano. Foi rapidamente promovido polos xesuítas. En 1973 foi nomeado provincial dos xesuítas para Arxentina, cargo que ocupou ata 1979. De 1980 a 1986 foi director do seminario de San Miguel. Proseguiu os seus estudos en Alemaña e regresou a Arxentina para ser confesor e guía espiritual na cidade de Córdoba. O 27 de xuño de 1992 foi designado bispo auxiliar de Buenos Aires (co título formal de bispo de Auca), consagrado polo daquela arcebispo Antonio Quarracino. Substituíu a Quarracino como arcebispo e primado da Arxentina o 28 de febreiro de 1998.

Entre outros cargos, formou parte da Comisión para América Latina, a Congregación para o Clero, o Consello Pontificio para a Familia, a Congregación para o Culto Divino e a Disciplina dos Sacramentos, o Consello Ordinario da Secretaría Xeral para o Sínodo dos Bispos e a Congregación para os Institutos de Vida Consagrada e as Sociedades de Vida Apostólica, así como da Conferencia Episcopal Arxentina, que chegou a presidir en dúas ocasións, e do Consello Episcopal Latinoamericanu (CELAM).

Foi creado cardeal no consistorio de 21 de febreiro de 2001, presidido por Xoán Paulo II, e recibiu o título de cardeal-presbítero de San Roberto Belarmino. Catro anos máis tarde, logo do falecemento de Xoán Paulo II, foi un dos candidatos a papa que supostamente obtivo un maior número de votos, nunha elección que é secreta[3], só superado polo cardeal Ratzinger.

Tivo un especial protagonismo na redacción do Documento de Aparecida que contiña a visión da Igrexa da V Conferencia Xeral do Episcopado Latinoamericano e do Caribe que tivo lugar entre os días 13 e 31 de maio de 2007. Neste documento houbo unha aproximación á Teoloxía da liberación.[4]

Pontificado[editar | editar a fonte]

Logo da renuncia de Bieito XVI, foi elixido papa o 13 de marzo en Roma, despois de tres votacións.

Foi o primeiro papa nacido en América, e o primeiro non europeo en 1200 anos, logo de Gregorio III, que nacera en Siria[5]. Ademais é o primeiro xesuíta e o primeiro en escoller o nome de Francisco, en homenaxe precisamente ao cofundador da orde dos xesuítas Francisco Xabier[Cómpre referencia], así como a San Francisco de Asís.

O 6 de abril fixo o seu primeiro nomeamento dentro da Curia Romana ao encargar ao freire franciscano galego Xosé Rodríguez Carballo o posto de secretario da Congregación para os Institutos de Vida Consagrada e as Sociedades de Vida Apostólica.

En xullo de 2013 publica a súa primeira encíclica Lumen Fidei, na que aborda o que considera a íntima relación entre Fe e Razón e Fe e amor; nela defende, así mesmo, que a fe cristiá ha de ser contraria á intransixencia e estímulo de loita pola xustiza e a paz.

A finais dese mesmo mes viaxou a Brasil con motivo da Xornada Mundial da Xuventude en Río de Janeiro. Nela defendeu unha visión humanista da economía, esixiu aos gobernantes a erradicación da pobreza e defendeu un Estado laico como marco de diálogo e encontro entre as distintas confesións e sensibilidades[6]. Seguindo unha liña de xestos de austeridade, rexeitou o tradicional papamóbil blindado e elixiu un Fiat Idea e unha escolta reducida, defendeu políticas de inclusión fronte ao que denominou "cultura do descarte" e igualdade de oportunidades para todos [7]. Así mesmo, avalou a loita dos indignados e animou aos mozos a protestar contra a corrupción [8]

Polémicas[editar | editar a fonte]

Posición ante a ditadura militar arxentina[editar | editar a fonte]

Durante parte da ditadura militar arxentina, Bergoglio ocupou o posto de provincial dos xesuítas, pero non sería ata dez anos despois da caída da ditadura cando foi nomeado bispo auxiliar. Porén, algunhas pescudas xornalísticas acúsano de non opoñerse á ditadura. Por exemplo, foi acusado polo xornalista Horacio Verbitsky de non tramitar con dilixencia o traslado de dous sacerdotes xesuítas, Francisco Jalics e Orlando Yorio, que posteriormente foron torturados. En relación a este caso, Jorge Bergoglio declarou como testemuña no xuízo por crimes de lesa humanidade cometidos na Escuela Superior de Mecánica de la Armada, o maior centro clandestino de detencións e torturas durante o réxime militar. Bergoglio contou na súa obra El jesuita que se reunira en dúas ocasións cos militares Jorge Videla e Emilio Massera para interceder polos sacerdotes presos.[9][10][11] Tamén foi chamado a declarar como testemuña, a petición da Fiscalía e da asociación das Nais de Praza de Maio, en relación coa apropiación por parte dos militares dos bebés nados en cativerio durante a ditadura. O Premio Nobel da Paz Adolfo Pérez Esquivel sinalou que o daquela sacerdote Bergoglio non tivera relación coa ditadura[12].

Matrimonio homosexual[editar | editar a fonte]

En sintonía co posicionamento da Igrexa Católica, o bispo Bergoglio posicionárase contra o aborto, a eutanasia e o matrimonio homosexual. O bispo Bergoglio cualificou o proxecto lexislativo de legalización da unión entre persoas do mesmo sexo como a pretensión destrutiva do plan de Deus, chamando a unha guerra de Deus contra o proxecto, tamén cualificado coma movida do Diaño.[13].

Nunha entrevista no voo de regreso da súa primeira viaxe como Papa, declarou que el non era ninguén para xulgar aos homosexuais[14]

Xestos[editar | editar a fonte]

  • Despertou receos entre a dereita eclesial o feito de que lavara aos pés a unha rapaza musulmá en prisión o xoves santo de 2013[15], así como que renunciara a vivir nos aposentos papais e opta por quedarse na residencia de Santa Marta convivindo con outro persoal do Vaticano.[16][17]
  • A esquerda eclesial acolleu ben que reclamase unha "Igrexa pobre e para os pobres" no seu primeiro encontro cos xornalistas que cubriron o conclave (o 16 de marzo)[18]
  • O seu primeiro encontro con sacerdotes e bispos, o 27 de marzo, esixiu que foran pastores con cheiro a ovella[19] convivindo "nas periferias onde hai sufrimento, sangue derramado, cegueira que desexa ver, onde hai explotados de tantos malos patróns".
  • O 12 de abril creou unha consello de oito cardeais como órgano asesor sen que ningún deles pertenza á máis conservadora da Igrexa. Entre as súas funcións está revisar o papel da curia vaticana
  • En xuño creou unha comisión de investigación sobre o Banco Vaticano (o Instituto das Obras da Relixión)[20] e declarou que "San Pedro non tiña unha conta no banco".
  • Acudiu a Lampedusa en solidariedade cos inmigrantes en estado de abandono. Alí denunciou o que chamou a globalización da indiferenza[21]
  • Exerceu como mediador entre os Estados Unidos e Cuba, iniciando unha época nova despois de medio século de embargo. Tamén se preocupa polos conflitos en Venezuela, Oriente Próximo e a loita contra o xihadismo.[22]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Ademais do seu castelán materno, fala italiano e alemán con fluidez[23].

De neno extirpáronlle un pulmón a causa dunha enfermidade infecciosa[24].

Ascendentes [25][editar | editar a fonte]

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. José Bergoglio
 
 
 
 
 
 
 
8. Francisco Bergoglio
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. María Giacchino
 
 
 
 
 
 
 
4. Juan Ángel Bergoglio
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18.
 
 
 
 
 
 
 
9. María Teresa Bugnano
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
19.
 
 
 
 
 
 
 
2. Mario José Bergoglio
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
20. César Vasallo
 
 
 
 
 
 
 
10. Pedro Vasallo
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
21. María Sugliano
 
 
 
 
 
 
 
5. Rosa Margarita Vasallo
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
22. José Crema
 
 
 
 
 
 
 
11. Ángela Crema
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
23. Ángela María Marchisio
 
 
 
 
 
 
 
1. Jorge Mario Bergoglio
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
24. Antonio Sívori
 
 
 
 
 
 
 
12. Vicente Jerónimo Sívori
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
25. Catalina Daneri
 
 
 
 
 
 
 
6. Francisco Sívori
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
26. José Sturla
 
 
 
 
 
 
 
13. Catalina Sturla
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
27. Magdalena Pinasco
 
 
 
 
 
 
 
3. Regina María Sívori
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
28. Jaime Gogna
 
 
 
 
 
 
 
14. Pedro Juan Gogna
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
29.
 
 
 
 
 
 
 
7. María Gogna
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
30. Juan Demergazzo
 
 
 
 
 
 
 
15. Regina Demergazzo
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
31. María
 
 
 
 
 
 


Dignidades da Igrexa Católica
Predecesor:
Antonio Quarracino
 Arcebispo de Buenos Aires 
28 de febreiro de 1998 - 13 de marzo de 2013
Sucesor:
Mario Poli
Predecesor:
Antonio Quarracino
 Ordinario para os fieis de rito oriental na Arxentina 
28 de febreiro de 1998 - 13 de marzo de 2013
Sucesor:
Mario Poli
Predecesor:
Bieito XVI
 Papa
Bispo de Roma
 
13 de marzo de 2013 - actualidade
Sucesor:
(No cargo)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rocca, Francis X (March 13, 2013). "Cardinal Jorge Bergoglio: a profile". Catholic Herald. Consultado o March 13, 2013. 
  2. "Pope Francis I: Cardinal Jorge Mario Bergoglio named new Pope". Baltimore News Journal. 13 March 2013. Consultado o 13 March 2013. 
  3. "¿Cuántos votos obtuvo Ratzinger en la primera votación?", El Diario, 13/3/13.
  4. [1]
  5. "Sorry, Jorge Mario Bergoglio is not the first non-European pope", artigo de Max Fisher para The Washington Post, 13/3/2013.
  6. El papa Francisco defiende la “laicidad del Estado”Bergoglio recuerda ante la clase dirigente de Brasil que su objetivo es “erradicar la pobreza” [2]El País, 27/7/2013
  7. El Papa lanza la cruzada por la igualdad [3]El País, 23/7/2013
  8. El Papa avala la lucha de los indignados.El Pontífice anima a los jóvenes a protestar contra la corrupción [4] El País,25/7/2013
  9. [5], Zoom News, 15/3/13.
  10. Bergoglio, un Papa a la sombra de la dictadura argentina, Público, 14/3/2013
  11. El nuevo Papa acusado de haber estado implicado en la detención de dos sacerdotes por la dictadura militar en Argentina, Red Voltaire, 14/3/2013.
  12. 'Perez Esquivel: "Bergoglio no tenía vínculo con la dictadura"', Clarín, 14/3/2013.
  13. Bergoglio dice que la boda gay "es la pretensión destructiva del plan de Dios", La Nación, 8/7/2010.
  14. “¿Quién soy yo para juzgar a los gais?”[6]El País, 29/7/2013
  15. Los ultraconservadores acusan al Papa de "confusión litúrgica" por lavar los pies a dos mujeres [7] Periodista Digital
  16. "Ganar la calle", editorial en El País, 7 de xullo de 2013 (en castelán).
  17. "¿Es el papa Francisco una paradoja?", artigo de Hans Küng en El País, 10 de maio de 2013 (en castelán).
  18. El papa Francisco: “Cómo me gustaría una Iglesia pobre para los pobres”[8].El País 16/3/2013
  19. El Papa Francisco pide a los sacerdotes que sean 'pastores con olor a oveja'[9] El Mundo 28/3/2013
  20. El Papa nombra una comisión de investigación sobre el banco vaticano [10] El País, 26/6/2013
  21. El Papa clama en Lampedusa contra “la globalización de la indiferencia”[11], El País, 11/7/2013
  22. El País (ed.). "Estados Unidos y Cuba: Francisco el gran mediador". Consultado o 17/12/2014. 
  23. "Pope Francis: 13 key facts about the new pontiff". The Guardian. March 13, 2013. Consultado o 13 March 2013. 
  24. "New Pope, Francis, Known As Humble Man With A Focus On Social Outreach". CBS Local Media. March 13, 2013. 
  25. Ascendientes del Papa Francisco