Paul J. Crutzen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Paul Jozef Crutzen
Nobel prize medal.svg
Paul Crutzen.jpg
Paul Jozef Crutzen
Datos persoais
Nacemento 3 de decembro de 1933 (83 anos)
Lugar Ámsterdan Países Baixos Países Baixos
Residencia Países Baixos Países Baixos
Nacionalidade holandés
Cónxuxe
  • Terttu Soininen
Actividade
Campo
Alma máter
Contribucións e premios
Coñecido por
Premios


Paul Jozef Crutzen, nado o 3 de decembro de 1933 en Ámsterdan (Países Baixos) é un químico holandés, gañador do premio Nobel de Química en 1995 polas súas investigacións sobre a incidencia do ozono na atmosfera.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Amsterdam en 1933 e en 1973, estudou enxeñería, en 1958 establécese en Suecia coa súa familia, traballa na Universidade de Estocolmo ata 1974 e onde obtén o título de doutor en Meteoroloxía. traballou na Universidade de Oxford, Inglaterra e no "National Center for Atmospheric Research" (NCAR), Boulder, Colorado, en Estados Unidos. Desde 1980 é membro da Sociedade Max-Planck para o avance da ciencia e Director da División de química atmosférica do Instituto Max-Planck, en Maguncia (Alemaña) e desde 1983 director executivo desta mesma institución.

Traballo científico[editar | editar a fonte]

Activista no campo das ciencias ambientais contribuíu, xunto a Mario J. Molina e Frank Sherwood Rowland,á comprensión da formación do buraco da capa de ozono. Os seus estudos sobre as sustancias contaminantes permitiron a comprensión do posible cambio climático que padece a Terra, relacionada coa emisión dos Clorofluorocarbonos (CFC) e outros gases organohalóxenos cun desprazamento do equilibrio químico na formación e destrución do ozono estratosférico.

En 1995 foi galardoado xunto a Molina e Rowland, co Premio Nobel de Química polos seus traballos sobre a química da atmosfera, especialmente sobre a formación e descomposición do ozono.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
George Andrew Olah
Premio Nobel de Química
Nobel prize medal.svg

1995
con
Mario J. Molina
e Frank Sherwood Rowland
Sucesor:
Robert Curl,
Harold Walter Kroto
e
Richard Errett Smalley