Eduard Buchner
Eduard Buchner | |
---|---|
![]() Eduard Buchner | |
Datos persoais | |
Nacemento | 20 de maio de 1860 |
Lugar | Múnic ![]() |
Falecemento | 12 de agosto de 1917 (57 anos) |
Lugar | Focsani ![]() |
Soterrado | Focsani German Soldiers Cemetery |
Residencia | Alemaña |
Nacionalidade | alemá |
Cónxuxe | Lotte Stahl |
Actividade | |
Campo | Bioquímica |
Alma máter | Universidade de Múnic |
Director de tese | Otto Fischer Adolf von Baeyer |
Contribucións e premios | |
Coñecido por | Reacción de Mannich |
Premios | Premio Nobel de Química (1911) |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Eduard Buchner, nado o 20 de maio de 1860 en Múnic e finado o 12 de agosto de 1917 en Focsani (Romanía), foi un químico alemán, galardoado co premio Nobel de Química en 1907.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo dun médico e profesor de medicamento forense, comezou os seus estudos de química en 1884 con Adolf von Baeyer e botánica con Karl Wilhelm von Nägeli no Instituto de Botánica de Múnic. Tras un período en que traballou con Otto Fischer en Erlangen, obtivo o doutoramento pola Universidade de Múnic en 1888. Desde 1893 foi sucesivamente profesor das de Kiel, Tubinga, Berlín, Breslau e Würzburg.
Casou con Lotte Stahl en 1900.
Durante a I Guerra Mundial serviu nun hospital de campaña en primeira liña. Foi ferido o 3 de agosto de 1917 e morreu a consecuencia de ditas feridas nove días despois.
En 1897, Eduard descubriu que os extractos de lévedo podían fermentar o azucre ata alcohol e probou que os enzimas implicados na fermentación alcóholica continuaban a funcionar mesmo cando se eliminaban as células vivas.
Investigacións científicas[editar | editar a fonte]
En 1907 recibiu o premio Nobel de Química polo seu descubrimento da fermentación (en concreto sobre a fermentación alcohólica) en ausencia de células vivas. Con este experimento demostrou que a fermentación alcohólica débese á acción dunhas encimas chamadas cimasas e non á simple acción fisiológica das células do fermento.
Escribiu sobre os seus descubrimentos acerca da fermentación na obra Die Zymasegährung (1903), escrita en colaboración co seu irmán Hans.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1907 (en inglés)
- Biografía na páxina do Instituto Nobel 1907 (en inglés)
- Perfil de Eduard Buchner en NNDB (en inglés)
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Eduard Buchner |
Predecesor: Henri Moissan |
Premio Nobel de Química![]() 1907 |
Sucesor: Ernest Rutherford |