Billie Jean King
Billie Jean King | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Billie Jean Moffitt |
Nacemento | 22 de novembro de 1943 |
Lugar de nacemento | Long Beach |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Alma máter | California State University, Los Angeles e Long Beach Polytechnic High School |
Ocupación | Tenista, escritora |
Cónxuxe | Larry King (tennis) (en) |
Premios | Medalla Presidencial da Liberdade, Arthur Ashe Courage Award, National Women's Hall of Fame, Library of Congress Living Legend, Salón da Fama de California, International Tennis Hall of Fame, Sarah Palfrey Danzig Award, Chicago Gay and Lesbian Hall of Fame, Elizabeth Blackwell Award, Associated Press Athlete of the Year e Associated Press Athlete of the Year |
Na rede | |
http://www.billiejeanking.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Billie Jean Moffitt King, nada en Long Beach (California) o 22 de novembro de 1943 é unha ex xogadora de tenis dos Estados Unidos. Está considerada unha das xogadoras máis grandes do tenis e unha das mellores deportistas de toda a historia. Unha das súas mellores vitorias foi cando gañou a Bobby Riggs, campión masculino número 1 do mundo nos anos 1941, 1946 e 1947, quen a retou para demostrar “a superioridade do home sobre a muller”; a vitoria de King supuxo un golpe sobre a mesa na reclamación da igualdade deportiva entre homes e mulleres (cando levou a cabo este duelo, en 1973, ela tiña 30 anos e o 55).[1][2][3][4]
Precursora norteamericana campioa de tenis e activista polo cambio social, en 1973 ameazou con boicotear o Aberto de Tenis dos Estados Unidos a menos que as mulleres recibisen un premio en diñeiro igual ao dos homes. A súa demanda foi atendida e converteuse no primeiro gran torneo no seu tipo en ofrecer igualdade nas retribucións.
Obama subliñou que esta deportista contribuíu á igualdade de xénero non só no deporte, senón en todos os ámbitos da vida pública. King converteuse nunha das primeiras e máis importantes figuras femininas do deporte nos Estados Unidos. Despois da súa carreira profesional de tenis, cando cofundou e dirixiu a World Team Tennis League, King converteuse na primeira comisionada da muller nos deportes profesionais.[5]
É gañadora de 39 títulos de Grand Slam: 12 individuais, 16 en dobres feminino e 11 en dobres mixto.
Torneos de Grand Slam[editar | editar a fonte]
Títulos individuais (12)[editar | editar a fonte]
Ano | Torneo | Superficie | Rival | Resultado |
1966 | Wimbledon | Herba | ![]() |
6–3, 3–6, 6–1 |
1967 | Wimbledon | Herba | ![]() |
6–3, 6–4 |
1967 | US Open | Herba | ![]() |
11–9, 6–4 |
1968 | Australian Open | Herba | ![]() |
6–1, 6–2 |
1968 | Wimbledon | Herba | ![]() |
9–7, 7–5 |
1971 | US Open | Herba | ![]() |
6–4, 7–6 |
1972 | Roland Garros | Terra | ![]() |
6–3, 6–3 |
1972 | Wimbledon | Herba | ![]() |
6–3, 6–3 |
1972 | US Open | Herba | ![]() |
6–3, 7–5 |
1973 | Wimbledon | Herba | ![]() |
6–0, 7–5 |
1974 | US Open | Herba | ![]() |
3–6, 6–3, 7–5 |
1975 | Wimbledon | Herba | ![]() |
6–0, 6–1 |
Finalista (6)[editar | editar a fonte]
Ano | Torneo | Superficie | Rival | Resultado |
1963 | Wimbledon | Herba | ![]() |
6–3, 6–4 |
1965 | US Open | Herba | ![]() |
8–6, 7–5 |
1968 | US Open | Herba | ![]() |
6–4, 6–2 |
1969 | Australian Open | Herba | ![]() |
6–4, 6–1 |
1969 | Wimbledon | Herba | ![]() |
3–6, 6–3, 6–2 |
1970 | Wimbledon | Herba | ![]() |
14–12, 11–9 |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Official Wimbledon profile of Billie Jean King".
- ↑ "King, Billie Jean (1943—) - Women in World History: A Biographical Encyclopedia". Encyclopedia.com.
- ↑ "Willis Jefferson "Bill" Moffitt (1918 - 2006) - Find A Grave Memorial". Findagrave.com.
- ↑ "Billie Jean Won for All Women".
- ↑ Naciones Unidas (ed.). "La huella de las mujeres en la historia". Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2017. Consultado o 13 de decembro de 2017.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Billie Jean King ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Fein, Paul (2005). You Can Quote Me On That: Greatest Tennis Quips, Insights And Zingers. Washington: Potomac Books. ISBN 1-57488-925-7.
- Jones, Ann, A Game of Love, 1971
- King, Billie Jean (2008). Pressure is a Privilege: Lessons I've Learned from Life and the Battle of the Sexes. Nova York: LifeTime Media Inc. ISBN 0981636802.
- Overman, Steven J. e K. B. Sagert, Icons of Women's Sport. Greenwood Press, 2012, Vol. 1.
- Roberts, Selena (2005). A Necessary Spectacle : Billie Jean King, Bobby Riggs, and the Tennis Match That Leveled the Game. New York: Crown. ISBN 1-4000-5146-0.
- Ware, Susan. Game, Set, Match: Billie Jean King and the Revolution in Women's Sports (University of North Carolina Press; 2011).