Artturi Ilmari Virtanen
Artturi Ilmari Virtanen | |
---|---|
![]() Artturi Ilmari Virtanen | |
Datos persoais | |
Nome completo | Artturi Ilmari Virtanen |
Nacemento | 15 de xaneiro de 1895 |
Lugar | Helsinqui ![]() |
Falecemento | 11 de novembro de 1973 |
Lugar | Helsinqui ![]() |
Soterrado | cemiterio de Hietaniemi |
Residencia | ![]() |
Nacionalidade | Finlandés |
Cónxuxe | Lilja Moisio (1920) |
Fillos | Kaarlo Virtanen |
Actividade | |
Campo | Química |
Alma máter | Universidade de Helsinqui |
Contribucións e premios | |
Coñecido por | Método da preservación da forraxe (forraxe de AIV) |
Premios | Premio Nobel de Química (1945) |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Artturi Ilmari Virtanen, nado o 15 de xaneiro de 1895 en Helsinqui (Imperio Ruso) e finado o 11 de novembro de 1973 en Helsinqui (Finlandia), foi un químico e profesor universitario finlandés, gañador do Premio Nobel de Química en 1945.
Biografía[editar | editar a fonte]
Virtanen naceu en Helsinqui, naqueles momentos parte do Imperio ruso, e actualmente capital de Finlandia. Estudou no liceo clásico en Viipuri, tras o cal se dedicou ao estudo da química, a bioloxía e a física. En 1939 obtivo o cargo de profesor de bioquímica no Instituto Tecnolóxico de Finlandia en Helsinqui, dependente da Universidade de Helsinqui.
Investigacións científicas[editar | editar a fonte]
As súas investigacións tratan sobre os alimentos parcialmente sintéticos para o gando, as bacterias fixadoras de nitróxeno nos nódulos da raíz e tamén sobre métodos mellorados de preservación da manteiga.
En 1945 Virtanen recibiu o premio Nobel de química, pola súa investigación en química aplicada agrícola e en nutrición, especialmente polo seu método da preservación da forraxe (forraxe de AIV). O método (que publicara en 1943) mellorou a almacenaxe da forraxe verde, que é importante durante os invernos longos. O proceso inclúe a adición do Ácido clorhídrico ou sulfúrico diluído no gran para almacenalo novamente. O incremento de acidez detén a fermentación e non ten ningún efecto nocivo no valor nutritivo da forraxe ou nos animais que a inxiren.
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
O asteroide (1449) Virtanen, descuberto polo renomeado astrónomo e físico finlandés Yrjö Väisälä, foi nomeado na súa honra. O cráter lunar Virtanen recibio o nome no seu honor.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1945 (en inglés)
- Biografía na páxina do Instituto Nobel (en inglés)
- Perfil de Artturi Ilmari Virtanen en NNDB (en inglés)
Predecesor: Otto Hahn |
Premio Nobel de Química![]() 1945 |
Sucesor: James Batcheller Sumner, John Howard Northrop e Wendell Meredith Stanley |