Paul J. Flory

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Paul John Flory
Paul John Flory
Datos persoais
Nacemento19 de xuño de 1910
LugarSterling, Illinois Estados Unidos de América Estados Unidos
Falecemento9 de setembro de 1985 (75 anos)
LugarBig Sur, California Estados Unidos de América Estados Unidos
Causainfarto agudo de miocardio
ResidenciaEstados Unidos de América Estados Unidos
Nacionalidadeestadounidense
Cónxuxe
  • Emily Catherine Tabor
  • Actividade
    Campo
  • Fisicoquímica
  • Alma máter
  • Manchester College (Indiana)
  • Universidade do Estado de Ohio
  • Director de teseHerrick Lee Johnston
    Contribucións e premios
    Coñecido por
  • Polímero
  • Premios
  • Premio Nobel de Química (1974)
  • Medalla Priestley (1974)
  • Medalla Perkin (1977)
  • Medalla Elliott Cresson (1971)
  • editar datos en Wikidata ]

    Paul John Flory, nado o 19 de xuño de 1910 en Sterling, Illinois (EUA) e finado o 9 de setembro de 1985 en Big Sur, California, foi un químico e profesor universitario galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1974.

    Biografía[editar | editar a fonte]

    Tras graduarse en química na Elgin High School en 1927, conseguiu o doutoramento na Universidade do Estado de Ohio en 1934. En 1961 foi nomeado profesor de química na Universidade Stanford.

    Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

    Iniciou a súa investigación na compañía farmacéutica DuPont xunto a Wallace Carothers[1], o inventor do nailon, co cal traballou acerca da creación dos polímeros. Flory foi o primeiro en esclarecer e explicar a conexión entre as lonxitudes das moléculas formadas en cadea e as condicións de reacción que estas determinan. Para iso operou cunha técnica que denominou temperatura zeta e punto zeta (rebautizada actualmente na súa honra temperatura Flory) pola cal a molécula asume un tipo de estado óptimo de compactación e insolubridade que varía segundo os tipos de polímeros e os diferentes axentes disolventes. As súas investigacións orientáronse en descubrir como se forman as moléculas que despois se enlazan en longas cadeas, procesos de grande importancia na fabricación de plásticos.

    En 1974 foille concedido o Premio Nobel de Química polos seus estudos, teóricos e prácticos, na fisicoquímica das macromoléculas.

    Notas[editar | editar a fonte]

    1. * Morris, Peter J. T. Polymer Pioneers: A Popular History of the Science and Technology of Large Molecules Center for History of Chemistry, Philadelphia (1986) p. 70-73

    Véxase tamén[editar | editar a fonte]

    Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

    Predecesor:
    Ernst Otto Fischer,
    e Geoffrey Wilkinson
    Premio Nobel de Química

    1974
    Sucesor:
    John Warcup Cornforth
    e Vladimir Prelog