John Charles Polanyi
(2019) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de xaneiro de 1929 (95 anos) Berlín, Alemaña |
Residencia | Toronto (1956–) Berlín (1929–1933) |
Educación | Universidade de Toronto (–1954) Universidade de Manchester - química (–1952) The Manchester Grammar School (en) (–1946) University of Toronto Schools (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Química |
Lugar de traballo | Toronto |
Ocupación | químico, físico, profesor universitario |
Empregador | Universidade de Toronto |
Membro de | Academia Naciona de Ciencias dos Estados Unidos (asociado estranxeiro da Academia Nacional de Ciencias) (1978–) Royal Society (1971–) Academia de Ciencias de Rusia Sociedade Real do Canadá Sociedade Real de Edimburgo Academia das Artes e das Ciencias dos Estados Unidos Academia Pontificia das Ciencias Academia de Ciencias de Hungría Indian National Science Academy |
Obra | |
Doutorando | Andrew James Hudson (en) e Han Bin Oh (en) |
Familia | |
Cónxuxe | Brenda Bury |
Pai | Michael Polanyi |
Premios | |
|
John Charles Polanyi (en húngaro: Polányi János), nado en Berlín o 23 de xaneiro de 1929, é un químico canadense de orixe húngara, galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1986.
Traxectoría
[editar | editar a fonte]Naceu en Berlín, fillo do químico húngaro Michael Polanyi e Magda Elizabeth, e sobriño do famoso economista Karl Polanyi. En 1933 a súa familia trasladouse a Inglaterra, onde estudou química na Universidade de Cambridge onde se doutorou en 1952. Aquel mesmo ano emigrou ao Canadá, onde traballou no National Research Council of Canada de Otava, e posteriormente nas universidades de Princeton e Toronto, de onde é profesor de química desde 1956.
Investigacións científicas
[editar | editar a fonte]Tras realizar investigacións en quimioluminiscencia infravermella, radiación que emiten as moléculas cando as súas rotacións e vibracións internas retárdanse pasando de estados vibracionais de moi alta frecuencia a outros estados vibracionais de baixa frecuencia. A análise destas radiacións fornece información detallada da distribución de enerxía nos elementos químicos, e a relación desta distribución cos detalles das secuencias de fenómenos que ocorren durante as reaccións.
En 1986 foi galardoado, xunto cos químicos estadounidenses Dudley R. Herschbach e Yuan T. Lee, co Premio Nobel de Química polo desenvolvemento da dinámica de procesos químicos elementais.
Premios e distincións
[editar | editar a fonte]En 1989 recibiu un doutoramento honoris causa polo Instituto Weizmann de Ciencias.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "John C. Polanyi". Jewissh Virtual Library (en inglés).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1986 (en inglés)
- Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 1986 (en inglés)
- John Charles Polanyi en Biografías y vidas(en castelán)
- Perfil de John Charles Polanyi en NNDB (en inglés)
Predecesor: Herbert A. Hauptman e Jerome Karle |
Premio Nobel de Química 1986 con Dudley R. Herschbach e Yuan T. Lee |
Sucesor: Donald James Cram, Jean-Marie Lehn e Charles J. Pedersen |