Paul D. Boyer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Paul D. Boyer
Nobel prize medal.svg
Paul D. Boyer.jpg
Non dispoñemos de imaxe
Datos persoais
Paul Delos Boyer
Nacemento 31 de xullo de 1918 (100 anos)
Lugar Provo Estados Unidos de América Estados Unidos
Falecemento 2 de xuño de 2018
Lugar Os Ánxeles
Causa Insuficiencia respiratoria
Residencia Estados Unidos de América Estados Unidos
Nacionalidade estadounidense
Cónxuxe
  • Lyda Whicker
  • Actividade
    Campo
  • Química
  • Alma máter
  • Universidade Brigham Young
  • Universidade de Wisconsin-Madison
  • Contribucións e premios
    Coñecido por
  • Adenosín trifosfato
  • Premios
  • Premio Nobel de Química (1997)
  • editar datos en Wikidata ]

    Paul Delos Boyer, nado o 31 de xullo de 1918 en Provo, Utah (Estados Unidos), é un químico estadounidense galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1997.

    Traxectoria[editar | editar a fonte]

    Estudou química na Universidade Brigham Young, pertencente á Igrexa mormoa, onde se graudó en 1939. En 1943 realizou o doutoramento en bioquímica na Universidade de Wisconsin-Madison.

    En 1956 foi nomeado profesor de química na Universidade de Minnesota, e desde 1963 é profesor no Departamento de Química e Bioquímica da Universidade de Os Ánxeles.

    Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

    Logo do seu doutoramento realizou investigacións nos laboratorios das Universidades Stanford e Minnesota sobre a estabilización do sérum para as transfusións, e posteriormente sobre a cinética dos mecanismos químicos das enzimas.

    Desde a súa posición na Universidade de Os Ánxeles, e á beira de John E. Walker, desenvolveu métodos para estudar a síntese química das enzimas que catalizan a adenosina trifosfato, o principal elemento de achega de enerxía aos organismos. Ademais conseguiron unir as dúas moléculas formantes do fosfato: a adenosina trifosfato ou ATP e a adenosín difosfato ou ADP.

    En 1997 foi galardoado, xunto co seu colaborador John E. Walker, coa metade do Premio Nobel de Química polo descubrimento da síntese da molécula da adenosina trifosfato. A outra metade do premio recaeu no químico danés Jens Christian Skou polo descubrimento da enzima transportadora de ións de sodio e potasio, a bomba de sodio-potasio.

    Véxase tamén[editar | editar a fonte]

    Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

    Predecesor:
    Harold Walter Kroto,
    Robert Curl
    e Richard Errett Smalley
    Premio Nobel de Química
    Nobel prize medal.svg

    1997
    con
    John E. Walker
    e
    Jens Christian Skou
    Sucesor:
    Walter Kohn
    e
    John Pople