Movemento Me Too

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O movemento Me Too, cunha gran variedade de nomes relacionados locais e internacionais, é un movemento contra o acoso e as agresións sexuais.[1][2][3] O movemento comezou a estenderse viralmente en outubro de 2017 como un cancelo nas redes sociais nun intento de demostrar a ampla prevalencia do acoso sexual, especialmente nos lugares de traballo.[4][5][6] Foi seguido polas acusacións de abuso sexual contra Harvey Weinstein.[7][8] Suxerida por un amigo,[9][10] a frase foi logo popularizada pola actriz Alyssa Milano en Twitter en 2017. Milano animou as víticas de abuso sexual a chiar sobre iso e "dar á xente a sensación da magnitude do problema".[11][12] Seguírono numerosas declaracións e respostas de celebridades estadounidenses de perfil alto como Gwyneth Paltrow,[13] Ashley Judd,[14] Jennifer Lawrence,[15] e Uma Thurman entre outras.[16]

Orixe[editar | editar a fonte]

A activista social e organizadora comunitaria Tarana Burke empregara a frase "Me Too" ("Eu tamén") na rede social Myspace en 2006 como parte dunha campaña base para promover o "apoderamento mediante a empatía" entre as mulleres de raza negra que experimentaron abuso sexual, especialmente en comunidades desfavorecidas.[17][18][19] Burke explicou que se inspirou en usar a frase despois de non poder responder a unha moza de 13 anos que confiou que sufrira unha agresión sexual. Despois Burke quería dicirlle simplemente á rapaza "Eu tamén".[17]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "From Politics to Policy: Turning the Corner on Sexual Harassment – Center for American Progress". Center for American Progress. 31 de xaneiro de 2018. Consultado o 14 de abril de 2018. 
  2. Edwards, Stephanie Zacharek, Eliana Dockterman, Haley Sweetland. "TIME Person of the Year 2018: The Silence Breakers". Time. Consultado o 14 de abril de 2018. 
  3. Strause, Jackie (20 de agosto de 2018). "Tarana Burke Responds to Asia Argento Report: "There Is No Model Survivor"". The Hollywood Reporter. Consultado o 12 de outubro de 2018. 
  4. Smartt, Nicole. "Sexual Harassment in the Workplace in A #MeToo World". Forbes. Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2018. Consultado o 16 de xaneiro de 2018. 
  5. "TIME'S EDITOR-IN-CHIEF ON WHY THE SILENCE BREAKERS ARE THE PERSON OF THE YEAR". 
  6. Carlsen, Audrey. "#MeToo Brought Down 201 Powerful Men. Nearly Half of Their Replacements are Women.". Consultado o 23 de outubro de 2018. 
  7. Chuck, Elizabeth (16 de outubro de 2017). "#MeToo: Alyssa Milano promotes hashtag that becomes anti-harassment rallying cry". NBC News. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2017. Consultado o 16 de outubro de 2017. 
  8. "Weinstein". FRONTLINE. Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2022. Consultado o 12 de xullo de 2018. 
  9. Alyssa Milano en Yahoo!
  10. Alyssa Milano
  11. Khomami, Nadia (20 de outubro de 2017). "#MeToo: how a hashtag became a rallying cry against sexual harassment". The Guardian. Arquivado dende o orixinal o 21 de novembro de 2017. 
  12. Guerra, Cristela (17 de outubro de 2017). "Where'd the "Me Too" initiative really come from? Activist Tarana Burke, long before hashtags – The Boston Globe". Boston Globe. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2017. Consultado o 18 de outubro de 2017. 
  13. "Celebrities Share Stories of Sexual Assault for #MeToo Campaign". Vogue. Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2017. Consultado o 4 de xaneiro de 2018. 
  14. Bonos, Lisa (19 de outubro de 2017). "Analysis | Not everyone with a #MeToo is posting their story. Here's why some are refraining". The Washington Post. ISSN 0190-8286. Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2017. Consultado o 4 de xaneiro de 2018. 
  15. Fernandez, Matt (17 de outubro de 2017). "Jennifer Lawrence Says Producer Put Her in 'Naked Lineup,' Told Her to Lose Weight". Variety. Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2017. Consultado o 4 de xaneiro de 2018. 
  16. "Uma Thurman channels 'Kill Bill' character, says Harvey Weinstein doesn't even "deserve a bullet"". Newsweek. 24 de novembro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2017. Consultado o 4 de xaneiro de 2018. 
  17. 17,0 17,1 Ohlheiser, Abby (19 de outubro de 2017). "The woman behind 'Me Too' knew the power of the phrase when she created it — 10 years ago". The Washington Post (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2017. Consultado o 20 de outubro de 2017. 
  18. Leah, Rachel (17 de outubro de 2017). "Hollywood's brightest join the 10-year-old #MeToo movement, but will that change anything?". Salon (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2017. Consultado o 17 de outubro de 2017. 
  19. Shugerman, Emily (17 de outubro de 2017). "Me Too: Why are women sharing stories of sexual assault and how did it start?". The Independent (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2017. Consultado o 17 de outubro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]