Kenichi Fukui
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 4 de outubro de 1918 Nara |
| Morte | 9 de xaneiro de 1998 Kyoto |
| Causa da morte | cancro |
| Educación | Universidade de Kyoto |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Químico |
| Ocupación | químico, investigador, profesor universitario |
| Empregador | Universidade de Kyoto Kyoto Institute of Technology (en) |
| Membro de | Academia Pontificia das Ciencias (1985–) Academia do Xapón (1983–) Academia das Artes e das Ciencias dos Estados Unidos (1983–) Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos (asociado estranxeiro da Academia Nacional de Ciencias) (1981–) Academia Internacional de Ciências Moleculares Quânticas (pt) Royal Society |
| Interesado en | Química |
| Profesores | Gen'itsu Kita (en) |
| Obra | |
| Doutorando | Kōichi Yamashita (en) |
| Familia | |
| Parentes | Ken'ichirō Umehara, xenro Takeshi Umehara, consogro |
| Premios | |
| |
Kenichi Fukui (福井謙?), nado en Nara (Xapón) o 4 de outubro de 1918 e finado en Kyoto o 9 de xaneiro de 1998, foi un químico e profesor universitario xaponés galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1981.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou física e química na Universidade de Kyoto, onde se licenciou en 1941. Dedicado á docencia, en 1951 foi nomeado catedrático de química física na mesma universidade, cargo que ocupou ata 1982.
Investigacións científicas
[editar | editar a fonte]Interesado nas reaccións químicas, centrou os seus traballos nas órbitas frontais observando como as súas propiedades de simetría permiten explicar as súas reaccións químicas.
En 1981 foi galardoado, xunto co estadounidense Roald Hoffmann aínda que polos seus traballos independentes, polas súas teorías sobre o desenvolvemento das reaccións químicas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1981 (en inglés)
- Páxina web do Instituto Nobel coa biografía de Kenichi Fukui(en inglés)
| Predecesor: Paul Berg Walter Gilbert Frederick Sanger |
Premio Nobel de Química 1981 con Roald Hoffmann |
Sucesor: Aaron Klug |