Jennifer Doudna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jennifer Doudna
Professor Jennifer Doudna ForMemRS.jpg
Nome completoJennifer Anne Doudna
Nacemento19 de febreiro de 1964
 Cidade de Washington
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade Harvard, Pomona College e Harvard Medical School
Ocupaciónbioquímica, bióloga molecular, catedrática, química e cristalógrafo
PremiosPremio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica, Breakthrough Prize in Life Sciences, Prêmio Dr. Paul Janssen de Pesquisa Biomédica, Prêmio Gruber de Genética, Prêmio Paul Ehrlich e Ludwig Darmstaedter, membro da Royal Society, Prêmio Dickson de Medicina, Prêmio Internacional da Fundação Gairdner, Prêmio de Bioquímica e Biofísica A.H. Heineken, Prêmio Massry, Prêmio Tang, premios para mulleres científicas L'Oréal -UNESCO, Prêmios Fundação BBVA Fronteiras do Conhecimento, Prêmio Alan T. Waterman, Prêmio Gabbay, Prêmio Lurie de Ciências Biomédicas, Warren Alpert Foundation Prize, Kavli Prize in Nanoscience, Croonian Lecture, Prêmio Japão, Prêmio Pearl Meister Greengard, Mildred Cohn Award in Biological Chemistry, Prêmio em Ciências Químicas NAS, Fellow of the AACR Academy e Foreign Member of the Royal Society
editar datos en Wikidata ]

Jennifer Anne Doudna, nada en Washington o 19 de febreiro de 1964, é unha bioquímica estadounidense, catedrática de química e bioloxía celular e molecular na Universidade de California, Berkeley.[1][2] Foi investigadora no Instituto Médico Howard Hughes (HHMI) dende 1997.[3][4][5]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Educación[editar | editar a fonte]

Doudna obtivo a súa licenciatura en química na Universidade de Pomona en 1985, e o seu doutoramento en bioquímica sobre ribozimas na Universidade Harvard, baixo a supervisión de Jack W. Szostak. Fixo o seu traballo de postdoutoramento con Thomas Cech na Universidade de Colorado, Boulder.

Investigación e carreira[editar | editar a fonte]

Durante a súa estancia no laboratorio Szotak, Doudna modificou o intrón catalítico do grupo I para convertelo nunha verdadeira ribozima catalítica capaz de copiar padróns de ARN.[6][7] Ao recoñecer as limitacións de non ser quen de ver os mecanismos moleculares das ribozimas, comezou a traballar para cristalizar e resolver a estrutura tridimensional do intrón catalítico do grupo I do protozoo Tetrahymena en 1991 no laboratorio de Cech e continuou mentres comezaba o seu profesorado na Universidade Yale en 1994. O grupo conseguiu formar cristais de alta calidade, pero tivo dificultades co problema das fases debido a unha unión non específica dos ións metálicos. Un dos seus primeiros estudantes de posgrao, quen despois se converteu no seu esposo, Jamie Cate, decidiu empapar os cristais en hexamina de osmio para imitar o magnesio. Empregando esta estratexia, foron capaces de resolver a estrutura, a segunda estrutura de ARN encartado dende o ARNt.[8][9] Os ións de magnesio agrúpanse no centro da ribozima facilitando o encartamento do ARN, de xeito similar ao rol do núcleo hidrofóbico no encartamento dunha proteína.[4]

Doudna foi ascendida ao posto de profesora de biofísica molecular e bioquímica Henry Ford II en Yale no ano 2000. En 2002, aceptou a posición como membro do claustro da Universidade de California, Berkeley como profesora de bioquímica e bioloxía molecular para estar máis preto da súa familia e do sincrotrón no Laboratorio Nacional Lawrence Berkeley. O seu traballo inicial na solución de grandes estruturas de ARN levárona a facer máis estudos estruturais da ribozima do virus da hepatite delta (HDV), o IRES e complexos proteína-ARN como a partícula de recoñecemento de sinal.[4] O seu laboratorio agora enfócase nun entendemento mecanístico dos procesos biolóxicos que involucran o ARN. Este traballo está dividido en tres grandes áreas: o sistema CRISPR, ARN de interferencia e controis traducionais vía micro ARN.

En 2012 Doudna e os seus colegas realizaron un novo descubrimento que reducía o tempo de traballo necesario para editar o ADN xenómico. O seu descubrimento baséase nunha proteína chamada Cas9 que se atopa no sistema inmune da bacteria Streptococcus "CRISPR", e que traballa como unhas tesoiras. A proteína ataca a súa presa, o ADN do virus, e córtao.[10] No 2013, Doudna deu unha conferencia en TED sobre os aspectos bioéticos do uso de CRISPR.[11]

Honras e premios[editar | editar a fonte]

Doudna foi Scholar Searle e recibiu en 1996 o Premio Beckman a Mozos Investigadores, o Premio NAS para Iniciativas investigadoras en 1999, e o Premio Alan T. Waterman no 2000. Foi elixida para a Academia Nacional de Ciencias en 2002 e para o Instituto de Medicina en 2010.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rogers, Kara. "Jennifer Doudna,American biochemist". Encyclopaedia Britannica (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2016. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  2. Pollack, Andrew (11 de maio de 2015). "Jennifer Doudna, a Pioneer Who Helped Simplify Genome Editing". The New York Times. Consultado o 12 de maio de 2015. 
  3. "Entrevista de la Academia Nacional de Ciencias de Estados Unidos". Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2015. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Marino, Melissa. "Biography of Jennifer A. Doudna". PMID 15574498. doi:10.1073/pnas.0408147101. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  5. Publicacións de Jennifer Doudna indexadas pola base de datos bibliográfica Scopus, un servizo de Elsevier.
  6. Rajagopal, J.; Doudna; Szostak. "Stereochemical course of catalysis by the Tetrahymena ribozyme" 244 (4905). ISSN 0036-8075. PMID 2470151. doi:10.1126/science.2470151. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  7. Howard Hugues Medical Institue. "Our Scientists: Jennifer A. Doudna, PhD". Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  8. Powell, Kendall. "Reinassance Women" (PDF). Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  9. Cate, Jamie H.; Gooding; Podell; Zhou; Golden; Kundrot; Cech; Doudna. "Crystal Structure of a Group I Ribozyme Domain: Principles of RNA Packing" 273 (5282). ISSN 0036-8075. PMID 8781224. doi:10.1126/science.273.5282.1678. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  10. Russell, Sabin. "Cracking the Code: Jennifer Doudna and Her Amazing Molecular Scissors." Cal Alumni Association. N.p., 2014. Web. 17 Mar. 2015. http://alumni.berkeley.edu/california-magazine/winter-2014-gender-assumptions/cracking-code-jennifer-doudna-and-her-amazing
  11. "We can now edit our DNA. But let's do it wisely". Consultado o 10 de marzo de 2016.