Roger Y. Tsien

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Roger Y. Tsien
Nobel prize medal.svg
Roger Tsien-press conference Dec 07th, 2008-2.jpg
Roger Y. Tsien
Datos persoais
Nacemento1 de febreiro de 1952 (71 anos)
LugarNova York Estados Unidos de América Estados Unidos
Falecemento24 de agosto de 2016
LugarEugene, Oregón
Causainfarto agudo de miocardio
ResidenciaEstados Unidos de América Estados Unidos
Nacionalidadeestado unidense
Cónxuxe
  • Wendy Globe Tsien
  • Actividade
    Campo
  • Química
  • Alma máter
  • Universidade Harvard
  • Universidade de Cambridge
  • Director de teseJeremy Sanders
    Contribucións e premios
    Coñecido por
  • descubrimento e desenvolvemento da proteína fluorescente verde (GFP)
  • Premios
  • Premio Nobel de Química (2008)
  • editar datos en Wikidata ]

    Roger Yonchien Tsien (en chinés tradicional 錢永健; en chinés simplificado 钱永健; en pinyin Qián Yǒngjiàn), nado o 1 de febreiro de 1952 en Nova York (Estados Unidos), é un bioquímico estadounidense, de orixe chinesa, profesor no Departamento de Química e Bioquímica da Universidade de San Diego. No ano 2008 foi galardoado co Premio Nobel de Química, polo «seu descubrimento e desenvolvemento da proteína fluorescente verde», xunto ao tamén estadounidense Martin Chalfie, e ao xaponés Osamu Shimomura. O premio, de 10 millóns de coroas suecas (1,4 millóns de dólares ou 1,03 millóns de euros) repartirase entre os tres por partes iguais.[1][2]

    Segundo o comunicado de prensa da Real Academia das Ciencias de Suecia en Estocolmo, o profesor Tsien "estendeu a paleta de cores máis aló do verde, o cal permite aos investigadores dar ás proteínas e células diferentes cores, para seguir varios procesos biolóxicos ao mesmo tempo." O propio Tsien declarou, en conferencia telefónica tras a noticia da adxudicación do Premio Nobel de Química 2008, que el non se considera un científico chinés: "Crieime nos Estados Unidos e desde entón pasei a miña vida aquí. Pero, se lles serve ás persoas na China, espero que o premio inspire a estudantes e científicos alá.[3]

    Traxectoria[editar | editar a fonte]

    Roger Y. Tsien naceu en Nova York, aínda que creceu en Livingston (Nova Jersey). O seu pai era enxeñeiro mecánico, e os seus tíos por parte de nai eran profesores de enxeñería no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT). Un dos seus tíos foi o prominente científico chinés Qian Xuesen. Tsien, que se considera a si mesmo enxeñeiro molecular, dixo nunha ocasión: «estou facultado pola miña herdanza para desenvolver este tipo de traballo».[4]

    Tsien sufría de asma de pequeno, polo que pasaba gran parte do seu tempo en casa. Así, dedicaba longas horas a experimentos químicos no seu laboratorio do soto. Con dezaseis anos gañou o primeiro premio da Intel Science Talent Search, competición a nivel nacional nos Estados Unidos para estudantes de secundaria, cun proxecto sobre como os metais se unen ao tiocianato.[5]

    Estudou na Universidade Harvard, graduándose cun Bachelor of Science en física e química en 1972. Graduouse con summa cum laude. Tras a súa titulación uniuse ao Laboratorio Fisiolóxico da Universidade de Cambridge, Inglaterra, en 1977, e traballou como investigador no Gonville and Caius College ata 1981.

    Notas[editar | editar a fonte]

    Véxase tamén[editar | editar a fonte]

    Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

    Predecesor:
    Gerhard Ertl
    Premio Nobel de Química
    Nobel prize medal.svg

    2008
    con
    Martin Chalfie e Osamu Shimomura
    Sucesor:
    Venkatraman Ramakrishnan,
    Thomas A. Steitz
    e
    Ada Yonath,