Herbert C. Brown

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Herbert C. Brown
Nobel prize medal.svg
Image of none.svg
non dispoñemos de imaxe
Datos persoais
Nacemento 22 de maio de 1912
Lugar Londres Inglaterra Inglaterra
Falecemento 19 de decembro de 2004
Lugar Lafayette (Indiana) Estados Unidos de América Estados Unidos
Residencia Estados Unidos de América Estados Unidos
Nacionalidade inglés
Cónxuxe
  • Sarah Baylen
Relixión xudeu
Actividade
Campo
Alma máter
Director de tese
Contribucións e premios
Coñecido por
Premios

Herbert Charles Brown, nado o 22 de maio de 1912 en Londres (Inglaterra) e finado o 19 de decembro de 2004 en Lafayette (Indiana, EUA), foi un químico e profesor estadounidense, de orixe británica, galardoado co Premio Nobel de Química o ano 1979.

Traxectoría[editar | editar a fonte]

Naceu na cidade de Londres, fillo de inmigrantes xudeus ucraínos. En 1914 emigrou cos seus pais aos Estados Unidos.

Estudou química na Universidade de Chicago, onde se licenciou en 1936 e doctorouse en 1938. En 1947 foi nomeado profesor de química da Universidade de Purdue, onde ostentou o cargo de profesor emérito ata a súa morte.

Brown morreu nun hospital da poboación de Lafayette, situada no estado de Indiana, como consecuencia dun ataque ao corazón.

Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

Durante a Segunda Guerra Mundial, mentres traballaba xunto a Hermann Irving Schlesinger, descubriu un método para a produción do borohidruro de sodio (NaBH4), que pode ser usado para producir borano, compostos de boro e hidróxeno. Os seus traballos con estes no campo da síntese orgánica conduciron ao descubrimento do primeiro método xeral de síntese asimétrica de enantiómeros puros.

En 1979 foille concedido o Premio Nobel de Química xunto co alemán Georg Wittig polo seu desenvolvemento do uso de compostos de boro e fósforo en reaccións importantes no campo da síntese orgánica.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Peter D. Mitchell
Premio Nobel de Química
Nobel prize medal.svg

1979
con
Georg Wittig
Sucesor:
Paul Berg,
Walter Gilbert
e
Frederick Sanger