Irwin Rose
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 16 de xullo de 1926 Brooklyn, Estados Unidos de América |
| Morte | 2 de xuño de 2015 Deerfield, Estados Unidos de América (pt) |
| Lugar de sepultura | Jewish Community Association of Amherst Cemetery (en) |
| Educación | Universidade de Chicago Universidade de Nova York Lewis and Clark High School (en) |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Bioloxía |
| Ocupación | biólogo, profesor universitario, bioquímico, químico |
| Empregador | Universidade de California en Irvine Universidade de Chicago |
| Membro de | |
| Interesado en | Bioloxía |
| Carreira militar | |
| Conflito | Segunda Guerra Mundial |
| Premios | |
| |
Irwin A. Rose, nado o 16 de xullo de 1926 en Brooklyn, Nova York (Estados Unidos), é un bioquímico e profesor universitario estadounidense galardoado co Premio Nobel de Química do ano 2004.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou os seus estudos de bioquímica na Universidade do Estado de Washington, estudos interrompidos pola segunda guerra mundial e que continuou posteriormente na Universidade de Chicago, onde se graduó en 1948 e se doutorou en 1952. Actualmente é profesor do Departamento de Biofísica da Universidade de California da cidade californiana de Irvine.
Investigacións científicas
[editar | editar a fonte]Iniciou a súa investigación na degradación das proteínas. En colaboración cos biólogos israelitas Aarón Ciechanover e Avram Hershko, observou como era a ubiquitina, unha pequena proteína que aparece de forma natural nas células eucariotas. Por este descubrimento en 2004 foi galardoado, xunto cos seus colaboradores, co Premio Nobel de Química.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 2004 (en inglés)
- Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 2004 (en inglés)
- Perfil de Irwin Rose en NNDB (en inglés)
| Predecesor: Roderick MacKinnon, Peter Agre |
Premio Nobel de Química 2004 con Aaron Ciechanover e Avram Hershko |
Sucesor: Robert H. Grubbs, Richard R. Schrock e Yves Chauvin |