Nikolai Semenov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nikolai Nikolaevich Semenov
Nikolai Nikolaevich Semenov
Datos persoais
Nacemento15 de abril de 1896
LugarSaratov Unión Soviética Unión Soviética
Falecemento25 de setembro de 1986
LugarMoscova
Soterradocemiterio Novodevichii
ResidenciaUnión Soviética Unión Soviética
Nacionalidaderuso
CónxuxeNatalia Nikolaevna Semenova
Actividade
CampoQuímica e Física
Alma máterUniversidade Estatal de San Petersburgo
Director de teseAbram Ioffe
Contribucións e premios
Coñecido porTransformación química
Premios
editar datos en Wikidata ]

Nikolai Nikolaevich Semenov (en ruso: Николай Николаевич Семёнов), nado o 15 de abril de 1896 en Saratov, (Unión Soviética) e finado o 25 de setembro de 1986, foi un químico e profesor universitario ruso/soviético galardoado co Premio Nobel de Química de 1956.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou física, química e matemáticas na Universidade de San Petersburgo e foi nomeado profesor de física do Instituto Politécnico de Leningrado logo de participar na guerra civil rusa, sendo Semyonov o introductor da química física no seu país.

Dirixiu o Instituto de Química Física da Academia de Ciencias desde 1931, e o Instituto de Química Física da Universidade de Moscova desde 1944.

Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

Semenov (dereita) e Petr Kapitsa, retrato de Boris Kustodiev, 1921

Interesado inicialmente no estudo da física molecular e dos fenómenos electrónicos, xunto a Petr Kapitsa descubriu en 1922 un método para medir o campo magnético dun núcleo atómico, que posteriormente sería modificado e mellorado por Otto Stern e Walter Gerlach, e coñecido como experimento de Stern-Gerlach.

En 1925 xunto a Iakov Frenkel estudou a cinética da condensación e absorción dos vapores. En 1927 estudou a ionización dos gases así como a química do electrón, e en 1928 xunto a Vladimir Fok creou a teoría da descarga rota de dieléctricos.

Posteriormente dedicouse completamente á cinética química, ao desenvolvemento da cal contribuíu notablemente. A súa tarefa foi especialmente intensa durante a segunda guerra mundial, cando os problemas de combustión e explosión adquiriron extraordinaria importancia. O goberno soviético premiouno en 1941 co Premio Stalin e en 1945 coa Orde de Lenin.

Posteriormente traballou no campo das reaccións químicas en cadea, o coñecemento da cal contribuíu de xeito moi considerable do mesmo xeito que o químico inglés Cyril Norman Hinshelwood co cal mantivo estreitas relacións científicas e compartiu o Premio Nobel de Química do ano 1956.

Entre as súas principais obras atópanse "Reaccións en Cadea" (1934) e "Suma de Problemas de Química Cinética e Radioactividade" (1954)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Vincent du Vigneaud
Premio Nobel de Química

1956
compartido con
Cyril Norman Hinshelwood
Sucesor:
Alexander Robertus Todd