Francis William Aston

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Francis William Aston
Nobel prize medal.svg
Portrait of Francis William Aston (1877-1945), Chemist and Physicist (2536015497).jpg
Francis William Aston
Datos persoais
Nacemento1 de setembro de 1877
LugarHarborne, Birmingham Inglaterra Inglaterra
Falecemento20 de novembro de 1945
LugarCambridge Inglaterra Inglaterra
ResidenciaInglaterra Inglaterra
Nacionalidadeinglés
Actividade
CampoQuímica e Física
Alma máterUniversidade de Birmingham
Universidade de Cambridge
Director de teseJ. J. Thomson
Contribucións e premios
Coñecido porEspectrómetro de masas
Espazo escuro de Aston
PremiosPremio Nobel de Química (1922)
editar datos en Wikidata ]

Francis William Aston, nado en Harborne (Birmingham) o 1 de setembro de 1877 e finado en Cambridge o 20 de novembro de 1945, foi un químico inglés. En 1922 gañou o Premio Nobel de Química por determinar o peso atómico de todos os elementos da táboa periódica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1903 obtivo unha bolsa de estudos na Universidade de Birmingham, e nas súas investigacións das descargas eléctricas en tubos de baixa presión descubriu o fenómeno agora coñecido como Espazo escuro de Aston, que permite a separación dos isótopos e a determinación das súas masas. En 1909 trasladouse ao Laboratorio Cavendish en Cambridge por invitación de Joseph John Thomson e traballou na identificiación dos isótopos do neon. Trala Primeira Guerra Mundial volveu aos seus estudos, e en 1919 inventou un espectrógrafo de masas que lle permitiu identificar rapidamentere 212 dos 287 isótopos naturais.

Foi presidente do Comité Atómico Internacional (1935-1945).

Autor de Isotopes (1922) e Mass-Spectra and Isotopes (1933).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Frederick Soddy
Premio Nobel de Química
Nobel prize medal.svg

1922
Sucesor:
Fritz Pregl