Saltar ao contido

Jimmy Carter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJimmy Carter

(1977) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) James Earl Carter Jr. Editar o valor en Wikidata
1 de outubro de 1924 Editar o valor en Wikidata (100 anos)
Lillian G. Carter Nursing Center, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
39º Presidente dos Estados Unidos de América
20 de xaneiro de 1977 – 20 de xaneiro de 1981
← Gerald Rudolph Ford, Jr.Ronald Reagan →
30º Presidente electo dos Estados Unidos
2 de novembro de 1976 – 20 de xaneiro de 1977
← Richard NixonRonald Reagan →
76º Governor of Georgia (en) Traducir
12 de xaneiro de 1971 – 14 de xaneiro de 1975
← Lester Maddox (pt) TraducirGeorge Busbee →
Member of the Georgia State Senate (en) Traducir
1963 – 1967 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaPlains (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónBaptismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUnion College (1953–)
Academia Naval dos Estados Unidos (pt) Traducir - física (–1946)
Instituto de Tecnoloxía de Xeorxia
Georgia Southwestern State University (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura1,77 m Editar o valor en Wikidata
Lateralidadedestro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoControle de armas de fogo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónoficial da armada, empresario, ecoloxista, enxeñeiro, Activista polos dereitos humanos, activista pola paz, escritor, estadista, autobiógrafo, diplomático, tripulante de submarino, novelista, labrego, político, humanitario Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1946 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorUniversidade Emory Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Demócrata Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
Rama militarArmada dos Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Rango militarTenente Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeRosalynn Carter (1946–2023), morte do cónxuxe Editar o valor en Wikidata
FillosJack Carter, James Earl Carter III, Jeff Carter, Amy Carter Editar o valor en Wikidata
PaisJames Earl Carter Sr. Editar o valor en Wikidata  e Lillian Gordy Carter Editar o valor en Wikidata
IrmánsBilly Carter
Gloria Carter Spann
Ruth Carter Stapleton Editar o valor en Wikidata
ParentesBerry Gordy, curmán segundo Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
18 de xuño de 1979Strategic Arms Limitation Treaty II (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia soviética armenia
Obálky knih,
Miller Center of Public Affairs (en) Traducir, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0141699 Allocine: 198673 Rottentomatoes: celebrity/jimmy_carter Allmovie: p291274
Facebook: presidentjimmycarter TED: jimmy_carter BNE: XX935964 Musicbrainz: 74a3d3d7-1292-4f6f-8d64-7092392bbde6 Songkick: 171944 Discogs: 1288332 WikiTree: Carter-1086 Find a Grave: 6734 Editar o valor en Wikidata

James Earl "Jimmy" Carter, Junior, nado en Plains (Xeorxia) o 1 de outubro de 1924, é un político estadounidense do Partido Demócrata. Foi presidente dos Estados Unidos de América (1977-1981), gobernador do estado de Xeorxia (1971-1975) e senador na Asemblea Xeral de Xeorxia (1962-1966). Carter recibiu o Premio Nobel da Paz en 2002, galardoado polos seus esforzos infatigables para atopar solucións pacíficas aos conflitos internacionais, por impulsar a democracia e os dereitos humanos, e por fomentar o desenvolvemento económico e político dos pobos.

O seu mandato estivo marcado por importantes éxitos en política exterior, como os tratados sobre a Canle de Panamá, os Acordos de paz de Camp David (tratado de paz entre Exipto e Israel), o tratado SALT II coa URSS e o establecemento de relacións diplomáticas coa República Popular da China. En política interior, o seu goberno creou os ministerios de enerxía e educación e reforzou a lexislación sobre protección ambiental.

Desde que abandonou a Casa Branca, dedicouse a un labor de mediación en conflitos internacionais e a pór o seu prestixio ao servizo de causas humanitarias. En 2002, recibiu o Premio Nobel da Paz e distinguiuse en literatura, sendo autor de numerosos libros.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Carter foi o maior de catro irmáns. Os seus pais, James Earl Carter e Bessie Lillian Gordy, eran granxeiros e baptistas practicantes. Foi o primeiro presidente estadounidense en vir ao mundo nun hospital. A súa infancia pasouna na localidade próxima de Archery.

Desde unha idade moi temperá, Carter demostrou ser un alumno avantaxado ao que lle gustaba a lectura. Máis adiante, foi admitido na universidade Georgia Southwestern College, e licenciouse en Ciencias na Academia Naval dos Estados Unidos en 1946, ano en que contraeu matrimonio con Rosalynn Smith. Carter licenciouse no posto 59 dos 820 alumnos da súa promoción. Posteriormente, cursou física nuclear e tecnoloxía do reactor no Union College, aínda que non chegou completar eses estudos.

Carter foi destinado aos submarinos do océano Atlántico e do Pacífico e pronto foi escollido polo almirante Hyman Rickover para participar no programa de submarinos nucleares. A pesar de que a súa intención era facer carreira na mariña, á morte do seu pai en 1953 dimitiu das súas responsabilidades militares para encargarse do negocio familiar de cacahuetes, no seu pobo natal.

Por outra banda, desde moi novo mostrou un profundo sentimento cristián, impartindo clases de catequeses durante a súa carreira política. El mesmo manifestou que Xesucristo marcou a súa vida; de feito, durante o seu mandato presidencial rezaba varias veces ao día.

Carreira política anterior á presidencia

[editar | editar a fonte]

Jimmy Carter comezou a súa carreira política con postos modestos en órganos locais como a comisión escolar de Plains. Porén, pronto lograría progresar: en 1962 foi elixido para o Senado de Xeorxia e dous anos despois obtivo a reelección para un segundo mandato.

En 1966 decidiu presentarse candidato para a Cámara de Representantes dos Estados Unidos. Cando viu que o seu adversario do Partido Republicano abandonou a pugna polo escano para presentar a súa candidatura a Gobernador de Xeorxia, Carter resolveu facer o mesmo. Perdeu a elección e regresou ao negocio dos cacahuetes, aínda que pasou os seguintes catro anos preparando a súa candidatura para volver presentarse a gobernador en 1970.

En 1970 logrou o nomeamento do Partido Demócrata e venceu nas eleccións a gobernador ao republicano Hal Suit. No seu discurso inaugural, en 1971, Carter sorprendeu aos xeorxianos e ao resto do país cunha alegación en contra da discriminación racial, o cal resultaba chocante nunha contorna (o sur estadounidense) na que aínda imperaba a segregación entre brancos e negros. Precisamente, entre as súas primeiras actuacións como gobernador estivo a de situar a moitos negros en importantes cargos administrativos.

A lexislación xeorxiana impedía a Carter presentarse a un segundo mandato tras a finalización do primeiro, en 1975, polo que cando abandonou o cargo concentrou os seus esforzos na carreira presidencial. Cando entrou nas primarias presidenciais do Partido Demócrata en 1976, moitos consideraron que contaba con moi poucas posibilidades fronte a outros candidatos máis coñecidos a nivel nacional. Con todo, o escándalo Watergate aínda estaba recente na memoria dos electores, polo que o feito de non pertencer á clase política de Washington supuña unha vantaxe para Carter. A posta en práctica dunha estratexia intelixente permitiulle gañar o nomeamento do Partido Demócrata á presidencia dos Estados Unidos.

Na campaña electoral, Carter comezou cunha importante vantaxe nas sondaxes sobre o presidente republicano Gerald Ford, en parte porque o indulto deste a Nixon fora moi impopular. Porén, Ford foi aos poucos recurtando as distancias, xa que o electorado seguía mostrando as súas dúbidas ante un candidato tan pouco coñecido como Carter. Finalmente, Carter resultou vencedor nas eleccións do 2 de novembro de 1976, co 50,1% dos votos (Ford obtivo o 48%). Así, converteuse no primeiro candidato do Sur Profundo en ser elixido presidente desde 1848.

Presidencia

[editar | editar a fonte]

Acordos de Camp David

[editar | editar a fonte]

Jimmy Carter desempeñou un papel fundamental na mediación dos Acordos de Camp David, que foron negociados durante o seu mandato, en 1978. Os acordos, que involucraban a Exipto e a Israel, marcaron a primeira vez que un país árabe recoñecía a Israel. Asemade, estableceron as bases para o Tratado de Paz entre Israel e Exipto de 1979, un logro até entón inédito na diplomacia do Oriente Medio. A habilidade de Carter para xuntar ao presidente Anwar el-Sadat e ao primeiro ministro Menachem Begin e lograr un acordo onde moitos outros fracasaran é vista como un dos seus maiores logros presidenciais.[1]

Relacións e conflito coa URSS

[editar | editar a fonte]

Durante o seu mandato, Carter a política internacional foi un dos eidos máis presentes. O Tratado SALT II coa URSS foi un dos puntos culminantes da súa administración, buscando limitar as armas nucleares a un nivel sen precedentes. A pesar de non ser ratificado polo Senado debido ao inicio da guerra de Afganistán (1978-1992), o tratado marcou un fito nas relacións da guerra fría.[2]

Intervención en Afganistán
[editar | editar a fonte]

Nese contexto, Carter foi determinante no inicio do financiamento estadounidense aos muxahidíns en Afganistán, un movemento que moitos cren que contribuíu á eventual desestabilización da rexión e ao emerxer dos talibán. Con todo, mentres que a iniciativa para apoiar aos muxahidíns afgáns comezou durante o mandato de Carter, a verdadeira expansión e escalada do programa (operation Cyclone) ocorreu principalmente baixo a administración Reagan.[3][4] Antes da invasión soviética de Afganistán en 1979, a administración de Jimmy Carter xa comezara a considerar o apoio aos mujahidines como parte dunha estratexia para contrarrestar a influencia soviética na rexión. A administración de Carter iniciou o apoio aos muxahidíns en Afganistán en xullo de 1979, varios meses antes da invasión soviética en decembro dese ano, como parte dunha estratexia para contrarrestar a influencia soviética na rexión. Segundo Zbigniew Brzezinski, asesor de Seguridade Nacional, e Robert Gates, da CIA, esta axuda pretendía ser unha táctica preventiva, non unha resposta á súa invasión.[5][6]

Relacións con China

[editar | editar a fonte]

O seu mandato tamén foi significativo para as relacións con China, onde normalizou completamente as relacións diplomáticas en 1979, unha acción que alterou permanentemente o equilibrio xeopolítico entre o oriente e occidente.[7]

Traballo post-presidencial

[editar | editar a fonte]

Despois de deixar a presidencia, Carter fundou o Centro Carter, que se converteu nunha plataforma influente para a mediación internacional en múltiples conflitos e observación en procesos electorais ao redor do mundo, promovendo a democracia e os dereitos humanos.[8]

Durante a pandemia de COVID-19, Jimmy Carter, con 96 anos, xunto con outros expresidentes, participou nunha campaña destinada a fomentar a confianza nas vacinas e promover a vacinación masiva.[9]

Predecesor:
Gerald Ford
 
Presidente dos Estados Unidos de América
 
19771981
Sucesor:
Ronald Wilson Reagan
  1. "Camp David Accords". History.com. Consultado o 2024-08-24. 
  2. "SALT". history.state.gov; Milestones. Consultado o 25 de agosto de 2024. 
  3. Bergen, Peter L. (2001-11-14). Holy War, Inc.: Inside the Secret World of Osama bin Laden (en inglés). Simon and Schuster. ISBN 978-0-7432-3467-2. 
  4. Grant, Ted (1980-01-15). "[Ted Grant] Afghanistan: Why the Russian bureaucracy invaded". In Defence of Marxism (en inglés). Consultado o 2024-08-25. 
  5. "Brzezinski Interview with David N. Gibbs". dgibbs.faculty.arizona.edu (en inglés e francés). Consultado o 2024-08-25. 
  6. Gates, Robert Michael (1997). From the Shadows: The Ultimate Insider's Story of Five Presidents and how They Won the Cold War (en inglés). Simon and Schuster. ISBN 978-0-684-83497-9. 
  7. "U.S. Relations With China" (en inglés). U.S. Department of State. Consultado o 2024-08-24. 
  8. "Peace Programs". The Carter Center. Consultado o 2024-08-24. 
  9. "All living former presidents, except Trump, appear in PSA touting COVID-19 vaccine". CNN. 11 de marzo de 2021. Consultado o 2024-08-24. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]