George Herbert Walker Bush

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
George Herbert Walker Bush
George H. W. Bush, President of the United States, 1989 official portrait.jpg
George Herbert Walker Bush
Datos persoais
Nacemento 12 de xuño de 1924 (92 anos)
Lugar Milton, Massachusetts
Organización Partido Republicano
Profesión Político, militar

George Herbert Walker Bush, nado o 12 de xuño de 1924, foi o 41º Presidente dos Estados Unidos entre os anos 1989 e 1993. Con anterioridade fora embaixador diante a ONU (19711973), director da CIA 19761977, e o 43º Vicepresidente dos Estados Unidos co presidente Ronald Reagan (19811989). É o pai do 43º presidente dos EUA, George Walker Bush.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Actividade durante a Segunda Guerra Mundial[editar | editar a fonte]

Fillo do senador por Connecticut Prescott Bush e Dorothy Walker. Estudou na Academia Phillips de Andover, Massachusetts entre 1936 e 1942, onde xa demostrou as súas condicións de líder. Despois de se graduar ingresa na US Navy chegando ser o aviador máis novo do exército con 19 anos (1943).

Foi asignado ao Escuadrón Torpedo (VT-51) no portaavións lixeiro U.S.S. San Jacinto. Participou en operacións contra a illa Minami Torishima ou Marcus e a Illa Wake en maio de 1944 e nas Marianas en xuño. O 19 de xuño o avión onde ía Bush fixo unha amaraxe forzada, o destrutor U.S.S. Clarence K. Bronson, rescatou á tripulación, Bush foi promovido a tenente.

O 1 de agosto, o San Jacinto comeza as operacións contra os xaponeses nas Illas Ogasawara. O 2 de setembro de 1944, Bush foi un dos catro pilotos que atacaron as instalacións xaponesas de Chichi-jima, o avión de Bush foi abatido pola defensa antiaérea xaponesa, rescatándoo o submarino U.S.S. Finback.

Bush retornou ao San Jacinto en novembro de 1944 e participou nas operacións de Filipinas. Cando o San Jacinto volveu a Guam, o seu escuadrón, que sofrira a perda do 50% dos pilotos, volveu aos Estados Unidos. Por mor das súas experiencias de combate, Bush foi destinado á Base Militar de Norfolk como adestrador de novos pilotos. Unha vez que Xapón se rendeu, deixou o exército e entrou na Universidade de Yale.

Posguerra[editar | editar a fonte]

Casou con Barbara Pierce o 6 de xaneiro de 1945, con ela tivo seis fillos: George W. Bush, Pauline Robinson "Robin" (20 decembro 1949– 11 outubro 1953, morto de leucemia), John (Jeb), Neil, Marvin e Dorothy Walker.
Bush entra no negocio do petróleo en Texas, grazas ás relacións do seu pai con Dresser Industries.

Carreira Política[editar | editar a fonte]

George H.W.Bush con Ronald Reagan, 1984

En 1964, Bush entrou en política, presentándose contra o senador demócrata por Texas Ralph Yarborough, opoñéndose ao seu apoio á Lei de Dereitos Civís de 1964, pero non puido gañar o escano.

En 1966 conseguíu ser elixido para a Cámara de Representantes polo 7º Distrito de Texas, repetindo en 1968. En1970 tenta entrar de novo no Senado, competindo con Lloyd Bentsen, pero de novo perde nas eleccións.

Durante a presidencia de Richard Nixon foi embaixador diante as Nacións Unidas (1971-1973), e con Gerald Ford director da CIA (1976-1977).
Presentou a súa candidatura para ser elixido candidato do Partido Republicano para a presidencia nas eleccións de 1980, pero perdeu diante Ronald Reagan, aínda que este elixiu a Bush como o seu candidato para a vicepresidencia.

A lista Reagan/Bush gañou de novo en 1984, contra dos demócratas Walter Mondale/Geraldine Ferraro, durante o segundo mandato como Vicepresidente, Bush converteuse no primeiro vicepresidente en se converter en Presidente provisorio, cando Reagan tivo que se someter a unha operación cirúrxica o 13 de xullo de 1985.

En 1988 presentou a súa candidatura para a presidencia, competindo nas primarias do Partido Repúblicano con Bob Dole e Pat Robertson, vencéndoos sen dificultade, e elixindo ao senador Dan Quayle como candidato á vicepresidencia para se enfrontar aos candidatos do Partido Demócrata, Michael Dukakis e Lloyd Bentsen aos que tamén vencen.

Presidencia[editar | editar a fonte]

Continuou a política do seu predecesor, Ronald Reagan, dando prioridade á política exterior, en 1989 coa caída do Muro de Berlín apoiou a unificación alemá e mantivo o diálogo con Mikhail Gorbachov. Autoriza a invasión de Panamá para destituír ao presidente Manuel Noriega.

En agosto de 1990 Iraq invade Kuwait, George Bush, co aval do Congreso e das Nacións Unidas, envía tropas ao Golfo.


Predecesor:
Ronald Wilson Reagan
Seal of the President of the United States.svg
Presidente dos Estados Unidos de América

19891993
Sucesor:
William Jefferson Clinton

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]