Cyril Norman Hinshelwood

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cyril Norman Hinshelwood
Datos persoais
Nacemento19 de xuño de 1897
LugarLondres Inglaterra Inglaterra
Falecemento9 de outubro de 1967
LugarLondres Inglaterra Inglaterra
SoterradoLondres
ResidenciaInglaterra Inglaterra
Nacionalidadeinglés
Actividade
Campo
  • Química física
  • Alma máter
  • Universidade de Oxford
  • Director de teseHarold Hartley
    Alumnos de tese
  • Keith James Laidler
  • Contribucións e premios
    Coñecido por
  • reaccións químicas
  • Premios
  • Premio Nobel de Química (1956)
  • Medalla Copley (1962)
  • Medalla Davy (1942)
  • editar datos en Wikidata ]

    Cyril Norman Hinshelwood, nado o 19 de xuño de 1897 en Londres (Inglaterra) e finado o 9 de outubro de 1967 na súa residencia de Londres, foi un químico inglés galardoado Premio Nobel de Química do ano 1956.

    Traxectoria[editar | editar a fonte]

    De pequeno trasladouse coa súa familia ao Canadá, pero en 1905 retornou a Inglaterra establecéndose coa súa familia en Chelsea. Estudou na Universidade de Oxford, onde máis tarde foi profesor desde 1937.

    Membro da Royal Society, foi o seu presidente entre os anos 1955 e 1960. En 1948 foi nomeado cabaleiro do Imperio Británico polo rei Xurxo VI do Reino Unido.

    Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

    Iniciou as súas investigacións sobre as diferentes combinacións do hidróxeno e o osíxeno, tratando de explicar o mecanismo das reaccións químicas por métodos cinéticos. Estas investigacións leváronlle a gañar o premio Nobel de Química en 1956 polas súas investigacións sobre o mecanismo das reaccións químicas, o cal foi compartido co soviético Nikolay Semyonov, o cal realizara as súas investigacións independentemente.

    Hinshelwood tratou de explicar o mecanismo das reaccións químicas por métodos cinéticos nas súas obras, especialmente en:

    • "Kinetic of Chemical Changes in Gaseous Systems" ("Cinética dos cambios químicos en sistemas gaseosos", 1926)
    • "The Reaction between Hydrogen and Oxygen" ("A reacción entre o hidróxeno e o osíxeno", 1934)
    • "The Chemical Kinetics of the Bacterian Cell" ("As cinéticas químicas da célula bacteriana", 1946).

    Véxase tamén[editar | editar a fonte]

    Outros artigos[editar | editar a fonte]

    Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

    Predecesor:
    Vincent du Vigneaud
    Premio Nobel de Química

    1956
    compartido con
    Nikolay Semyonov
    Sucesor:
    Alexander Robertus Todd