Saltar ao contido

Dudley R. Herschbach

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDudley R. Herschbach

(2006) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de xuño de 1932 Editar o valor en Wikidata (93 anos)
San Jose Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Harvard
Universidade Stanford
Campbell High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Director de teseEdgar Bright Wilson Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoQuímica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónquímico, físico, matemático Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Texas A&M, catedrático (2005–)
Universidade Harvard, catedrático (1963–2003)
Universidade de California, Berkeley, profesor asociado (1961–1963)
Universidade de California, Berkeley, profesor asistente (1959–1961)
Universidade Harvard (1957–1959)
Universidade de California, Berkeley
Universidade Texas A&M
Universidade Harvard Editar o valor en Wikidata
Membro de
Interesado enQuímica Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoAnita Goel (pt) Traducir, Richard Zare (pt) Traducir e Seong Keun Kim (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Dudley R. Herschbach, nado o 18 de xuño de 1932 en San José, California (EUA), é un matemático, químico e profesor universitario estadounidense galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1986.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou na Universidade de Stanford, onde se graduou en 1954 e 1955 respectivamente en matemáticas e química. Posteriormente doutorouse en química na Universidade Harvard en 1958, e iniciou a súa tarefa docente en fisicoquímica na Universidade de California, Berkeley, para retornar en 1963 a Harvard. Desde 2005 é profesor de física na Universidade de Texas A&M.

Investigacións científicas

[editar | editar a fonte]

Xunto a Yuan T. Lee foi un dos primeiros científicos en adoptar a técnica dos haces moleculares con fins de investigación química. A creación en 1959 dun aparello co cal dous haces, cada un deles formado por partículas dunha mesma substancia, podían entrecruzarse permitiu a colisión de átomos e moléculas de diferentes especies, reaccionando entre si. Esta colisión permitiu observar como o produto resultante escapa do lugar no que se cruzan os haces. Co uso dunha variedade de detectores de partículas pódese determinar a enerxía dos produtos da reacción e a forma en que esta enerxía se distribúe entre as diferentes formas posibles, como a translación (movemento da molécula no seu conxunto), a vibración (oscilacións internas das partes das moléculas) e a rotación.

En 1986 foi galardoado, xunto co seu colaborador Yuan T. Lee e o químico canadense John Charles Polanyi, co Premio Nobel de Química polo desenvolvemento da dinámica de procesos químicos elementais.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Herbert A. Hauptman
e
Jerome Karle
Premio Nobel de Química

1986
con
Yuan T. Lee
e
John Charles Polanyi
Sucesor:
Donald James Cram,
Jean-Marie Lehn
e
Charles J. Pedersen