Faysal bin Abdelaziz Al Saud

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Faysal bin Abdelaziz Al Saud
King Faisal of Saudi Arabia on on arrival ceremony welcoming 05-27-1971 (cropped).jpg
Nacemento14 de abril de 1906
 Riad
Falecemento25 de marzo de 1975
 Riad
Causaferida por arma de fogo
SoterradoAl Oud cemetery
NacionalidadeArabia Saudita
EtniaÁrabes
RelixiónSunnismo
Ocupaciónpolítico
PaiAbdul Aziz Al-Saud
NaiTarfah bint Abdullah Al Sheikh
CónxuxeIffat Al-Thunayan
FillosMohammed bin Faisal Al Saud, Lolowah bint Faisal Al Saud, Turki bin Faisal Al Saud, Abdullah bin Faisal Al Saud, Khalid Al-Faisal, Saud bin Faisal bin Abdulaziz Al Saud, Haifa bint Faisal e Sara bint Faisal Al Saud
IrmánsLatifa bint Abdulaziz, Seeta bint Abdulaziz Al Saud, Al-Bandari bint Abdul-Aziz Al Sau, Al Jawhara bint Abdulaziz Al Saud, Musa'id bin Abdulaziz Al Saud, Mutaib bin Abdulaziz Al Saud, Fahd bin Abdul Al-Aziz, Muhammad bin Abdulaziz Al Saud, Turki I bin Abdul-Aziz Al Saud, Khalid bin Abdul Aziz, Saud bin Abdul Al-Aziz, Turki II bin Abdul-Aziz Al Saud, Mishaal bin Abdulaziz Al Saud, Abdul-Rahman bin Abdul-Aziz Al Saud, Sattam bin Abdul-Aziz Al Saud, Sultan bin Abdul Aziz, Nayef bin Abdul-Aziz Al Saud, Salmán I, Ahmed bin Abdulaziz Al Saud, Abdul Majeed bin Abdulaziz Al Saud, Hazloul bin Abdulaziz Al Saud, Badr bin Abdulaziz Al Saud, Fawwaz bin Abdulaziz Al Saud, Mashhur bin Abdulaziz Al Saud, Abdul Ilah bin Abdulaziz Al Saud, Bandar bin Abdulaziz Al Saud, Abdullah bin Abdulaziz Al Saud, Mamdouh bin Abdulaziz, Mansour bin Abdulaziz Al Saud, Nasser bin Abdulaziz, Nawwaf bin Abdulaziz Al Saud, Talal bin Abdulaziz Al Saud, Saad bin Abdulaziz, Muqrin bin Abdulaziz Al Saud, Thamir bin Abdulaziz Al Saud, Haya bint Abdulaziz Al Saud, Luluwah bint Abdul-Aziz Al Saud, Sultana bint Abdul-Aziz Al Saud, Majid bin Abdulaziz Al Saud, Mishari bin Abdulaziz Al Saud, Hamoud bin Abdulaziz Al Saud, Abdul Muhsin bin Abdulaziz Al Saud, Khalid bin Abdulaziz e Anud bint Abdulaziz
PremiosRoyal Victorian Chain, Order of Abdulaziz al Saud, Ordem do Mérito Civil, Real Ordem Vitoriana e Ordem do Mérito da República Italiana
editar datos en Wikidata ]
Faysal bin Abdelaziz Al Saud.

Faysal bin Abdelaziz Al Saud (en árabe فيصل بن عبدالعزيز آل سعود), tamén chamado Faisal ibn Abd al-Aziz, nado en Riad probábelmente en 1906 e finado o 25 de marzo de 1975, foi o cuarto fillo de Ibn Saud e o terceiro rei de Arabia Saudita.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1925, comandando un exército de leais sauditas, obtivo unha decisiva vitoria sobre Hejaz. Como recompensa, foi feito gobernador de Hejaz ao ano seguinte. En 1932 aceptou o cargo de Ministro de Asuntos Exteriores.

Despois de que as Nacións Unidas dividisen Palestina, Faysal pediu ao seu pai que rompese as súas relacións cos Estados Unidos, pero foi ignorado. A saúde de Saud empeorou, e Faysal tomou o posto de rexente o 4 de marzo de 1964. O 2 de novembro dese ano converteuse en rei despois de que o seu irmán fose deposto.

Faysal introduciu algunhas reformas, como a televisión e a escolarización feminina, ás que se opuxeron moitos sauditas, incluíndo os membros da familia real, pois ambas foron consideradas contrarias ao Islam. En 1967, tras a vitoria israelí na Guerras dos Seis Días, sentiuse derrotado e nunca volveu sorrir.[Cómpre referencia]

En 1973, comezou un programa para incrementar o poder militar de Arabia Saudita. O 17 de outubro, retirou o pretróleo saudita dos mercados mundiais, cuadruplicando o seu prezo. Esta acción foi a principal culpábel da Crise Enerxética de 1973. En 1974 foi nomeado Home do Ano pola revista Time.

Asasinato[editar | editar a fonte]

O 25 de marzo de 1975 foi asasinado a tiros polo seu sobriño Faysal bin Musaed por razóns aínda descoñecidas. Especulouse con que quería vingar o seu irmán maior Khalid, que morreu nun encontro contra as forzas de seguridade en 1966. Aínda que se falou de varias teorías sobre conspiracións, unha investigación descubriu que o príncipe Faysal bin Musaed supostamente actuou só.

O príncipe Musaed estaba xunto a unha delegación kuwaití que agardaba para reunirse co rei. O rei Faysal encamiñábase cara a eles cando Musaed sacou unha pistola e disparou sobre el.

Musaed foi capturado inmediatamente e inicialmente declarado demente. Máis tarde foi acusado de rexicidio e, en xuño de 1975, foi decapitado na praza pública de Riyadh.

Faysal foi sucedido polo seu irmán Khalid bin Abdul Aziz.

En 1979, a cidade de Lyallpur, en Paquistán, foi renomeada como Faysalabad no seu honor. A Mesquita Faysal en Islamabad tamén recibiu o seu nome. A maior estrada de Karachi foi renomeada Shahrah-e-Faisal e unha zona residencial próxima ao Aeroporto de Karachi foi renomeada como Colonia do Shah Faysal.

Precedido por:

Saud bin Abdul Aziz

Reis de Arabia Saudita
e
Líderes da Casa de Saud
Sucedido por:

Khalid bin Abdul Aziz

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]