Richard Adolf Zsigmondy
Richard Adolf Zsigmondy | |
---|---|
![]() Richard Adolf Zsigmondy en 1925 | |
Datos persoais | |
Alcume | Amico di LaVereso |
Nacemento | 1 de abril de 1865 |
Lugar | Viena, Imperio austríaco |
Falecemento | 23 de setembro de 1929 |
Lugar | Göttingen, ![]() |
Soterrado | Cemiterio municipal de Gotinga |
Nacionalidade | Austríaco |
Etnia | Húngara |
Cónxuxe | Laura Luise Müller (1903) |
Actividade | |
Campo | Química |
Alma máter | Universidade Técnica de Viena Universidade de Múnic |
Director de tese | Wilhelm von Miller |
Contribucións e premios | |
Influído por | August Kundt |
Premios | Premio Nobel de Química (1925) |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Richard Adolf Zsigmondy, nado en Viena (Imperio austríaco, agora Austria), o 1 de abril de 1865 e finado en Göttingen (Alemaña) o 23 de setembro de 1929, foi un químico austríaco-alemán de ascendencia húngara, galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1925.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Zsigmondy foi fillo de Irma von Szakmary e Adolf Zsigmondy Sr., quen fora un científico e inventara instrumentos cirúrxicos no campo da odontoloxía. Creceu coa súa nai tras a temperá morte do seu pai en 1880 e recibiu unha extensa educación mentres, á vez, gozaba de afeccións como a escalada e o montañismo cos seus irmáns. No instituto desenvolveu un interese nas ciencias naturais, especialmente en química e física, e comezou a realizar experimentos no seu propio laboratorio na casa.
A súa carreira académica comezou na facultade de medicina da Universidade de Viena, pero pronto se cambiou á Universidade Técnica de Viena e máis tarde á Universidade de Múnic para estudar química. En Múnic o seu profesor foi von Miller, e foi onde comezou a súa carreira científica en investigación. Volveu a Austria en 1893 para traballar como un asistente do profesor en Graz. Durante o seu traballo en Graz completou o seu traballo de investigación máis destacado, o traballo na química dos coloides (un tipo de vidro coloreado).
A súa carreira científica continuou en Göttingen, Alemaña, como profesor de química, onde permaneceu o resto da súa carreira profesional. En 1925 Zsigmondy recibiu o Premio Nobel de Química polo seu traballo sobre os coloides durante o seu tempo en Graz.
Morreu só uns poucos anos logo da súa xubilación, en 1929 en Göttingen.
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
O cráter Zsigmondy na lúa chámase así na súa honra.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1925 (en inglés)
- Biografía na páxina dos Premios Nobel (en inglés)
- Perfil de Richard Adolf Zsigmondy NNDB (en inglés)
Predecesor: Fritz Pregl |
Premio Nobel de Química![]() 1925 |
Sucesor: Theodor Svedberg |