Herbert A. Hauptman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Herbert A. Hauptman
Nobel prize medal.svg
Herbert Hauptman - UB 2009.jpg
Herbert Hauptman, recibindo unha condecorión Doctor Honoris Causa en 2009
Datos persoais
Nacemento 14 de febreiro de 1917
Lugar Nova York Estados Unidos de América Estados Unidos
Falecemento 23 de outubro de 2011
Lugar Buffalo Estados Unidos de América Estados Unidos
Residencia Estados Unidos de América Estados Unidos
Nacionalidade estadounidense
Cónxuxe
  • Edith Citrynell
  • Actividade
    Campo
  • Matemáticas
  • Alma máter
  • Universidade de Maryland
  • Director de tese Jerome Karle
    Contribucións e premios
    Coñecido por
  • desenvolvemento de métodos directos
  • Premios Premio Nobel de Química (1985)
    editar datos en Wikidata ]

    Herbert Aaron Hauptman, nado o 14 de febreiro de 1917 en Nova York e finado en Buffalo o 23 de outubro de 2011, é un matemático americano galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1985.

    Traxectoría[editar | editar a fonte]

    Nacido en Nova York, foi o fillo maior de Israel Hauptman de e Leah Rosenfeld.

    Interesouse pola ciencia e as matemáticas desde mozo, e graduouse na Universidade de Nova York en 1937. En 1939 recibiu un máster na Universidade de Columbia.

    Máis tarde, colaborou con Jerome Karle no laboratorio de investigación naval de Washington, DC e ao mesmo tempo matriculouse para a carreira de filosofía na Universidade Johns Hopkins de Baltimore en Maryland, da cal recibirá o título en 1954.

    Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

    Hauptman e Karle abordaron o problema do desenvolvemento de métodos directos para a determinación de estruturas cristalinas, obtendo os espectros correspondentes de difracción electrónica mediante instrumentos prácticos da súa propia invención e utilizando para a súa interpretación métodos probabilísticos, tamén chamados métodos directos, así mesmo orixinais.

    En 1970 únese ao grupo de investigación da Fundación Médica da Universidade estatal de Nova York en Buffalo, na que traballa como biofísico e da cal é escolleito director en 1972. Durante eses anos expón diferentes teorías sobre bioloxía molecular e a dinámica química, que serán desenvolvidas máis a fondo durante as décadas posteriores.

    En 1985 foi galardoado, xunto ao seu colaborador Jerome Karle, co Premio Nobel de Química pola súa contribución no desenvolvemento de métodos directos para determinar estruturas cristalinas.

    Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

    Predecesor:
    Robert Bruce Merrifield
    Premio Nobel de Química
    Nobel prize medal.svg

    1985
    con
    Jerome Karle
    Sucesor:
    Dudley R. Herschbach,
    Yuan T. Lee
    e
    John Charles Polanyi