Walter Kohn

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Walter Kohn
Walter Kohn.
Datos persoais
Nacemento9 de marzo de 1923
LugarViena
Falecemento19 de abril de 2016
LugarSanta Bárbara
Causacancro de larinxe
NacionalidadeCanadá, Estados Unidos de América e Austria
Cónxuxe
  • Lois Kohn
  • Mara Schiff
  • Actividade
    Campo
  • Física
  • Alma máter
  • Universidade de Toronto
  • Universidade Harvard
  • Director de teseJulian Schwinger
    Contribucións e premios
    Coñecido por
  • Teoría funcional da densidade
  • PremiosUNESCO Niels Bohr Medal, Grand Officer of the Order of Honour for Services to the Republic of Austria, Premio Nobel de Química, Harvard Centennial Medal, Three Physicists Prize, Prêmio Oliver E. Buckley de Matéria Condensada, Medalha Feenberg, Medalla Nacional de Ciencia, honorary doctor of the University of Vienna, Condecoração Austríaca de Ciência e Arte, Honorary doctor of the Dresden University of Technology, honorary doctorate of the Weizmann Institute of Science, Prêmio Davisson–Germer, Foreign Member of the Royal Society, honorary doctor of Harvard University, honorary doctor of the Vienna Technical University e Bolsa de estudos Guggenheim
    editar datos en Wikidata ]

    Walter Kohn, nado o 9 de marzo de 1923 en Viena (Austria) e finado en Santa Barbara (California), o 19 de abril de 2016, foi un físico teórico austríaco nacionalizado estadounidense que foi premiado, xunto con John Pople, co Premio Nobel de Química en 1998.

    Traxectoria[editar | editar a fonte]

    Kohn graduouse en matemáticas e física pola Universidade de Toronto en 1945 e realizou unha especialidade en matemática aplicada tamén en Toronto, que terminou en 1946. Doutorouse en física pola Universidade Harvard en 1948, baixo a supervisión de Julian Schwinger. Foi profesor na Universidade Carnegie Mellon durante 1950-1960, onde realizou gran parte da súa investigación sobre física de semicondutores. Trasladouse máis tarde á recentemente fundada Universidade de California en San Diego en 1960, onde permaneceu ata 1979. Entón aceptou o cargo de primeiro director do Instituto Kavli de Física Teórica, Santa Bárbara. Tomou posesión do cargo de profesor da Universidade de California, Santa Bárbara en 1984, onde continuou dando clase como profesor emérito.

    En 1957 recibiu a cidadanía estadounidense, pasando a ter a dobre nacionalidade austríaca-estadounidense.

    Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

    Un cartel nun poste eléctrico na Universidade de California conmemora a entrega a Walter Kohn do Premio Nobel de Química en 1998.

    Durante a súa estancia na Universidade Carnegie Mellon realizou investigacións na física dos semicondutores, materia que posteriormente cambiou pola investigación das características electrónicas de diversos materiais. En particular, Kohn desempeñou un papel importante no desenvolvemento da teoría funcional da densidade, que posibilitou o incorporar os efectos da mecánica cuántica na densidade electrónica (en lugar de mediante a función de onda). Esta simplificación computacional foi moi frutífera e pasou a ser unha ferramenta esencial da electrónica de materiais, atómica e molecular.

    En 1998 foi galardoado coa metade do Premio Nobel de Química polo desenvolvemento da teoría funcional da densidade. A outra metade do premio recaeu en John Pople polo desenvolvemento de métodos teóricos mediante os cales podíanse investigar as propiedades das moléculas nos procesos químicos.

    En 1961 obtivo o Premio Buckley da American Pyhsical Society pola súa obra.

    Véxase tamén[editar | editar a fonte]

    Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

    Predecesor:
    Paul D. Boyer,
    John E. Walker
    e
    Jens Christian Skou
    Premio Nobel de Química

    1998
    con
    John Pople
    Sucesor:
    Ahmed H. Zewail