George Porter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
George Hornidge Porter
Nobel prize medal.svg
George Porter Nobel.jpg
Datos persoais
Nacemento 6 de decembro de 1920
Lugar Stainforth Reino Unido Reino Unido
Falecemento 31 de agosto de 2002
Lugar Canterbury Reino Unido Reino Unido
Residencia Reino Unido Reino Unido
Nacionalidade inglés
Cónxuxe
Actividade
Campo
Alma máter
Contribucións e premios
Coñecido por
  • reaccións químicas extremadamente rápidas
Premios

George Porter, Barón Porter de Luddenham, OM, FRS, nado o 6 de decembro de 1920 en Stainforth (Inglaterra) e finado o 31 de agosto de 2002 en Canterbury (Inglaterra), foi un químico e profesor de universidade inglés galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1967.

Biografía[editar | editar a fonte]

Naceu en Stainforth, condado de Yorkshire. Realizou os seus estudos de química na Universidade de Leeds onde se licenciou. Durante a Segunda Guerra Mundial alistouse na Mariña Real Británica como voluntario e ao terminar esta estivo axudando a Ronald George Wreyford Norrish da Universidade de Cambridge. Posteriormente traballa como profesor na Universitat de Shefield e como chanceler da Universidade de Leicester entre 1984 e 1995.

Membro da Royal Society de Londres, da que foi presidente entre 1985 e 1990. En 1972 recibe a Orde do Imperio Británico de mans da raíña Isabel II do Reino Unido, en 1989 foille concedida a Orde do mérito, en 2002 trasládase á súa residencia de Canterbury, situada no condado de Kent.

Investigación científica[editar | editar a fonte]

Inicia a súa carreira científica á beira de Ronald Norrish, realizando estudos sobre as reaccións químicas que se realizan a gran velocidade. Realizou traballos sobre as partículas de clorina e o equilibrio entre átomos e moléculas.

En 1967 foi galardoado co Premio Nobel de Química "polas súas investigacións sobre as reaccións químicas extremadamente rápidas, que son causadas por destrución do equilibrio debido a un curto impulso enerxético", premio que comparte co británico Ronald Norrish e o alemán Manfred Eigen.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Robert S. Mulliken
Premio Nobel de Química
Nobel prize medal.svg

1967
con Manfred Eigen
e Ronald George Wreyford Norrish
Sucesor:
Lars Onsager