Aaron Klug
Aaron Klug ![]() | |
---|---|
![]() | |
Datos persoais | |
Nacemento | 11 de agosto de 1926 (97 anos) |
Lugar | Zelvas ![]() |
Falecemento | 20 de novembro de 2018 |
Lugar | Cambridge |
Residencia | ![]() |
Nacionalidade | británico |
Relixión | xudía |
Actividade | |
Campo | |
Alma máter | |
Director de tese | Douglas Hartree |
Contribucións e premios | |
Coñecido por | |
Premios | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Aaron Klug, OM, FRS, nado o 11 de agosto de 1926 en Zelvas (Lituania) e finado o 20 de novembro de 2018[1], foi un químico e biofísico británico de orixe lituana galardoado co Premio Nobel de Química no ano 1982.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Aos dous anos a súa familia mudouse a Durban, Suráfrica, onde se graduó en química na Universidade de Witwatersrand en Johannesburgo, e estudou cristalografía na Universidade de Cidade do Cabo antes de irse a Inglaterra, completando o seu doutoramento en Trinity College, da Universidade de Cambridge en 1953, universidade da cal foi o director do laboratorio de Bioloxía Molecular entre 1986 e 1996.
Entre 1995 e 2000 presidiu a Royal Society.
Membro da Royal Society de Londres, foi o seu presidente entre os anos 1995 e 2000, tamén é membro da Academia de Ciencias Francesa. En 1988 foi nomeado sir e en 1995 foille concedida a Orde do Mérito por parte da raíña Isabel II do Reino Unido.
Investigacións científicas[editar | editar a fonte]
En Londres colaborou con Rosalind Franklin, descubridora da estrutura do ADN. Demostrou un grande interese polo estudo dos virus, e durante a súa estancia alí descubriu as estruturas dalgúns deles.
Nos anos 1960 interesouse polas técnicas para discernir a estrutura dos cristais para a súa aplicación en bioloxía[2].
Nos anos 1970, Klug usou os métodos de diagramas de difracción de raios X, que, combinados coa microscopía electrónica, permitiulle descifrar os complexos proteínicos do ácido nucleico, así como a obtención de imaxes tomadas en diferentes ángulos, e combinándoas logrou reconstrucións tridimensionales dalgunhas proteínas.
Distincións[editar | editar a fonte]
En 1982 foi galardoado co Premio Nobel de Química polo desenvolvemento de métodos cristalográficos para descifrar os complexos proteínicos dos ácidos nucleicos.
Ademais, Klug logrou a Medalla Copley en 1985.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Aaron Klug (1926 - 2018) - MRC Laboratory of Molecular Biology". MRC Laboratory of Molecular Biology (en inglés). 2018-11-21. Consultado o 2018-12-02.
- ↑ "Aaron Klug, 92, Dies; His 3-D Images of Bodily Molecules Won a Nobel" (en inglés). Consultado o 2018-12-02.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1982 (en inglés)
- Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 1982 (en inglés)
- Aaron Klug en Biografías y vidas(en castelán)
- Perfil de Aaron Klug en NNDB (en inglés)
Predecesor: Roald Hoffmann, Kenichi Fukui |
Premio Nobel de Química![]() 1982 |
Sucesor: Henry Taube |
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aaron Klug |