Química

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Químico")
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Diversas disolucións de reactivos químicos emitindo fluorescencia ante a radiación de luz negra.

A química é a ciencia que estuda a constitución, a estrutura, as propiedades da materia así como as transformacións desta mediante reaccións químicas e a relación enerxética no proceso[1]. En palabras do propio Linus Pauling: “a química é a ciencia que estuda as substancias, a súa estrutura (tipos e formas de colocación dos átomos), as súas propiedades e as reaccións que as transforman en outras susbtancias"[2]. En contraposición á física,o estudo fundamental desta son as transformacións que sofre a materia.

A orixe da palabra provén do termo do latín medieval chimia, a partir do árabe al-kimia 'pedra filosofal'[3] , mais este é un tema controvertido dada a multiplicidade de palabras atopadas en diversas linguas antigas con significados moi diversos pero dalgún modo relacionados coa alquimia. A maioría dos historiadores aceptan que foron os exipcios os primeiros químicos[4].

A química moderna naceu a partir da alquimia, unha práctica protocientífica de carácter filosófico, que combinaba coñecementos de diversos campos do saber como a bioloxía, a química, a metalurxia e a arte. Esta fase protocientífica remata a mediados do século XVIII con Robert Boyle e o eu traballo "The Sceptical Chymist", no cal elimina a primeira sílaba de alquimia e cuestiona a existencia de catro elementos e aboga por levala á categoría de ciencia[5].

As distintas ramas da química son establecidas en función do tipo de compostos ou tipo de estudo levado a cabo. Entre estas atópanse: a química inorgánica, encargada do estudo da materia inorgánica; a química orgánica, encargada do estudo da materia orgánica; a química física, encargada do estudo enerxético e estrutural de sistemas químicos dende escala macroscópica ata atómica; e a química analítica, baseada no estudo da materia mediante análises químicos[6].

Introdución[editar | editar a fonte]

A ubicuidade da química nas ciencias naturais fai desta que sexa considerada dentro das ciencias básicas. A química é de gran importancia en moitos campos do saber, como na ciencia de materiais, na bioloxía, na farmacoloxía, na medicina e na enxeñería, entre outros.

Os procesos naturais estudados pola química concernen a partículas fundamentais (electrónsprotóns e neutróns), partículas compostas (núcleos atómicos, átomos e moléculas) ou estruturas microscópicas como cristais.

Dende un punto de vista microscópico das partículas involucradas nas reaccións, pódese considerar un sistema pechado o cal intercambia enerxía co medio. No caso de reaccións exotérmicas, liberarán enerxía cedéndolla ó medio en forma de calor; mentres tanto, nun proceso endotérmico, ocorre o inverso, o medio de reacción (o sistema pechado) capta enerxía do medio para poder reaccionar. Entón, pódese estender o concepto de reacción química, engadindo deste xeito o concepto de enerxía (calor) como produto ou reactivo.

Aínda que a división da química está comprendida en múltiples ramas, pódese facer a seguinte división segundo a IUPAC[7]:

Máis tradicionalmente pódese facer unha división máis simple:

  • Química analítica: É o estudo de mostras de material para coñecer a súa composición química e a súa estrutura.

A importancia dos sistemas biolóxicos, fai que actualmente todas as ramas teñan unha gran presenza en estudos de natureza bioquímica.

Áreas de estudo relacionadas coa química e algunhas das súas subdivisións[editar | editar a fonte]

Un dos procedementos frecuentes na electroquímica é a electrólise.

Literatura química[editar | editar a fonte]

Alén dos libros didácticos ou específicos sobre temas de Química no mundo, publícanse diariamente moreas de artigos técnicos e científicos. Hai millares de xornais e revistas periódicas de Química. A principal fonte de referencia para unha investigación bibliográfica sobre os asuntos tratados na área química é o Chemical Abstracts, publicado pola American Chemical Society, o cal contén resumos dos principais artigos publicados mundialmente.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Definición da palabra químico". academia.gal. Consultado o 2017-11-20. 
  2. "Boletín CIENTEC, novembro de 2014". CIENTEC. Consultado o 21/11/2017. 
  3. Portal das Palabras. "Química". Consultado o 19/9/2015. 
  4. Fourcroy, A. (1782). Lecons elementaires d’history naturaelle et de chemie. Paris.
  5. "El nacimiento de la química moderna". Universidad de Navarra. Consultado o 21/11/2017. 
  6. "Departamentos". Facultade de Química USC. Consultado o 21/11/2017. 
  7. "Divisions". IUPAC. International Union of Pure and Applied Chemistry. Consultado o 21/11/2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]