Saltar ao contido

Yuan T. Lee

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaYuan T. Lee

(2008) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento19 de novembro de 1936 Editar o valor en Wikidata (88 anos)
Shinchiku City, Taiwan sob domínio japonês (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Senior advisor (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade Nacional de Taiwán
Universidade de California, Berkeley
National Hsinchu Senior High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Director de teseBruce H. Mahan (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoQuímica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónquímico, profesor universitario, gañador do Premio Nobel Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Harvard
Universidade de Chicago
Universidade de California, Berkeley
Instituto Tecnolóxico de California Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
DoutorandoPaul Weiss (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiLee Tze-Fan Editar o valor en Wikidata
IrmánsYuan-Chuan Lee
Yuan-Pern Lee
Li Jimei Editar o valor en Wikidata
Premios

WikiTree: Lee-47564

Yuan Tseh Lee (en mandarín: 李遠哲; en pinyin:Lǐ Yuǎnzhé), nado o 19 de novembro de 1936 en Hsinchu Taiwán (Imperio do Xapón), é un químico e profesor universitario taiwanés galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1986.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu na cidade de Hsinchu, situada ao noroeste da illa de Taiwán (naquel tempo baixo o poder do imperio xaponés). Estudou química na Universidade Nacional de Taiwán, onde se graduou en 1959, e posteriormente ampliou os seus estudos realizando o doutoramento na Universidade de California en Berkeley nos Estados Unidos en 1965.

En 1974 foi nomeado profesor de química na Universidade de Berkeley, o mesmo ano en que conseguiu a nacionalidade estadounidense.

Investigacións científicas

[editar | editar a fonte]

En febreiro de 1967 iniciou a súa colaboración con Dudley R. Herschbach na Universidade Harvard no estudo das reaccións químicas entre os átomos de hidróxeno e as moléculas alcalinas diatómicas.

En 1986 foi galardoado, xunto co seu colaborador Herschbach e o químico canadense John Charles Polanyi, co Premio Nobel de Química polo desenvolvemento da dinámica de procesos químicos elementais.

Vida política

[editar | editar a fonte]

Desde o 15 de xaneiro de 1994 é presidente da Academia Sínica, principal complexo de investigación científica e humanística da República da China, polo que tivo que renunciar á súa cidadanía estadounidense.

Yuan T. Lee deu apoio ao candidato Chen Shui-bian en 2000, durante as eleccións presidenciais daquel ano. A vitoria de Chen sobre James Soong promoveu que o primeiro escollese a Lee como Primeiro Ministro, aínda que Lee declinou a súa oferta para continuar á fronte da Academia Sínica.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Herbert A. Hauptman
e
Jerome Karle
Premio Nobel de Química

1986
con
Dudley R. Herschbach
e
John Charles Polanyi
Sucesor:
Donald James Cram,
Jean-Marie Lehn
e
Charles J. Pedersen