Yves Chauvin
Yves Chauvin | |
---|---|
![]() Non dispoñemos de imaxe | |
Datos persoais | |
Nome completo | Yves René Richard Marie Chauvin |
Nacemento | 10 de outubro de 1930 |
Lugar | Menen ![]() |
Falecemento | 28 de xaneiro de 2015 (84 anos) |
Lugar | Tours |
Nacionalidade | francesa |
Actividade | |
Campo | |
Alma máter | |
Contribucións e premios | |
Coñecido por | |
Premios | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Yves Chauvin, nado Menen, Bélxica, o 10 de outubro de 1930 e finado o 28 de xaneiro de 2015, foi un químico galardoado co Premio Nobel de Química do ano 2005.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
De cativo trasladouse cos seus pais, de nacionalidade francesa, á cidade de Tours. Estudou química na Escola Superior de Química, Física e Electrónica de Lión, onde se gradou en 1954. En 1960 uniuse ao Instituto Francés do Petróleo como enxeñeiro investigador en termodinámica e cinética aplicada. Conduciu a unidade de catálise homoxénea antes de converterse en director da investigación.
En 2006 Chauvin ostentaba o cargo de director honorario de investigacións no Instituto Francés do Petróleo en Ruel-Malmaison, preto de París, onde por outra banda é membro da Academia de Ciencias Francesa.
Investigacións científicas[editar | editar a fonte]
Autor de moitas publicacións no campo da síntese orgánica, especialmente en metátese, a oligomerización e a polimerización, partillou no 2005 o Premio Nobel de Química con Richard R. Schrock e Robert H. Grubbs polo seu traballo a principios dos anos 1970 sobre o desenvolvemento do método de metátese olefínica en síntese orgánica sobre os alquenos.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 2005 (en inglés)
- Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 2005 (en inglés)
- Perfil de Yves Chauvin en NNDB (en inglés)
- Detalles sobre o Premio Nobel obtido (en inglés)
- Información xeral sobre o Premio Nobel do ano 2005 (en inglés)
- Fotografía oficial de Yves Chauvin (en inglés)
Predecesor: Aaron Ciechanover, Avram Hershko e Irwin Rose |
Premio Nobel de Química![]() 2005 con Robert H. Grubbs, Richard R. Schrock |
Sucesor: Roger D. Kornberg |