Saltar ao contido

Niki Lauda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaNiki Lauda

(1982) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Andreas Nikolaus Lauda Editar o valor en Wikidata
22 de febreiro de 1949 Editar o valor en Wikidata
Viena, Austria Editar o valor en Wikidata
Morte20 de maio de 2019 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Zürich, Suíza Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte natural Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaHeiligenstädter Friedhof (en) Traducir, Teil A, Gruppe M, Nummer 17 Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoCarro de Fórmula 1 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpiloto de Fórmula Un, emprendedor, aviador, director deportivo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorLauda Air (pt) Traducir
Mercedes Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaAustria Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo Vehículo empregado
1971-1972March Engineering(March 711 (en) Traducir, March 721 (en) Traducir)
1973-1974British Racing Motors(BRM P160 (pt) Traducir)
1974-1977Scuderia Ferrari(Ferrari 312B3 (en) Traducir, Ferrari 312T, Ferrari 312 T2 (en) Traducir)
1978-1979Brabham(Brabham BT45, Brabham BT46 (pt) Traducir, Brabham BT48 (pt) Traducir, Brabham BT49 (pt) Traducir)
1982-1985McLaren(McLaren MP4/1 (pt) Traducir, McLaren MP4/2 (pt) Traducir) Editar o valor en Wikidata
Participou en
8 de xullo de 1984Gran Premio de Dallas de 1984 Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMarlene Knaus
Birgit Wetzinger Editar o valor en Wikidata
FillosLukas Lauda
 () Marlene Knaus
Mathias Lauda
 () Marlene Knaus
Christoph Lauda
 ()
Mia Lauda
 () Birgit Wetzinger
Max Lauda
 () Birgit Wetzinger Editar o valor en Wikidata
PaisErnst-Peter Lauda Editar o valor en Wikidata  e Elisabeth Lauda Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
1 de agosto de 1976queimaduracabeza
Causado por: accidente de coche Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0484399 Rottentomatoes: celebrity/niki_lauda Allmovie: p143852 Metacritic: person/niki-lauda
BNE: XX975916 Discogs: 3540187 WikiTree: Lauda-4 Find a Grave: 199306395 Editar o valor en Wikidata

Andreas Nikolaus "Niki" Lauda, nado en Viena, Austria, o 22 de febreiro de 1949 e finado na mesma cidade o 20 de maio de 2019,[1] foi un piloto austríaco de Fórmula 1 de orixe galega,[2] tres veces Campión do Mundo de F1. Posteriormente, empresario de aviación, que fundou e dirixiu dúas liñas aéreas e foi xerente do equipo de carreiras Jaguar de Fórmula 1 durante dous anos.

Os primeiros anos nas carreiras

[editar | editar a fonte]

Nado en Viena, Austria, nunha familia rica. Aínda que se di que o seu avó paterno era Juan Lauda Crespo, orixinario de Galicia,[3][4][5][6] segundo fontes austríacas o seu avó paterno foi o empresario vienés Hans Lauda.[7][8] Lauda converteuse en piloto de carreiras a pesar da desaprobación da súa familia. Logo de comezar cun Mini, Lauda pasou á Fórmula Vee, comezou a correr na Fórmula 1 co equipo March en 1971. Tivo ao principio pouco éxito, tanto no equipo March como no BRM, ao que se incorporou en 1973, pero deu o seu gran salto deportivo cando o seu compañeiro de equipo en BRM, Clay Regazzoni, volveu ao equipo Ferrari na tempada 1974. O lendario propietario do equipo, Enzo Ferrari, requiriu a opinión de Regazzoni sobre o condutor austríaco, e ao recibir boas refencias inmediatamente fichouno.

Ferrari 1974-1977

[editar | editar a fonte]

Logo dun mal comezo na década de 1970 que culminaron nun desastroso comezo da tempada 1973, Ferrari rexurdiu da man de Luca di Montezemolo en 1974. A fe do equipo nun descoñecido Láuda foi recompensada rapidamente por un segundo posto na súa carreira de debut co equipo, o Gran Premio da Arxentina. A súa primeira vitoria nun Grand Prix e a primeira para Ferrari desde 1972, conseguiuna só tres carreiras máis tarde en España. A pesar de que foi Lauda quen marcou a pauta da tempada, logrando seis 'pole position' consecutivas, unha mestura de inexperiencia e falta de fiabilidade mecánica significaron que Lauda gañara só unha carreira máis ese ano, o Gran Premio dos Países Baixos de 1974. Terminou cuarto no campionato de pilotos e demostrou un empeño extraordinario para probar e mellorar o coche.

A tempada de 1975 comezou lentamente para Lauda, acadando só un quinto lugar nas primeiras catro carreiras, logo gañou catro das cinco carreiras no novo Ferrari 312T. Confirmando o seu primeiro Campionato Mundial cunha quinta vitoria na última carreira do ano, o GP dos Estados Unidos. Tamén se converteu no primeiro e único piloto en facer o circuíto de Nürburgring en menos de 7 minutos, o que se considerou unha gran fazaña xa que era 2 millas máis longo do que é hoxe en día.

A diferenza de 1975, Lauda dominou o inicio da tempada 1976, gañando catro das seis primeiras carreiras e terminou segundo nas outras dúas. No momento do seu quinto triunfo do ano no GP do Reino Unido, tiña máis do dobre de puntos que os seus máis próximos rivais Jody Scheckter e James Hunt, e un segundo título mundial consecutivo parecía unha formalidade. Sería unha fazaña non lograda desde que Jack Brabham lograra os campionatos de 1959 e 1960. Tamén parecía que ía gañar a maioría das carreiras nunha tempada, unha marca en poder de Jim Clark desde 1963.

Niki Lauda nas practicas en Nürburgring no Gran Premio de Alemaña de 1976

Unha semana antes do Gran Premio de Alemaña de 1976 no temible circuíto de Nürburgring, (a pesar de que el era o piloto máis rápido no circuíto nese momento) Lauda tratou de boicotear o circuíto, en gran parte debido a problemas de seguridade. A maioría dos outros pilotos votaron en contra e a carreira seguiu adiante. Na segunda volta nunha curva a esquerda moi rápida antes de Bergwerk, o Ferrari de Lauda saíuse da pista, sospéitase que debido a unha avaría na suspensión traseira, golpeou un terraplén e arroiou o coche de Brett Lunger un Surtees- Ford. O Ferrari de Lauda estalou en chamas, a diferenza de Lunger, que quedou atrapado entre os cascallos. Os pilotos Arturo Merzario, Brett Lunger, Guy Edwards e Harald Ertl chegaron ao lugar poucos despois, pero antes de que fosen capaces de sacar a Lauda do seu coche, este sufriu queimaduras graves na cabeza e inhálou gases tóxicos quentes que danaron os seus pulmóns e o sangue. A pesar de que Lauda estaba consciente e foi capaz de saír a pé inmediatamente despois do accidente, máis tarde entrou en coma.

Lauda sufriu grandes cicatrices das queimaduras, que se converteron, posiblemente, no seu atributo máis famoso aos ollos da opinión pública. Só fixo unha cirurxía reconstructiva suficiente para conseguir que as súas pálpebras funcionasen correctamente, pero nunca sentiu a necesidade de facer nada máis. A orella dereita case desapareceu. Desde o accidente levou sempre unha gorra para cubrir as cicatrices na súa cabeza. Utilizou sempre a gorra para a publicidade dos patrocinadores.

Con Láuda fora da competición, Ferrari boicoteou o Gran Premio austríaco en protesta polo que consideraban un trato preferente para o piloto de McLaren James Hunt nos GP español e británico. Pensouse incluso en Carlos Reutemann, como un posible substituto.

Lauda volveu ás carreiras só seis semanas (dúas carreiras) máis tarde, terminando cuarto no GP de Italia. En ausencia de Lauda, Hunt reduciu a súa desvantaxe na clasificación do Campionato do Mundo. Logo das vitorias no Canadá e Estados Unidos, Hunt púxose a só tres puntos por detrás de Lauda antes da última carreira da tempada, o GP do Xapón.

Lauda cualificou en terceiro lugar, detrás de Hunt, pero no día da carreira houbo choivas torrenciais e Lauda retirouse logo de dúas voltas, indicando que el creu que era perigoso seguir nesas condicións. Hunt liderou a carreira durante a maior parte do gran premio, ata que unha picada fíxolle perder posicións. Conseguiu remontar, ata a terceira posición, o que lle valeu o título mundial por un só punto. A pesar disto, Lauda é visto como un dos máis valentes exemplos no automobilismo.

Así a todo a relación de Lauda con Ferrari viuse gravemente afectada pola súa decisión de retirarse da carreira, e tivo que soportar unha difícil tempada de 1977, a pesar de vencer comodamente o campionato mundial grazas á súa regularidade. Logo de anunciar a súa decisión de abandonar Ferrari a final da tempada, Lauda anticipou dito abandono ante a decisión de Ferrari de incorporar a un terceiro coche ao entón descoñecido Gilles Villeneuve no Gran Premio do Canadá de 1977.

Brabham, retirada, regreso con McLaren e segunda retirada

[editar | editar a fonte]
Cinco anos logo do seu primeiro retiro, Lauda gañou o seu terceiro título da condución dun McLaren MP4 / 2 .

En 1978 fichou por Brabham por un salario de 1 millón de dólares, Lauda disputou dúas tempadas sen éxito, en boa medida debido ao radical deseño do coche, cunha aerodinámica asistida por turbinas. Tras a súa única vitoria, o coche foi inmediatamente descualificado. No Gran Premio do Canadá, Lauda informou ao propietario da escuadra, Bernie Ecclestone, do seu desexo de retirarse inmediatamente, pois non desexaba "seguir conducindo en círculos". Lauda, que fundara unha compañía de voos charter, regresou a Austria para dirixir a compañía a tempo completo.

Necesitaba diñeiro para o seu novo negocio, e en 1982 Lauda volveu á competición, sentindo que aínda tiña moito que dicir na Fórmula 1. Logo dunha exitosa proba con McLaren, o único problema foi convencer ao patrocinador do equipo Marlboro de que aínda era capaz de gañar. Lauda demostrou que aínda era moi capaz cando, na terceira carreira, gañou o Gran premio do oeste dos Estados Unidos de 1982. Lauda gañou o terceiro campionato mundial en 1984 por medio punto sobre o seu compañeiro Alain Prost.

1985 foi unha mala tempada para Lauda, con trece abandonos en dezaseis carreiras. quedou cuarto no Gran Premio de San Marino de 1985, quinto no Gran Premio de Alemaña de 1985, e obtivo unha única vitoria no Gran Premio dos Países Baixos de 1985. Esta resultou ser a súa derradeira vitoria nun Gran Premio. Retirouse para sempre ao final da tempada.

A vida logo da Fórmula 1

[editar | editar a fonte]

Logo da súa segunda retirada da Fórmula 1 en 1985, Lauda volveu á executiva da súa aerolínea, Lauda Air. Tamén foi nomeado asesor de Ferrari como parte dun esforzo de Montezemolo para rexuvenecer o equipo. En 1999 tras a venda da compañía ao socio maioritario Austrian Airlines, dirixiu o equipo Jaguar de Fórmula 1 en 2001-2002 . A finais de 2003, fundou unha nova aerolínea, Niki. Lauda ten licenza de piloto comercial e de cando en vez actúa como capitán nos voos da súa aerolínea.

Foi incluído no International Motorsports Hall of Fame en 1993 e desde 1996 e comentarista de Fórmula 1 para a televisión austríaca e alemá de RTL. Foi, con todo, foi criticado duramente por chamar a Robert Kubica "polaco" en directo en maio de 2010 no Gran Premio de Mónaco.

Niki Lauda escribiu cinco libros.

A Lauda coñéceselle polo nick "a rata" ou "SuperRat" debido ao seu prominente aliñamento dos dentes.

Lauda tivo dous fillos coa súa primeira esposa, Marlene: Mathias, tamén piloto de carreiras, e Lukas, preparador do seu irmán. A parella divorciouse en 1991. Tamén ten un fillo fóra do matrimonio, Christoph. En 2008 casou con Birgit, que era 30 anos máis nova ca el e foi azafata da súa aeroliña. Ela tamén doaralle un ril a Lauda cando o ril que recibira do seu irmán anos antes fora rexeitado polo seu corpo. En setembro de 2009 Birgit deu a luz a xemelgos, un neno e unha nena.

Daniel Brühl, Niki Lauda e Peter Morgan na estrea de Rush en Viena, Austria

A batalla de 1976 na F1 entre Niki Lauda e James Hunt foi dramatizada na película de 2013 Rush, onde Lauda foi interpretado por Daniel Brühl. O propio Lauda fixo un cameo ao final da película. Neste punto Lauda dixo sobre a morte de Hunt, "Cando me comunicaron que morrera aos 45 anos dun ataque ao corazón non me sorprendeu, estaba triste." Tamén dixo que Hunt era un do seu pequeno número de amigos, unha das poucas persoas que respectaba e o único home ao que envexara.

Resultados completos na Fórmula 1

[editar | editar a fonte]

Carreiras en letra grosa indican pole position, carreiras en italicas indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 Pos. Pts.
1971 STP March Racing Team March 711 Ford Cosworth DFV V8 RSA ESP MON HOL FRA RU ALE AUT
Ret
ITA CAN USA NC 0
1972 STP March Racing Team March 721 Ford Cosworth DFV V8 ARX
11
RSA
7
NC 0
March 721X Ford Cosworth DFV V8 ESP
Ret
MON
16
BEL
12
March 721G Ford Cosworth DFV V8 FRA
Ret
RU
9
ALE
Ret
AUT
10
ITA
13
CAN
DSC
USA
NC
1973 Marlboro-BRM BRM P160C BRM V12 ARX
Ret
BRA
8
18º 2
BRM P160D BRM V12 RSA
Ret
BRM P160E BRM V12 ESP
Ret
BEL
5
MON
Ret
SUE
13
FRA
9
RU
12
HOL
Ret
ALE
Ret
AUT
NTS
ITA
Ret
CAN
Ret
USA
Ret
1974 Scuderia Ferrari SpA Ferrari 312B3 Ferrari flat-12 ARX
2
BRA
Ret
RSA
16
ESP
1
BEL
2
MON
Ret
SUE
Ret
HOL
1
FRA
2
RU
5
ALE
Ret
AUT
Ret
ITA
Ret
CAN
Ret
USA
Ret
38
1975 Scuderia Ferrari SpA Ferrari 312B3 Ferrari flat-12 ARX
6
BRA
5
64´5
Ferrari 312T Ferrari 12 en liña RSA
5
ESP
Ret
MON
1
BEL
1
SUE
1
HOL
2
FRA
1
RU
8
ALE
3
AUT
6
ITA
3
USA
1
1976 Scuderia Ferrari SpA Ferrari 312T Ferrari flat-12 BRA
1
RSA
1
USW
2
68
Ferrari 312T2 Ferrari flat-12 ESP
2
BEL
1
MON
1
SUE
3
FRA
Ret
RU
1
ALE
Ret
AUT
HOL
ITA
4
CAN
8
USA
3
XPN
Ret
1977 Scuderia Ferrari SpA Ferrari 312T2 Ferrari L12 ARX
Ret
BRA
3
RSA
1
USW
2
ESP
NTS
MON
2
BEL
2
SUE
Ret
FRA
5
RU
2
ALE
1
AUT
2
HOL
1
ITA
2
USA
4
CAN XPN 72
1978 Parmalat Racing Team Brabham BT45C Alfa Romeo flat-12 ARX
2
BRA
3
44
Brabham BT46 Alfa Romeo flat-12 RSA
Ret
USW
Ret
MON
2
BEL
Ret
ESP
Ret
FRA
Ret
RU
2
ALE
Ret
AUT
Ret
HOL
3
ITA
1
USA
Ret
CAN
Ret
Brabham BT46B Alfa Romeo flat-12 SUE
1
1979 Parmalat Racing Team Brabham BT48 Alfa Romeo V12 ARX
Ret
BRA
Ret
RSA
6
USW
Ret
ESP
Ret
BEL
Ret
MON
Ret
FRA
Ret
RU
Ret
ALE
Ret
AUT
Ret
HOL
Ret
ITA
4
14º 4
Brabham BT49 Ford Cosworth DFV V8 CAN
DNP
USA
1982 Marlboro McLaren International McLaren MP4B Ford Cosworth DFV V8 RSA
4
BRA
Ret
USW
1
SMR
BEL
DSC
MON
Ret
DET
Ret
CAN
Ret
HOL
4
RU
1
FRA
8
ALE
NTS
AUT
5
SUI
3
ITA
Ret
CPL
Ret
30
1983 Marlboro McLaren International McLaren MP4/1C Ford Cosworth DFV V8 BRA
3
USW
2
FRA
Ret
SMR
Ret
MON
NSC
BEL
Ret
DET
Ret
CAN
Ret
RU
6
ALE
DSC
AUT
6
10º 12
McLaren MP4/1E TAG V6t HOL
Ret
ITA
Ret
EUR
Ret
RSA
11
1984 Marlboro McLaren International McLaren MP4/2 TAG V6t BRA
Ret
RSA
1
BEL
Ret
SMR
Ret
FRA
1
MON
Ret
CAN
2
DET
Ret
DAL
Ret
RU
1
ALE
2
AUT
1
HOL
2
ITA
1
EUR
4
POR
2
72
1985 Marlboro McLaren International McLaren MP4/2B TAG V6t BRA
Ret
POR
Ret
SMR
4
MON
Ret
CAN
Ret
DET
Ret
FRA
Ret
RU
Ret
ALE
5
AUT
Ret
HOL
1
ITA
Ret
BEL
DNS
EUR
RSA
Ret
AUS
Ret
10º 14
  1. "Morreu Niki Lauda, tricampeão de Fórmula 1". www.dn.pt. Consultado o 21 de maio de 2019. 
  2. "Morre o expiloto de Formula 1 Niki Lauda, aos setenta anos". La Voz de Galicia. 21-05-2019. Arquivado dende o orixinal o 12-09-2019. Consultado o 21-05-2019. 
  3. José Fernandez Ferreiro (20 de xullo de 1976). "El campesino gallego Sixto Lauda Crespo es tío abuelo del campeón de Fórmula 1 Niki Lauda". ABC (en castelán). 
  4. Romero, Santiago. "Una Saga Única en Galicia". www.laopinioncoruna.es (en castelán). Consultado o 23 de setembro de 2009. 
  5. "Niki Lauda podrá ser gallego de Loña do Monte si así lo quiere". www.lavozdegalicia.es (en castelán). 21 de outubro de 2007. 
  6. "Niki cumple 60 años con status de leyenda". www.sport.es (en castelán). 23 de febreiro de 2009. 
  7. "Lauda, Hans". www.aeiou.at (en alemán). Consultado o 16 de maio de 2010. 
  8. "Sportreport.at – Hall of Fame – die Besten der Besten". www.die-namenlosen.at (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2011. Consultado o 16 de maio de 2010. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Lauda, Niki; Völker, Herbert (1987). To Hell And Back: An Autobiography. Corgi. ISBN 0552992941. 

Predecesor:
Emerson Fittipaldi
Campión da Fórmula 1
1975
Sucesor:
James Hunt
Predecesor:
James Hunt
Campión da Fórmula 1
1977
Sucesor:
Mario Andretti
Predecesor:
Nelson Piquet
Campión da Fórmula 1
1984
Sucesor:
Alain Prost