Gran Premio do Reino Unido de 1971
| Nome oficial | XXIV The Woolmark British Grand Prix |
|---|---|
| Nome na lingua orixinal | (en) RAC Woolmark British Grand Prix |
| Tipo | Gran Premio do Reino Unido |
| Deporte | automobilismo |
| Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1971 |
| Distancia do evento | 68 |
| Localización e Datas | |
| Localización |
Silverstone (Oeste de Northamptonshire (pt) Circuíto de Silverstone (Silverstone) |
| País | Reino Unido |
| Data | 17 de xullo de 1971 |
| Competición | |
| Primeiro posto | Jackie Stewart |
| Pole position | Clay Regazzoni |
| Volta máis rápida | Jackie Stewart |
O Gran Premio do Reino Unido de 1971 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 17 de xullo de 1971 no circuíto de Silverstone, Northamptonshire e Buckinghamshire, Inglaterra. Foi a sexta carreira do Campionato do Mundo da tempada de 1971.
Informe da carreira
[editar | editar a fonte]Nun dos circuítos máis rápidos do calendario, no que a potencia era fundamental, Clay Regazzoni, pilotando un Ferrari, gañou a pole cunha rapidísima volta de 1 min 18´1 segundos, superando a Jackie Stewart co Tyrrell e Jo Siffert co BRM por só un par de centésimas de segundo. BRM estaba de loito pola perda de Pedro Rodríguez nunha carreira uns días antes.
A saída en si foi un caos, unha baixada de bandeira errada causou unha colisión entre Jackie Oliver e Graham Hill, pola que Oliver foi multado con 50 libras. Regazzoni lideraba seguido de Jacky Ickx e Stewart, pero logo de só unha volta Stewart pasou a Ickx, con Siffert seguíndoo. Na volta 4, Stewart pasou a Regazzoni e desapareceu na distancia. Na volta 10 tiña máis de 3 segundos de vantaxe. Nas posicións de puntos, Emerson Fittipaldi, Ronnie Peterson e Tim Schenken estaban tendo unha pelexa memorable. Regazzoni volveu a pasar a Siffert que sufría de problemas de vibracións na volta 15, pero o piloto de BRM logrou aferrarse á parte traseira do Ferrari durante varias voltas. Stewart aumentou a súa vantaxe a 14 segundos e na volta 20 incrementouna a 18 segundos. Ickx deixou a cuarta posición cando lle rebentou o seu pneumático dianteiro esquerdo, e Siffert perdeu posicións cun soporte de bobina roto. A batalla entre Peterson, Schenken e Fittipaldi era polos lugares terceiro, cuarto e quinto.
Na volta 48, Regazzoni tivo problemas cos pneumáticos aos que sumáronse outros problemas cando tratou de saír dos pits logo do seu cambio de pneumáticos xa que o seu motor non tiña presión de aceite. Schenken tamén perdeu posicións con problemas no cambio e retirouse por completo cando se atascou a 4 voltas do final.
Henri Pescarolo e Rolf Stommelen loitaron pola cuarta e quinta praza, ata a mesma liña de meta, Pescarolo gañou por tan só 0´5 segundos. John Surtees quedou no sexto lugar.
Stewart logrou unha vitoria impoñente e ampliou a súa vantaxe no campionato a 23 puntos.
Clasificación
[editar | editar a fonte]| Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | 12 | Tyrrell-Ford | 68 | 1:31:31.5 | 2 | 9 | |
| 2 | 18 | March-Ford | 68 | + 36.1 | 5 | 6 | |
| 3 | 1 | Lotus-Ford | 68 | + 50.5 | 4 | 4 | |
| 4 | 26 | March-Ford | 67 | + 1 volta | 17 | 3 | |
| 5 | 24 | Surtees-Ford | 67 | + 1 volta | 12 | 2 | |
| 6 | 23 | Surtees-Ford | 67 | + 1 volta | 18 | 1 | |
| 7 | 22 | Matra | 66 | + 2 voltas | 15 | ||
| 8 | 17 | BRM | 66 | + 2 voltas | 11 | ||
| 9 | 16 | BRM | 66 | + 2 voltas | 3 | ||
| 10 | 14 | Tyrrell-Ford | 65 | + 3 voltas | 10 | ||
| 11 | 20 | March-Ford | 65 | + 3 voltas | 21 | ||
| 12 | 8 | Brabham-Ford | 63 | Caixa de cambios | 7 | ||
| NC | 3 | Lotus-Pratt & Whitney | 57 | Non clasificado | 19 | ||
| NC | 19 | March-Alfa Romeo | 56 | Non clasificado | 24 | ||
| Ret | 10 | McLaren-Ford | 53 | Motor | 14 | ||
| Ret | 4 | Ferrari | 51 | Motor | 6 | ||
| Ret | 5 | Ferrari | 48 | Presión aceite | 1 | ||
| Ret | 21 | Matra | 35 | Motor | 9 | ||
| Ret | 9 | McLaren-Ford | 32 | Motor | 8 | ||
| Ret | 25 | Surtees-Ford | 23 | Suspensión | 23 | ||
| Ret | 6 | March-Ford | 21 | Presión aceite | 20 | ||
| Ret | 2 | Lotus-Ford | 1 | Motor | 13 | ||
| Ret | 7 | Brabham-Ford | 0 | Accidente | 22 | ||
| Ret | 11 | McLaren-Ford | 0 | Accidente | 16 |
Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "The Official Formula 1 website". Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2013. Consultado o 2008-01-19.
| Carreira anterior: Gran Premio de Francia de 1971 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1971 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Alemaña de 1971 |
| Carreira anterior: Gran Premio do Reino Unido de 1970 |
Gran Premio do Reino Unido | Carreira seguinte: Gran Premio do Reino Unido de 1972 |