Saltar ao contido

Gran Premio de Suecia de 1978

Modelo:Competición deportivaGran Premio de Suecia de 1978
Nome oficialIX Swedish Grand Prix Editar o valor en Wikidata
TipoGran Premio de Suecia Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Parte deCampionato Mundial de Fórmula 1 de 1978 Editar o valor en Wikidata
Distancia do evento70 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónScandinavian Raceway (Gislaved (municipio)) 57°15′51″N 13°36′05″L / 57.264166666667, 13.601388888889 Editar o valor en Wikidata
PaísSuecia Editar o valor en Wikidata
Data17 de xuño de 1978 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoNiki Lauda Editar o valor en Wikidata
Pole positionMario Andretti Editar o valor en Wikidata
Volta máis rápidaNiki Lauda Editar o valor en Wikidata

Brabham BT46B 'Fancar'

O Gran Premio de Suecia de 1978 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 17 de xuño de 1978 no Scandinavian Raceway en Anderstorp, Suecia. Foi a oitava carreira do Campionato do Mundo de pilotos de 1978. A carreira disputouse sobre 70 voltas ao circuíto de catro quilómetros para unha distancia total de carreira de 282 quilómetros.

Resumo da carreira

[editar | editar a fonte]

Gordon Murray coa súa intelixente estratexia foi o responsable da vitoria de Brabham, que estaba tratando de eclipsar a invención do efecto solo no Lotus 79 de Colin Chapman, o coche co faldrón varrera a primeira fila desde o seu debut en Zolder. O centro do novo concepto do Brabham BT46B era un gran ventilador que atraía aire a través do radiador de auga do motor, e se montaba horizontalmente sobre o motor. O ventilador tamén facía o efecto solo a un nivel superior, aspirando aire desde debaixo do coche, creando un baleiro parcial e a creando unha enorme cantidade de downforce. O coche parecía contravir unha norma que establecía que os dispositivos aerodinámicos móbiles non estaban permitidos, pero Brabham argumentou que as regras foran redactadas para prohibir dispositivos cunha función aerodinámica. Pero o ventilador arrefriaba o motor, e Brabham afirmou que isto, e non a aerodinámica, era a súa función principal.

A súa legalidade pronto foi protestada, pero permitíuselle participar na carreira, John Watson e Niki Lauda cualificaron segundo e terceiro detrás do Lotus 79 de Mario Andretti (os dous pilotos fixeron isto para non chamar a atención sobre a notable vantaxe que o ventilador proporcionaba).

Ao comezo Andretti mantivo o primeiro lugar, mentres que Lauda adiantou a Watson; na segunda volta foi pasado por un rápido Riccardo Patrese no Arrows, e na terceira tamén pasouno o outro Lotus de Ronnie Peterson; o sueco tamén pasou a Patrese, pero tivo que retroceder máis tarde debido a unha picada. Esta orde mantívose igual ata a volta 20, cando Watson viuse obrigado a retirarse por un problema co acelerador.

Diante, Lauda e Andretti loitaban polo primeiro lugar, ata que o americano cometeu un erro e viuse obrigado a deixar pasar ao austríaco, finalmente retirouse debido a unha válvula rota no seu motor. Cando un coche atrasado derramou aceite sobre a pista, o Brabham iniciou unha carreira propia, aparentemente non afectado pola superficie esvaradiza. Na biografía de Lauda, To Hell and Back, escribiu que mentres outros coches tiveron que reducir a velocidade e conducir con coidado sobre o aceite, os Brabhams simplemente podían acelerar (como o ventilador activado pola caixa de cambios non cumpría as regulacións, isto significaba que unha maior velocidade producía moito maior agarre) a través das partes afectadas da pista. Lauda gañou por 34´6 segundos, seguido por Patrese e Peterson nun pechado final; os puntos restantes foron para Patrick Tambay, Clay Regazzoni e Emerson Fittipaldi.

Logo da carreira, os comisarios consideraron legal o coche. Máis tarde, a FIA investigou o coche, e corroborou a afirmación de Brabham de que o motivo principal do ventilador era arrefriar o coche, coñecían a letra, pero non o espírito, das regras. O coche foi considerado legal para correr e a vitoria de Brabham mantívose, pero o "coche ventilador" de Brabham nunca correu de novo. Popularmente crese que foi prohibido, pero en realidade foi retirado voluntariamente por Brabham. Isto foi sen dúbida feito polo dono do equipo Bernie Ecclestone para evitar un conflito co resto de equipos privados, cuxo apoio necesitaba. 1978 foi o ano en que Ecclestone converteuse en presidente executivo da FOCA e liderou a guerra da FISA coa FOCA que levaría á caída da FISA e daría a FOCA o dereito de negociar contratos de televisión dos Grandes Premios, dando a Ecclestone o control comercial efectivo da Fórmula 1, que continúa ata os nosos días.

Clasificación

[editar | editar a fonte]
Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 1 Austria Niki Lauda Brabham-Alfa Romeo 70 1:41:00.606 3 9
2 35 Italia Riccardo Patrese Arrows-Ford 70 +34.019 5 6
3 6 Ronnie Peterson Lotus-Ford 70 +34.105 4 4
4 8 Francia Patrick Tambay McLaren-Ford 69 +1 volta 15 3
5 17 Suíza Clay Regazzoni Shadow-Ford 69 +1 volta 16 2
6 14 Emerson Fittipaldi Fittipaldi-Ford 69 +1 volta 13 1
7 26 Francia Jacques Laffite Ligier-Matra 69 +1 volta 11
8 7 James Hunt McLaren-Ford 69 +1 volta 14
9 12 Gilles Villeneuve Ferrari 69 +1 volta 7
10 11 Carlos Reutemann Ferrari 69 +1 volta 8
11 16 Alemaña Hans Joachim Stuck Shadow-Ford 68 +2 voltas 20
12 25 Héctor Rebaque Lotus-Ford 68 +2 voltas 21
13 9 Alemaña Jochen Mass ATS-Ford 68 +2 voltas 19
14 36 Alemaña Rolf Stommelen Arrows-Ford 67 +3 voltas 24
15 10 Finlandia Keke Rosberg ATS-Ford 63 +7 voltas 23
NC 37 Italia Arturo Merzario Merzario-Ford 62 +8 voltas 22
Ret 5 Mario Andretti Lotus-Ford 46 Motor 1
Ret 27 Australia Alan Jones Williams-Ford 46 Roda 9
Ret 4 Francia Patrick Depailler Tyrrell-Ford 42 Suspensión 12
Ret 15 Francia Jean-Pierre Jabouille Renault 28 Motor 10
Ret 2 John Watson Brabham-Alfa Romeo 19 Trompo 2
Ret 20 Jody Scheckter Wolf-Ford 16 Temperatura 6
Ret 3 Francia Didier Pironi Tyrrell-Ford 8 Accidente 17
Ret 19 Italia Vittorio Brambilla Surtees-Ford 7 Accidente 18
NSC 18 Rupert Keegan Surtees-Ford
NSC 30 Brett Lunger McLaren-Ford
NSC 22 Bélxica Jacky Ickx Ensign-Ford

Posicións logo da carreira

[editar | editar a fonte]
  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.


Carreira anterior:
Gran Premio de España de 1978
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1978
Carreira seguinte:
Gran Premio de Francia de 1978
Carreira anterior:
Gran Premio de Suecia de 1977
Gran Premio de Suecia Carreira seguinte:
non houbo

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]