Gran Premio de Austria de 1978
| Nome na lingua orixinal | (de) XVI Grosser Preis von Osterreich |
|---|---|
| Tipo | Gran Premio de Austria |
| Deporte | automobilismo |
| Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1978 |
| Localización e Datas | |
| Localización |
Zeltweg (pt) A1-Ring (Spielberg) |
| País | Austria |
| Data | 13 de agosto de 1978 |
| Competición | |
| Primeiro posto | Ronnie Peterson Team Lotus |
| Pole position | Ronnie Peterson |
| Volta máis rápida | Ronnie Peterson |
O Gran Premio de Austria de 1978 foi unha carreira do Campionato do Mundo Fórmula 1 celebrada no Circuíto de Österreichring o 13 de agosto de 1978. Foi a 12ª carreira da tempada de Fórmula Un de 1978. Levouse a cabo sobre 54 voltas para cubrir unha distancia de carreira de 320 quilómetros.
Resumo da carreira
[editar | editar a fonte]O circuíto do GP de Austria estaba cheo de seareiros de Niki Lauda; pero desgraciadamente para eles Lauda clasificou só 12º, e os coches de Lotus volveron tomar a primeira fila, con Ronnie Peterson na pole. A sorpresa na cualificación foi Jean-Pierre Jabouille, quen cualificou o seu Renault turbo terceiro. O comezo viu a Peterson liderando na primeira curva, con Carlos Reutemann arrebatando o segundo posto a Mario Andretti. Andretti intentou conseguir o lugar máis tarde durante a volta, pero os dous chocaron e Andretti retirouse despois de que o seu coche batera contra as barreiras, mentres que Reutemann perdeu un par de lugares que foron para Patrick Depailler e Jody Scheckter. Na cuarta volta, caeu unha forte chuvieira sobre á pista, Reutemann trompeou e quedou varado pero os comisarios empuxaron o seu coche, xa que estaba nun lugar perigoso, mentres Scheckter estrelouse, e a carreira detívose.
A carreira reiniciouse cando parou a choiva, e unha vez máis Peterson liderou seguido de Depailler e Lauda. A medida que a pista comezou a secarse, Peterson comezou a afastarse, a Reutemann sacáronlle bandeira negra por recibir axuda externa, Lauda estrelouse pouco despois, deixando a Gilles Villeneuve terceiro. Os pilotos cambiaron a pneumáticos lisos, pero o top 3 mantivéronse así ata o final, Peterson gañou por diante de Depailler, con Villeneuve logrando o seu primeiro podio.
Clasificación
[editar | editar a fonte]| Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | 6 | Lotus-Ford | 54 | 1:41:21.57 | 1 | 9 | |
| 2 | 4 | Tyrrell-Ford | 54 | +47.44 segs | 14 | 6 | |
| 3 | 12 | Ferrari | 54 | +1:39.76 | 11 | 4 | |
| 4 | 14 | Fittipaldi-Ford | 53 | +1 volta | 6 | 3 | |
| 5 | 26 | Ligier-Matra | 53 | +1 volta | 5 | 2 | |
| 6 | 19 | Surtees-Ford | 53 | +1 volta | 21 | 1 | |
| 7 | 2 | Brabham-Alfa Romeo | 53 | +1 volta | 10 | ||
| 8 | 30 | McLaren-Ford | 52 | +2 voltas | 17 | ||
| 9 | 31 | Martini-Ford | 52 | +2 voltas | 26 | ||
| NC | 17 | Shadow-Ford | 50 | +7 voltas | 22 | ||
| NC | 32 | Wolf-Ford | 49 | +7 voltas | 25 | ||
| DSC | 22 | Ensign-Ford | 41 | Empuxado na saída | 19 | ||
| Ret | 8 | McLaren-Ford | 40 | Accidente | 14 | ||
| Ret | 16 | Shadow-Ford | 33 | Accidente | 23 | ||
| Ret | 15 | Renault | 31 | Caixa cambios | 3 | ||
| DSC | 11 | Ferrari | 28 | Empuxado na saída | 4 | ||
| Ret | 1 | Brabham-Alfa Romeo | 27 | Accidente | 12 | ||
| Ret | 3 | Tyrrell-Ford | 20 | Accidente | 9 | ||
| Ret | 7 | McLaren-Ford | 7 | Accidente | 8 | ||
| Ret | 27 | Williams-Ford | 7 | Accidente | 15 | ||
| Ret | 35 | Arrows-Ford | 7 | Accidente | 16 | ||
| Ret | 23 | Ensign-Ford | 7 | Accidente | 24 | ||
| Ret | 25 | Lotus-Ford | 4 | Accidente | 18 | ||
| Ret | 29 | McLaren-Ford | 4 | Accidente | 20 | ||
| Ret | 20 | Wolf-Ford | 3 | Accidente | 7 | ||
| Ret | 5 | Lotus-Ford | 0 | Accidente | 2 | ||
| NSC | 37 | Merzario-Ford | |||||
| NSC | 9 | ATS-Ford | |||||
| NSC | 18 | Surtees-Ford | |||||
| NSC | 10 | ATS-Ford | |||||
| NSCP | 36 | Arrows-Ford |
Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
- Nota:Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
| Carreira anterior: Gran Premio de Alemaña de 1978 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1978 |
Carreira seguinte: Gran Premio dos Países Baixos de 1978 |
| Carreira anterior: Gran Premio de Austria de 1977 |
Gran Premio de Austria | Carreira seguinte: Gran Premio de Austria de 1979 |
Notas
[editar | editar a fonte]- Líderes por volta: Ronnie Peterson 44 voltas (1-18, 29-54); Carlos Reutemann 4 voltas (19-22); Gilles Villeneuve 6 voltas (23-28).
- Esta carreira foi a décima e última vitoria na F1 de Ronnie Peterson
- Gilles Villeneuve rematou no podio por primeira vez na F1
- Lotus gañou o campionato de construtores a falta de catro carreiras para o final.
- Dos 26 participantes, 8 pilotos foran, ou serían campións do mundo. Tamén, dos 26 participantes, 21 pilotos gañaran, ou gañarían un Grand Prix.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Austria de 1978 |
| A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
