Gran Premio dos Países Baixos de 1975
| Nome na lingua orixinal | (nl) XXIII Grote Prijs van Nederland |
|---|---|
| Tipo | Gran Premio dos Países Baixos |
| Deporte | automobilismo |
| Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1975 |
| Distancia do evento | 75 |
| Localización e Datas | |
| Localización |
Países Baixos (Reino dos Países Baixos) Circuíto Park Zandvoort (Zandvoort) |
| País | Países Baixos |
| Data | 22 de xuño de 1975 |
| Competición | |
| Primeiro posto | James Hunt Hesketh Racing |
| Pole position | Niki Lauda |
| Volta máis rápida | Niki Lauda |
O Gran Premio dos Países Baixos de 1975 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 22 de xuño de 1975 no circuíto de Zandvoort. Foi a oitava carreira da tempada de Fórmula Un de 1975. Foi o 24º Gran Premio dos Países Baixos. Levouse a cabo sobre 75 voltas ao circuíto de catro quilómetros para un distancia de carreira de 318 quilómetros.
A carreira foi memorable e unha das maiores vitorias dun pequeno equipo de Fórmula Un. O piloto británico e futuro campión do mundo James Hunt gañou o seu primeiro Gran Premio de Fórmula Un, logrando para o pequeno equipo privado Hesketh Racing o punto culminante dos seus seis anos de historia coa súa primeira e única vitoria nun Gran Premio. Hunt pilotou o seu Hesketh 308 sacando un segundo sobre o Ferrari 312T do líder do Campionato do Mundo, o piloto austríaco Niki Lauda. A terceira praza logrouna o compañeiro de equipo de Lauda en Ferrari, o suízo Clay Regazzoni.
Resumo da carreira
[editar | editar a fonte]Niki Lauda dominou a práctica, co seu compañeiro Clay Regazzoni na primeira fila. Jean-Pierre Jarier tivo un accidente co Maki e a fin de semana do equipo terminou abruptamente nunha nube de fume por problemas co motor. James Hunt acadou á terceira praza da grella. O sábado pola tarde, as condicións climáticas non permitiron mellorar os tempos.
A carreira atrasouse polas choivas. Lauda lideraba por diante de Jody Scheckter, mentres que Vittorio Brambilla e Patrick Depailler chocaron. Jochen Mass tivo problemas e a Jacky Ickx explotoulle o seu motor. Mentres tanto, Hunt cambiara a pneumáticos de seco e foi gañando tempo rapidamente na superficie seca para tomar o liderado a Jarier e Lauda na volta 15.vEmerson Fittipaldi retirouse con problemas no motor, mentres que John Watson rompeu un soporte do á e Carlos Reutemann pasou a Tom Pryce que sufría de problemas de freos.
Na volta 43, Jarier trompeou logo dun rebentón nun pneumático. Lauda perseguiu a Hunt desesperadamente durante máis de 20 voltas, poñéndoo baixo unha enorme presión. Hunt cedera baixo presión similar en Bos Aires, pero esta vez aguantou. O Ferrari lograba adiantar nas curvas lentas, pero Hunt poñíase na cabeza nas curvas rápidas e na recta. As indicacións da televisión eran confusas os subtítulos mostraban tres voltas para o final cando un ruxido masivo das tribunas sinalou que todo terminara. Hunt converteuse no primeiro inglés desde o Peter Gethin en gañar un Gran Premio.
O segundo posto de Lauda reforzou o seu campionato, ampliando a 13 puntos a vantaxe sobre o piloto de Brabham Carlos Reutemann.
Clasificación
[editar | editar a fonte]| Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | 24 | Hesketh-Ford | 75 | 1:46:57.40 | 3 | 9 | |
| 2 | 12 | Ferrari | 75 | + 1.06 | 1 | 6 | |
| 3 | 11 | Ferrari | 75 | + 55.06 | 2 | 4 | |
| 4 | 7 | Brabham-Ford | 74 | + 1 vlta | 5 | 3 | |
| 5 | 8 | Brabham-Ford | 74 | + 1 volta | 9 | 2 | |
| 6 | 16 | Shadow-Ford | 74 | + 1 volta | 12 | 1 | |
| 7 | 23 | Hill-Ford | 74 | + 1 volta | 7 | ||
| 8 | 28 | Penske-Ford | 74 | + 1 volta | 18 | ||
| 9 | 4 | Tyrrell-Ford | 73 | + 2 voltas | 13 | ||
| 10 | 31 | Ensign-Ford | 71 | + 4 voltas | 22 | ||
| 11 | 30 | Fittipaldi-Ford | 71 | + 4 voltas | 24 | ||
| 12 | 20 | Williams-Ford | 70 | + 5 voltas | 19 | ||
| 13 | 22 | Hill-Ford | 70 | + 5 voltas | 17 | ||
| 14 | 10 | March-Ford | 70 | + 5 voltas | 23 | ||
| 15 | 5 | Lotus-Ford | 69 | Sen gasolina | 16 | ||
| 16 | 3 | Tyrrell-Ford | 67 | Motor | 4 | ||
| Ret | 21 | Williams-Ford | 64 | Motor | 15 | ||
| Ret | 2 | McLaren-Ford | 61 | Accidente | 8 | ||
| Ret | 17 | Shadow-Ford | 44 | Roda | 10 | ||
| Ret | 18 | Surtees-Ford | 43 | Vibracións | 14 | ||
| Ret | 1 | McLaren-Ford | 40 | Motor | 6 | ||
| Ret | 14 | BRM | 23 | Diferencial | 20 | ||
| Ret | 6 | Lotus-Ford | 6 | Motor | 21 | ||
| Ret | 9 | March-Ford | 0 | Suspensión | 11 | ||
| NTS | 35 | Maki-Ford |
Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os 6 mellores resultados das primeiras 7 roldas e os 6 mellores resultados das últimas 7 roldas contan para o campionato. Os números sen paréntese son os puntos do campionato, os números entre paréntese son o total de puntos anotados.
| Carreira anterior: Gran Premio de Suecia de 1975 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1975 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Francia de 1975 |
| Carreira anterior: Gran Premio dos Países Baixos de 1974 |
Gran Premio dos Países Baixos | Carreira seguinte: Gran Premio dos Países Baixos de 1976 |
Notas
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio dos Países Baixos de 1975 |
A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2014. Consultado o 2007-06-15.