Gran Premio de Francia de 1971
| Nome na lingua orixinal | (fr) 57e Grand Prix de France |
|---|---|
| Tipo | Gran Premio de Francia |
| Deporte | automobilismo |
| Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1971 |
| Distancia do evento | 55 |
| Localización e Datas | |
| Localización |
Le Castellet (canton of Le Beausset (en) Circuíto Paul Ricard (Le Castellet) |
| País | Francia |
| Data | 4 de xullo de 1971 |
| Competición | |
| Primeiro posto | Jackie Stewart Tyrrell Racing |
| Pole position | Jackie Stewart |
| Volta máis rápida | Jackie Stewart |
O Gran Premio de Francia de fórmula 1 de 1971 celebrouse no Circuíto Paul Ricard o 4 de xullo de 1971. Foi a quinta proba da tempada de Fórmula Un de 1971.
Informe Carreira
[editar | editar a fonte]A carreira levouse a cabo por primeira vez no novo circuíto de Paul Ricard nas montañas das aforas de Marsella. Jackie Stewart gañou a pole position seguido de Clay Regazzoni, Jacky Ickx e Graham Hill. Stewart distanciouse de Regazzoni, Pedro Rodríguez e Jean-Pierre Beltoise, mentres que Ickx foi golpeado na primeira chicane e descolgouse. Stewart lideraba por diante, establecendo a volta rápida na volta 2 e sacando unha vantaxe de 10 segundos na volta 7. O seu único rival real Regazzoni, patinou nunha mancha de aceite e golpeou na varanda, rompendo unha roda na volta 20. Na volta 28 Rodríguez retirouse cunha bobina defectuosa, deixando ós Tyrrells nunha formación 1-2, con François Cevert demostrando a súa valía na súa terra natal. Hill deixou a quinta posición cun tubo de aceite roto, tras tocar previamente a varanda mentres evitaba a Regazzoni.
Isto deixou a Jo Siffert no terceiro lugar, mantendo a raia a Emerson Fittipaldi, quen se atopaba dorido e vendado logo dun accidente de tráfico. Malia iso, o brasileiro tomou a terceira posición na volta 39. Siffert retomou a posición brevemente, pero Fittipaldi mantívose para o podio final por diante do suízo. Chris Amon quedou quinto nunha actuación pouco convincente do equipo de casa Matra, loitou con Tim Schenken ata que se lle acabou o combustible a 6 voltas do final.
Foi un éxito 1-2 para os Tyrrells nun circuíto complicado, o motor Ford proporcionou potencia extra pola longa recta Mistral.
Esta ía ser a última carreira de Fórmula Un de Pedro Rodríguez. Morreu unha semana despois, mentres conducía un Ferrari 512 privado nunha carreira en Norisring en Alemaña.
Clasificación
[editar | editar a fonte]| Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | 11 | Tyrrell-Ford | 55 | 1:46:42.3 | 1 | 9 | |
| 2 | 12 | Tyrrell-Ford | 55 | + 28.12 | 7 | 6 | |
| 3 | 1 | Lotus-Ford | 55 | + 34.07 | 17 | 4 | |
| 4 | 14 | BRM | 55 | + 37.17 | 6 | 3 | |
| 5 | 20 | Matra | 55 | + 41.08 | 9 | 2 | |
| 6 | 2 | Lotus-Ford | 55 | + 1:16.02 | 15 | 1 | |
| 7 | 21 | Matra | 55 | + 1:16.93 | 8 | ||
| 8 | 22 | Surtees-Ford | 55 | + 1:24.91 | 13 | ||
| 9 | 10 | McLaren-Ford | 54 | + 1 volta | 19 | ||
| 10 | 16 | BRM | 54 | + 1 volta | 16 | ||
| 11 | 24 | Surtees-Ford | 53 | + 2 voltas | 10 | ||
| 12 | 8 | Brabham-Ford | 50 | Presión aceite | 14 | ||
| 13 | 34 | March-Ford | 50 | + 5 voltas | 23 | ||
| NC | 28 | March-Ford | 46 | Non clasificado | 22 | ||
| Ret | 27 | March-Ford | 45 | Caixa de cambios | 18 | ||
| Ret | 7 | Brabham-Ford | 34 | Circuíto aceite | 4 | ||
| Ret | 19 | March-Alfa Romeo | 31 | Motor | 20 | ||
| Ret | 15 | BRM | 27 | Encendido | 5 | ||
| Ret | 5 | Ferrari | 20 | Accidente | 2 | ||
| Ret | 17 | March-Alfa Romeo | 19 | Motor | 12 | ||
| Ret | 9 | McLaren-Ford | 16 | Encendido | 11 | ||
| Ret | 4 | Ferrari | 4 | Motor | 3 | ||
| Ret | 18 | March-Ford | 4 | Bomba gasolina | 21 |
- Derradeira carreira: Pedro Rodríguez
Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Francia de 1971 |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "The Official Formula 1 website". Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2013. Consultado o 2008-01-19.
| Carreira anterior: Gran Premio dos Países Baixos de 1971 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1971 |
Carreira seguinte: Gran Premio do Reino Unido de 1971 |
| Carreira anterior: Gran Premio de Francia de 1970 |
Gran Premio de Francia | Carreira seguinte: Gran Premio de Francia de 1972 |