Gran Premio de Suecia de 1974
| Nome na lingua orixinal | (en) Texaco Grand Prix of Sweden |
|---|---|
| Tipo | Gran Premio de Suecia |
| Deporte | automobilismo |
| Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1974 |
| Localización e Datas | |
| Localización |
Suecia Scandinavian Raceway (Gislaved (municipio)) |
| País | Suecia |
| Data | 9 de xuño de 1974 |
| Competición | |
| Primeiro posto | Jody Scheckter Tyrrell Racing Cosworth |
| Pole position | Patrick Depailler |
| Volta máis rápida | Patrick Depailler |
O Gran Premio de Suecia de 1974 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 9 de xuño de 1974 no Scandinavian Raceway en Anderstorp, Suecia. Foi a sétima carreira do Campionato do Mundo de pilotos de 1974.
A carreira foi totalmente dominada polos dous Tyrrell - Cosworth 007 de Jody Scheckter e Patrick Depailler. Depailler logrou a pole position, pero Scheckter gañoulle por 0.380 segundos na carreira, para sumar a súa primeira vitoria. Esta carreira marcou a primeira vitoria dun piloto surafricano nunha carreira do Campionato do Mundo.
Resumo da carreira
[editar | editar a fonte]Logo de Mónaco, apareceron algunhas caras novas. Brian Redman retirouse da Fórmula Un, para ser substituído por Bertil Roos, mentres que Reine Wisell fíxose cargo do March de Hans-Joachim Stuck e Leo Kinnunen fixo o seu debut.
Os dous Tyrrells de Depailler e Scheckter monopolizaron a primeira fila e dominaron a carreira. Ronnie Peterson retirouse na volta 8 cun fallo na transmisión, que pronto sería seguido de Clay Regazzoni con problemas co cambio. Niki Lauda e James Hunt tiveron un duelo magnífico durante 20 voltas antes de que Hunt o superara na volta 66 e comezara a recortar a vantaxe dos Tyrrells 2 segundos por volta. Ao final, Scheckter logrou a súa primeira vitoria nunha carreira por 0.38 seg. e Hesketh logrou un excelente podio, os seus primeiros puntos na Fórmula Un. Graham Hill gañou o seu primeiro punto no campionato desde 1972.
Vern Schuppan (Ensing-Ford), primeiro reserva, comezou ilegalmente desde o 26º posto da grella e terminou a carreira antes de ser descualificado.
Clasificación
[editar | editar a fonte]| Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | 3 | Tyrrell-Ford | 80 | 1:58:31.391 | 2 | 9 | |
| 2 | 4 | Tyrrell-Ford | 80 | + 0.380 | 1 | 6 | |
| 3 | 24 | Hesketh-Ford | 80 | + 3.325 | 6 | 4 | |
| 4 | 5 | McLaren-Ford | 80 | + 53.507 | 9 | 3 | |
| 5 | 17 | Shadow-Ford | 80 | + 1:16.403 | 8 | 2 | |
| 6 | 26 | Lola-Ford | 79 | + 1 volta | 15 | 1 | |
| 7 | 27 | Lola-Ford | 79 | + 1 volta | 18 | ||
| 8 | 21 | Iso Marlboro-Ford | 79 | + 1 volta | 21 | ||
| 9 | 8 | Brabham-Ford | 79 | + 1 volta | 20 | ||
| 10 | 10 | March-Ford | 78 | Motor | 17 | ||
| 11 | 28 | Brabham-Ford | 77 | + 3 voltas | 14 | ||
| DSC | 22 | Ensign-Ford | 77 | Descualificado | 26 | ||
| Ret | 12 | Ferrari | 70 | Caixa de cambios | 3 | ||
| Ret | 9 | March-Ford | 59 | Suspensión | 16 | ||
| Ret | 6 | McLaren-Ford | 56 | Suspensión | 12 | ||
| Ret | 19 | Surtees-Ford | 53 | Suspensión | 22 | ||
| Ret | 7 | Brabham-Ford | 30 | Fuga aceite | 10 | ||
| Ret | 2 | Lotus-Ford | 27 | Motor | 7 | ||
| Ret | 11 | Ferrari | 24 | Caixa de cambios | 4 | ||
| Ret | 18 | Surtees-Ford | 15 | Dirección | 24 | ||
| Ret | 1 | Lotus-Ford | 8 | Palier | 5 | ||
| Ret | 23 | Surtees-Ford | 8 | Motor | 25 | ||
| Ret | 33 | McLaren-Ford | 5 | Fuga combustible | 11 | ||
| Ret | 14 | BRM | 3 | Motor | 13 | ||
| Ret | 16 | Shadow-Ford | 2 | Caixa de cambios | 23 | ||
| Ret | 15 | BRM | 0 | Lume | 19 | ||
| NTS | 20 | Iso Marlboro-Ford |
Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
| Carreira anterior: Gran Premio de Mónaco de 1974 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1974 |
Carreira seguinte: Gran Premio dos Países Baixos de 1974 |
| Carreira anterior: Gran Premio de Suecia de 1973 |
Gran Premio de Suecia | Carreira seguinte: Gran Premio de Suecia de 1975 |
Notas
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2015. Consultado o 2007-06-15.