Ferrari 312B
| Ferrari | |
|---|---|
| Información | |
| País | |
| Fabricante | Ferrari |
| Deseñador | Mauro Forghieri |
| Produción | |
| Predecesor | Ferrari 312 |
| Sucesor | 312T |
| Longo | mm |
| Largo | mm |
| Alto | mm |
| Peso | 595 Kg en 1966; 530 Kg de 1967 a 1969 |
| Chasis | Estrutura de aceiro tubular con paneis de aluminio remachado de dobre parede |
| Suspensión | Suspensión de dobre pinza, dentro do casco resorte / amortecedor |
| Motor | Ferrari 001, 12 en liña, atmosferico central |
| Potencia | 2929 cm³ |
| Transmisión | Ferrari Type 621, 6 velocidades e marcha atrás, manual |
| Tracción | Posterior |
| Freos | |
| Prestacións | |
| Pneumáticos | Goodyear, Firestone |
| Debut | Gran Premio de Suráfrica de 1970 (312B), Gran Premio de Mónaco de 1971 (312B2), Gran Premio de España de 1973 (312B3) |
| Pilotos | |
| Carreiras | 70 (todos modelos) 19 (312B) 24 (312B2/B2-72) 27 (312B3) |
| Gañadas | 10 5 2 3 |
| Poles | 22 6 6 10 |
| Voltas rápidas | 21 11 4 6 |
| Camp. Cons. | 0 |
| Camp. Pilt. | 0 |
| * "Scuderia Ferrari Formula 1" [Páxina Web oficial da Scuderia Ferrari] (en inglés). Consultado o 5 de maio de 2019. | |
O Ferrari 312B foi unha serie de modelos de coches de carreiras de Fórmula Un, deseñados e construídos pola Scuderia Ferrari. Foi o sucesor do Ferrari 312 e foi utilizado desde 1970 ata principios de 1975. Fixéronse varias versións: o 312B, 312B2 e 312B3.
A década de 1970 viu o regreso do éxito para a Scuderia, a marcha de Chris Amon, e o regreso de Jacky Ickx para unirse a Clay Regazzoni. Un motor 12 en liña, coloquialmente coñecido como "boxer" (aínda que non é un motor boxer real), foi desenvolvido para o seu uso no novo Ferrari 312B, o que supuso un baixo centro de gravidade.
Durante a primeira tempada, a de 1970, Ickx loitou co Lotus de Jochen Rindt e gañou tres Grandes Premios, mentres que o emotivo Gran Premio de Italia de 1970 foi gañado por Clay Regazzoni, tras a morte de Rindt na semana anterior á carreira. Nas carreiras restantes, Ickx non puido superar os puntos de Rindt para o título de pilotos, e Lotus gañou o Campionato de Construtores por diante de Ferrari.
A tempada de Fórmula Un de 1971 comezou cun triunfo da nova fichaxe, Mario Andretti, seguida por outra vitoria de Ickx. Ferrari en última instancia, ocupou o segundo lugar no Campionato de Construtores, e Jackie Stewart con Tyrrell dominaron a tempada.
Na tempada de Fórmula Un de 1972, Ferrari non podía manterse ao día cos avances da competición, caendo ao cuarto posto ao final do ano. Ickx gañou o Gran Premio de Alemaña de 1972 na súa pista favorita, Nürburgring, pero esta ía ser a súa última vitoria nun Gran Premio. A tempada de coches deportivos de carreiras foi un éxito para Ferrari, co Ferrari 312PB baseado no coche de F1.

Na tempada de Fórmula Un de 1973, o Ferrari 312B2 xa non era competitivo, e só logrou o 4º lugar con Icks, no Gran Premio de apertura da tempada. Ademais os coches deportivos, foron batidos polos franceses Matra, o programa de F1 da escuadra italiana foi abandonado, e ata saltaronse algunhas carreiras de F1, en particular Nürburgring. Isto non era aceptable para Ickx, xa que o circuíto de Nürburgring, onde celebrabase o Gran Premio de Alemaña ese ano, era a súa pista favorita. Como resultado diso, deixou o equipo a metade de tempada co fin de disputar o Gran Premio de Alemaña de 1973 cun McLaren, onde acadou o terceiro posto detrás dos Tyrrells de Stewart e François Cevert.
Ferrari fichou aos pilotos de BRM Niki Lauda e Clay Regazzoni para reconstruír o equipo da tempada de Fórmula Un de 1974. Presentando un novo modelo, o 312B3, baseado nun prototipo chamado "quitaneves"[1] .
O coche foi substituído polo 312T, que foi presentado para a tempada de Fórmula Un de 1975.
Resultados completos na Fórmula Un
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
| Ano | Chasis | Pneu. | Piloto | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | Puntos | Pos. |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1970 | 312B | F | RSA | ESP | MON | BEL | NED | FRA | GBR | ALE | AUT | ITA | CAN | USA | MEX | 52 (55) |
2º | |||
| Jacky Ickx | Ret | Ret | Ret | 8 | 3 | Ret | Ret | 2 | 1 | Ret | 1 | 4 | 1 | |||||||
| Clay Regazzoni | 4 | 4 | Ret | 2 | 1 | 2 | 13 | 2 | ||||||||||||
| Ignazio Giunti | 4 | 14 | 7 | Ret | ||||||||||||||||
| 1971 | 312B | F | RSA | ESP | MON | NED | FRA | GBR | ALE | AUT | ITA | CAN | USA | 33 | 3º | |||||
| Jacky Ickx | 8 | 2 | Ret | Ret | ||||||||||||||||
| Clay Regazzoni | 3 | Ret | ||||||||||||||||||
| Mario Andretti | 1 | Ret | NSC | |||||||||||||||||
| 312B2 | Jacky Ickx | 3 | 1 | Ret | Ret | Ret | Ret | 8 | ||||||||||||
| Clay Regazzoni | Ret | 3 | Ret | Ret | 3 | Ret | Ret | Ret | 6 | |||||||||||
| Mario Andretti | Ret | 4 | 13 | NTS | ||||||||||||||||
| 1972 | 312B2 | F | ARX | RSA | ESP | MON | BEL | FRA | GBR | ALE | AUT | ITA | CAN | USA | 33 | 4º | ||||
| Jacky Ickx | 3 | 8 | 2 | 2 | Ret | 11 | Ret | 1 | Ret | Ret | 12 | 5 | ||||||||
| Clay Regazzoni | 4 | 12 | 3 | Ret | Ret | 2 | Ret | Ret | 5 | 8 | ||||||||||
| Mario Andretti | Ret | 4 | Ret | 7 | 6 | |||||||||||||||
| Nanni Galli | 13 | |||||||||||||||||||
| Arturo Merzario | 6 | 12 | ||||||||||||||||||
| 1973 | 312B2 | G | ARX | BRA | RSA | ESP | BEL | MON | SWE | FRA | GBR | NED | ALE | AUT | ITA | CAN | USA | 12 | 6º | |
| Jacky Ickx | 4 | 5 | Ret | |||||||||||||||||
| Arturo Merzario | 9 | 4 | 4 | |||||||||||||||||
| 312B3 | Jacky Ickx | 12 | Ret | Ret | 6 | 5 | 8 | 8 | ||||||||||||
| Arturo Merzario | Ret | 7 | 7 | Ret | 15 | 16 | ||||||||||||||
| 1974 | 312B3-74 | G | ARX | BRA | RSA | ESP | BEL | MON | SWE | NED | FRA | GBR | ALE | AUT | ITA | CAN | USA | 65 | 2º | |
| Clay Regazzoni | 3 | 2 | Ret | 2 | 4 | 4 | Ret | 2 | 3 | 4 | 1 | 5 | Ret | 2 | 11 | |||||
| Niki Lauda | 2 | Ret | 16 | 1 | 2 | Ret | Ret | 1 | 2 | 5 | Ret | Ret | Ret | Ret | Ret | |||||
| 1975 | 312B3-74 | G | ARX | BRA | RSA | ESP | MON | BEL | SWE | NED | FRA | GBR | ALE | AUT | ITA | USA | 72.5[2] | 1º | ||
| Clay Regazzoni | 4 | 4 | ||||||||||||||||||
| Niki Lauda | 6 | 5 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Acerbi, Leonardo (2008). Il nuovo Tutto Ferrari. Nada. ISBN 9788879114363.
- ↑ En 1975, 63.5 puntos anotounos o Ferrari 312T.
- article about 312B Arquivado 03 de marzo de 2012 en Wayback Machine.
- Tremayne, David & Hughes, Mark (1998). "The Concise Encyclopedia Of Formula One, Paragon.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ferrari 312B |