Gran Premio de Suráfrica de 1977

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unión Sudafricana Gran Premio de Suráfrica de 1977
Detalles da carreira
Carreira 3 de 17 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1977.
Trazado do circuíto de Kyalami
Trazado do circuíto de Kyalami
Data 5 de marzo 1977
Nome oficial South African Grand Prix
Localización Circuíto de Kyalami Kyalami, Gauteng, Suráfrica
Percorrido Percorrido permanente de carreira
4´104 km
Distancia 78 voltas, 320´112 km
Clima Asollado
Pole position
Piloto Flag of the United Kingdom.svg James Hunt McLaren-Ford
Tempo 1:15.96
Volta rápida
Piloto Flag of the United Kingdom.svg John Watson Brabham-Alfa Romeo
Tempo 1:17.63 na volta 7
Podio
Primeiro Austria Niki Lauda Ferrari
Segundo Unión Sudafricana Jody Scheckter Wolf-Ford
Terceiro Francia Patrick Depailler Tyrrell-Ford

O Gran Premio de Suráfrica de Fórmula 1 de 1977, celebrouse no Circuíto de Kyalami Kyalami, Gauteng, o 5 de marzo de 1977. Foi a terceira rolda da tempada de Fórmula Un de 1977. Foi o 23º Gran Premio de Suráfrica desde o primeiro Gran Premio disputado en 1934 e o décimo que se celebrou en Kyalami, nos arredores de Xohanesburgo. Levouse a cabo sobre 78 voltas ao circuíto de catro quilómetros para unha distancia de carreira de 320 quilómetros.

A carreira é lembrada principalmente polo accidente mortal que cobrou a vida do comisario de pista Frederick Jansen Van Vuuren e do piloto Tom Pryce. Tamén foi a derradeira carreira de Carlos Pace, que morreu nun accidente de aeronave menos de dúas semanas despois.

Resumo da carreira[editar | editar a fonte]

James Hunt continuou a súa racha de poles, con Carlos Pace á beira e Niki Lauda terceiro. Hunt liderou na saída, con Lauda e Jody Scheckter detrás logo de que Pace tivera problemas. Este orde mantívose ata a sétima volta cando Lauda tomou o liderado ata o final da carreira, Scheckter tomou a segunda posición logo de pasar a Hunt 11 voltas máis tarde.

Durante a volta 21, dous comisarios entraron na pista logo de que o Shadow de Renzo Zorzi sufrira un fallo no motor. O segundo comisario, Fredrik Jansen Van Vuuren, foi golpeado polo coche de Tom Pryce e morreu no acto. O extintor de incendios que sostiña voou das súas mans e golpeou a Pryce na cara, causándolle a morte e estando a piques de decapitalo.

A pesar do accidente a carreira continuou. Lauda logrou a súa primeira vitoria desde o seu terrible accidente do ano anterior. O surafricano Scheckter foi segundo, e o seis rodas de Patrick Depailler foi terceiro logo de pasar a Hunt nas últimas voltas.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 11 Austria Niki Lauda Ferrari 78 1:42:21.6 3 9
2 20 Unión Sudafricana Jody Scheckter Wolf-Ford 78 +5.2 5 6
3 4 Francia Patrick Depailler Tyrrell-Ford 78 +5.7 4 4
4 1 Flag of the United Kingdom.svg James Hunt McLaren-Ford 78 +9.5 1 3
5 2 Alemaña Jochen Mass McLaren-Ford 78 +19.9 12 2
6 7 Flag of the United Kingdom.svg John Watson Brabham-Alfa Romeo 78 +20.2 11 1
7 19 Italia Vittorio Brambilla Surtees-Ford 78 +23.6 14
8 12 Flag of Argentina.svg Carlos Reutemann Ferrari 78 +26.7 8
9 22 Suíza Clay Regazzoni Ensign-Ford 78 +46.2 16
10 28 Flag of Brazil.svg Emerson Fittipaldi Fittipaldi-Ford 78 +1:11.7 9
11 18 Austria Hans Binder Surtees-Ford 77 +1 volta 19
12 6 Flag of Sweden.svg Gunnar Nilsson Lotus-Ford 77 +1 voltas 10
13 8 Flag of Brazil.svg Carlos Pace Brabham-Alfa Romeo 76 +2 voltas 2
14 30 Flag of the United States.svg Brett Lunger March-Ford 76 +2 voltas 23
15 14 Australia Larry Perkins BRM 73 +5 voltas 22
Ret 9 Flag of Brazil.svg Alex Ribeiro March-Ford 66 Motor 17
Ret 10 Alemaña Hans Joachim Stuck March-Ford 55 Motor 18
Ret 5 Flag of the United States.svg Mario Andretti Lotus-Ford 43 Accidente 6
Ret 33 Flag of the Netherlands.svg Boy Hayje March-Ford 33 Caixa de cambios 21
Ret 26 Francia Jacques Laffite Ligier-Matra 22 Accidente 12
Ret 16 Flag of the United Kingdom.svg Tom Pryce Shadow-Ford 22 Accidente mortal 15
Ret 17 Italia Renzo Zorzi Shadow-Ford 21 Fuga combustible 20
Ret 3 Flag of Sweden.svg Ronnie Peterson Tyrrell-Ford 5 Sistema combustible 7

Accidente[editar | editar a fonte]

Na volta 22, o Shadow do piloto italiano Renzo Zorzi retirouse da carreira cun fallo no motor e saíu fóra da pista polo lado esquerdo. Momentos despois de que o coche detívose nunha cima cega, o motor incendiouse. Dous comisarios correron pola pista con extintores para apagar o lume xa que a carreira continuaba. Nese mesmo momento, Pryce, no outro Shadow, e Hans-Joachim Stuck, que pilotaba un March-Ford, coroaron a subida. Stuck esquivounos dando un volantazo, pasando moi preto do primeiro comisario, pero Pryce, que marchaba detrás do alemán non os veu, non tivo tempo de reaccionar antes de golpear o segundo comisario, Frederick Jansen Van Vuuren, quen morreu no acto.

No momento do impacto do coche co comisario, o extintor de incendios que levaba Jansen van Vuuren saíu voando e estrelouse contra a cabeza de Pryce, rompendo o ríxido casco do piloto. O impacto arrincou os restos do casco de protección de Pryce e fixo que a correa do queixo case decapitara ao piloto. O Shadow continuou correndo pola recta principal a toda velocidade con Pryce aínda sentado detrás do volante. O coche finalmente saíu da pista na primeira curva de deixando ao Ligier de Jacques Laffite fora da carreira no proceso. Todo o incidente foi filmado por un equipo de televisión que cubría a carreira.[1]

As lesións de Jansen Van Vuuren foron tan graves que, o seu corpo non foi identificado ata que o director da carreira convocou a todos os comisarios de carreira e viu que Van Vuuren non estaba entre eles.

O feito incluíuse na película de carreiras de motor Rápido e mortal.

Posicións logo da carreira[editar | editar a fonte]

Clasificación no campionato de pilotos
Pos Piloto Puntos
1 Unión Sudafricana Jody Scheckter 15
2 Flag of Argentina.svg Carlos Reutemann 13
3 Austria Niki Lauda 13
4 Flag of the United Kingdom.svg James Hunt 9
5 Flag of Brazil.svg Carlos Pace 6
Clasificación do campionato de construtores
Pos Construtor Puntos
1 Italia Ferrari 22
2 Flag of Canada.svg Wolf-Ford 15
3 Flag of the United Kingdom.svg McLaren-Ford 9
4 Flag of the United Kingdom.svg Brabham-Alfa Romeo 7
5 Flag of Brazil.svg Fittipaldi-Ford 6
  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.


Carreira anterior:
Gran Premio de Brasil de 1977
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1977
Carreira seguinte:
Gran Premio do oeste dos Estados Unidos de 1977
Carreira anterior:
Gran Premio de Suráfrica de 1976
Gran Premio de Suráfrica Carreira seguinte:
Gran Premio de Suráfrica de 1978

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Formula 1: List of Deaths 11 May 2009. Accessed 2009-05-11. Archived 2009-05-13.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Suráfrica de 1977

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Jordan F1 icon.png
A Galipedia ten un portal sobre: