Gran Premio de Bélxica de 1975
| Tipo | Gran Premio de Bélxica |
|---|---|
| Deporte | automobilismo |
| Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1975 |
| Distancia do evento | 70 |
| Localización e Datas | |
| Localización | Autódromo de Zolder (Heusden-Zolder) 50°59′20″N 5°15′20″L / 50.988888888889, 5.2555555555556 |
| País | Bélxica |
| Número de edición | 33 (1975) |
| Competición | |
| Primeiro posto | Niki Lauda |
| Pole position | Niki Lauda |
| Volta máis rápida | Clay Regazzoni |
O Gran Premio de Bélxica de Fórmula 1 de 1975 disputouse en Zolder o 25 de maio de 1975. Foi a sexta carreira da tempada de Fórmula Un de 1975, o 33º Gran Premio de Bélxica e a segunda, que se celebrou no Autódromo de Zolder. A carreira levouse a cabo durante 70 voltas sobre os catro quilómetros do circuíto para unha distancia de carreira de 280 quilómetros.
A carreira foi gañada polo piloto austríaco Niki Lauda pilotando un Ferrari 312T, a súa segunda vitoria do ano logo de gañar en Mónaco dúas semanas antes. Lauda liderou 65 das 70 voltas, sacando 19 segundos de vantaxe sobre o piloto de Suráfrica Jody Scheckter no Tyrrell 007. O piloto arxentino Carlos Reutemann co seu Brabham BT44B quedou no terceiro lugar. A vitoria puxo a Lauda na cabeza do campionato por primeira vez en 1975, superando ó líder anterior Emerson Fittipaldi.
Resumo da carreira
[editar | editar a fonte]Ferrari chegou ó Autódromo de Zolder ávido de pelexa e alentados pola súa vitoria en Mónaco. Niki Lauda gañou a pole logo da descualificación de Carlos Pace o venres por causas técnicas e de que a clasificación do sábado fora suspendida pola choiva. Vittorio Brambilla foi terceiro na grella e Tony Brise asombrando na súa carreira de debut, obtivo a cuarta posición por diante do líder do campionato Emerson Fittipaldi. Ronnie Peterson recibiu unha sanción por estacionar durante a sesión de práctica, logo de aparcar o seu coche nunha posición perigosa no bordo da pista, en lugar de arriscarse a unha picada na trampa de grava. Mario Andretti non participou porque estaba competindo nas 500 Millas de Indianápolis.
Pace adiantouse mentres Brambilla e Regazzoni batíanse en duelo. Jochen Mass e John Watson chocaron, o alemán retirouse, mentres que Watson regresou a boxes co morro danado. Alan Jones tamén tivo que retirarse logo dunha colisión con Jacques Laffite. Arturo Merzario quedou fóra co embrague queimado. Pace tivo problemas cos freos e os pneumáticos fríos e perdeu posicións.
Brambilla tomou o liderado ata a sexta volta, cando foi pasado por Lauda. Tony Brise trompeou na chicane e retirouse pouco despois cun pistón danado. Jody Scheckter avanzou a través da pista para estar no segundo lugar na volta nove. Os freos de Brambilla fallaron e perdeu posicións. Jean-Pierre Jarier trompeou, James Hunt retirouse cunha marcha rota. Clay Regazzoni subiu a terceira posición, pero tivo que entrar en boxes para cambiar un pneumático con ampolas. Lauda lideraba sobre Scheckter comodamente e a carreira converteuse nunha procesión.
Carlos Pace tivo problemas de manexo e perdeu posicións cando perdeu a terceira velocidade. Na volta 49, Ronnie Peterson estrelouse contra as barreiras, mentres Brambilla entregou o terceiro lugar ao cambiar un pneumático con ampolas, pero na reanudación retirouse con problemas de freos.
Fittipaldi tamén tivo problemas cos freos, quedando indefenso ante o ataque de Regazzoni e Tom Pryce para caer do quinto ao sétimo lugar nas últimas seis voltas.
Clasificación
[editar | editar a fonte]| Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | 12 | Ferrari | 70 | 1:43:53.98 | 1 | 9 | |
| 2 | 3 | Tyrrell-Ford | 70 | + 19.22 | 9 | 6 | |
| 3 | 7 | Brabham-Ford | 70 | + 41.82 | 6 | 4 | |
| 4 | 4 | Tyrrell-Ford | 70 | + 1:00.08 | 12 | 3 | |
| 5 | 11 | Ferrari | 70 | + 1:03.84 | 4 | 2 | |
| 6 | 16 | Shadow-Ford | 70 | + 1:28.45 | 5 | 1 | |
| 7 | 1 | McLaren-Ford | 69 | + 1 volta | 8 | ||
| 8 | 8 | Brabham-Ford | 69 | + 1 volta | 2 | ||
| 9 | 14 | BRM | 68 | + 2 voltas | 20 | ||
| 10 | 18 | Surtees-Ford | 68 | + 2 voltas | 18 | ||
| 11 | 28 | Penske-Ford | 67 | + 3 voltas | 21 | ||
| 12 | 30 | Fittipaldi-Ford | 67 | + 3 voltas | 24 | ||
| Ret | 22 | Hill-Ford | 57 | Suspensión | 22 | ||
| Ret | 9 | March-Ford | 54 | Freos | 3 | ||
| Ret | 6 | Lotus-Ford | 52 | Freos | 16 | ||
| Ret | 5 | Lotus-Ford | 36 | Freos | 14 | ||
| Ret | 21 | Williams-Ford | 18 | Caixa de cambios | 23 | ||
| Ret | 10 | March-Ford | 18 | Motor | 17 | ||
| Ret | 23 | Hill-Ford | 17 | Motor | 7 | ||
| Ret | 24 | Hesketh-Ford | 15 | Transmisión | 11 | ||
| Ret | 17 | Shadow-Ford | 13 | Trompo | 10 | ||
| Ret | 20 | Williams-Ford | 2 | Embrague | 19 | ||
| Ret | 26 | Hesketh-Ford | 1 | Accidente | 13 | ||
| Ret | 2 | McLaren-Ford | 0 | Accidente | 15 |
Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
| Carreira anterior: Gran Premio de Mónaco de 1975 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1975 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Suecia de 1975 |
| Carreira anterior: Gran Premio de Bélxica de 1974 |
Gran Premio de Bélxica | Carreira seguinte: Gran Premio de Bélxica de 1976 |
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Bélxica de 1975 |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2014. Consultado o 2007-06-15.