Jim Clark

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jim Clark
Jim Clark.jpg
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Reino Unido Reino Unido
Anos en activo 1960 - 1968
Escudería(s) Team Lotus
Grandes Premios disputados 73 (72 saidas)
Campionatos 2 (1963, 1965)
Vitorias 25
Podios 32
Pole positions 33
Voltas rápidas 28
Primeiro GP Gran Premio de Alemaña de 1960
Primeira vitoria Gran Premio de Bélxica de 1962
Derradeira vitoria Gran Premio de Suráfrica de 1968
Derradeiro GP Gran Premio de Suráfrica de 1968

James Clark Jr., Jim ou Jimmy Clark OBE , nado en Kilmany, Escocia, o 4 de marzo de 1936 finou nun accidente de Fórmula 2 en Hockenheim, Alemaña o 7 de abril de 1968, foi un piloto de automobilismo. Gañou dous campionatos do Mundo de Fórmula 1.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Inicios[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha familia labrega de Kilmany, no condado de Fife, Escocia. Único home, e o menor nunha familia de cinco irmáns, estaba predestinado a facerse cargo da granxa familiar, circunstancia que provocou que os seus pais opoñéranse á idea de Clark de adicarse ás carreiras de coches. Comezou a súa carreira nos rally de estradas e subidas locais conducindo o seu propio Sunbeam-Talbot, demostrando ser un competidor temible desde o principio. A súa primeira carreira foi o 16 de xuño de 1956 ao volante dun DKW Sonderklasse en Crimond, Escocia. En 1958, Clark estaba pilotando para o equipo local Border Reivers, conducindo Jaguar D-Type e Porsche nas competicións nacionais, e gañando 18 carreiras.

No Boxing Day de 1958, Clark correu contra o home que o lanzará á fama. Conducindo un Lotus Elite, terminou segundo contra Colin Chapman nunha carreira de GT de 10 voltas en Brands Hatch. En 1959 conducindo un Lotus Elite, terminou décimo en Le Mans asociado con John Whitmore. Chapman quedou o suficientemente impresionado como para dar a Clark, un asento nun dos seus coches de Fórmula Junior.

Lotus e Clark[editar | editar a fonte]

Jim Clark en Nürburgring, 1965.

A súa primeira carreira para Lotus foi en 1960 no Gran Premio de Holanda, onde participou no lugar de John Surtees quen seguía competindo en motocicletas nese tempo. A carreira ía sen problemas ata que alcanzou o quinto lugar e tivo que retirarse por problemas coa caixa de cambios. A seguinte carreira foi en Spa, Bélxica. Este circuíto de Spa-Francorchamps era un dos máis perigosos desa época, unha enorme pista de máis de 14 km onde en 1960 perderon a vida dous pilotos, incluíndo o compañeiro de equipo de Clark Alan Stacey. Aínda así Clark logrou terminar en quinto lugar no seu segundo gran premio.

No Gran Premio de Italia Clark estivo involucrado nun accidente polémico e controvertido, o seu Lotus chocou co Ferrari do alemán Wolfgang von Trips. O Ferrari saíu lanzado cara aos espectadores matando a varios deles así como ao piloto alemán.

A carreira profesional de Clark en Fórmula 1 foi na súa totalidade co equipo Lotus, para quen conduciu desde os seus inicios en 1960 ata 1968. Os seus maiores éxitos ocorreron en 1963 co Lotus 25, co cal Clark gañou sete de dez grandes premios, logrando coroarse como Campión Mundial de Pilotos e levando a Lotus a gañar o seu primeiro Campionato Mundial de Construtores. En 1965 Clark e Lotus repetiron campionato.

Nese mesmo ano Clark gañou na famosa carreira das 500 millas de Indianápolis. Para iso debeu ausentarse do prestixioso Gran Premio de Fórmula 1 de Mónaco. Con todo fixo historia ao triunfar por primeira vez nesa carreira cun automóbil co motor colocado detrás do piloto.

Ao seguinte ano, 1966, Lotus, baixo as novas regras de motores de 3.0 litros, non acadou bos resultados. Comezaron a tempada de Fórmula 1 cun motor Coventry Climax de 2.0 litros montado no chasis do Lotus 33. Ao avanzar a tempada cambiaron a un Lotus-BRM 43 cun moi complexo motor BRM H16; o H16 consistía basicamente de dous motores V8 de 1.5 litros unidos para formar unha soa unidade.

En 1967 Clark e Lotus correron con tres combinacións completamente distintas de chasis e motor. O Lotus-BRM foi usado na primeira carreira do campionato en Suráfrica con resultados negativos. En Monaco usou por última vez o Lotus 33, retirándose a metade de carreira cunha avaría na suspensión. A continuación comezou a nova asociación de Lotus con Ford Motor Company e Cosworth. O motor Cosworth DFV usado por primeira vez por Lotus non só gañou a primeira carreira na que foi usado, o Gran Premio de Holanda, senón que ademais converteríase no motor de maiores éxitos na historia da Fórmula 1.

Morte[editar | editar a fonte]

O 7 de abril de 1968, durante unha carreira de Fórmula 2 no circuíto de Hockenheimring en Hockenheim, Alemaña Jim Clark morreu despois de que o seu automóbil saísese da pista e chocase contra as árbores. As causas do accidente nunca foron definitivamente esclarecidas, con todo os investigadores suxiren como a posibilidade máis factible, unha súbita e repentina perda de presión pneumática nunha das rodas traseiras. En circunstancias parecidas á morte de Ayrton Senna en 1994, a súa morte causou gran impacto no mundo da competición automobilística. Clark era o mellor piloto e dominaba os campionatos da época co mellor equipo de entón. Lotus e Clark foron inseparables desde o principio. O campionato de 1968 foi gañado polo compañeiro de equipo de Clark, Graham Hill (pai do logo tamén campión Damon Hill).

Un xenio na pista[editar | editar a fonte]

Lotus 25.

Ao longo da súa carreira Clark gañou 25 grandes premios e obtivo a pole en 33 ocasións. Clark diferenciábase dos pilotos actuais de Fórmula 1 na súa habilidade para conducir e gañar en calquera tipo de vehículo. A súa capacidade de pelexar vitorias conducindo o sedan de produción Lotus Cortina era impresionante; correu na tempada Nascar en Estados Unidos para o equipo Holman e Moody; batallou cos caprichosos Lotus deportivos modelos 30 e 40; e ata un Lotus de IndyCar Series nunha carreira de montaña en Suíza.

Clark foi o mellor nunha época onde a habilidade innata e a xenialidade para conducir do piloto baixo calquera circunstancias eran moito máis importantes que a tecnoloxía e as asistencias externas. Considerábaselle un terrible piloto de probas, pois era capaz de acomodarse ao auto e facelo parecer mellor do que en realidade era; ao contrario doutros pilotos que probarían o auto por varias voltas, facéndolle axustes ata conseguir o mellor tempo posible, Clark lograba o mellor tempo así no xeito como atopaba ao auto, e dicíalle aos mecánicos "déixeno, así está ben". Debido a isto facíaselle difícil entender como outros pilotos non podían ser igual de rápidos que él.

Cando Clark faleceu, atribúeselle ao corredor Chris Amon o dicir "se isto pódelle pasar a Clark, que esperanza podemos ter os demais". Hoxe en día é consierado un dos mellores pilotos da historia da Fórmula 1.

Clark está enterrado no pobo de Chirnside en Berwickshire.

No ano de 1990 foi admitido no International Motorsports Hall of Fame.

Resultados Completos na Fórmula 1[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 Pos. Pts.[1]
1960 Team Lotus Lotus 18 Climax I4 ARX
MON
500
NED
Ret
BEL
5
FRA
5
GBR
16
POR
3
ITA
USA
16
10º 8
1961 Team Lotus Lotus 21 Climax I4 MON
10
NED
3
BEL
12
FRA
3
GBR
Ret
ALE
4
ITA
Ret
USA
7
11
1962 Team Lotus Lotus 25 Climax V8 NED
9
MON
Ret
BEL
1
FRA
Ret
GBR
1
ALE
4
ITA
Ret
USA
1
RSA
Ret
30
1963 Team Lotus Lotus 25 Climax V8 MON
8
BEL
1
NED
1
FRA
1
GBR
1
ALE
2
ITA
1
USA
3
MEX
1
RSA
1
54 (73)
1964 Team Lotus Lotus 25 Climax V8 MON
4
NED
1
BEL
1
FRA
Ret
GBR
1
ITA
Ret
32
Lotus 33 Climax V8 ALE
Ret
AUT
Ret
USA
7
MEX
5
1965 Team Lotus Lotus 33 Climax V8 RSA
1
MON
BEL
1
GBR
1
NED
1
ALE
1
ITA
10
USA
Ret
MEX
Ret
54
Lotus 25 Climax V8 FRA
1
1966 Team Lotus Lotus 33 Climax V8 MON
Ret
BEL
Ret
FRA
NTS
GBR
4
NED
3
ALE
Ret
16
Lotus 43 BRM H16 ITA
Ret
USA
1
MEX
Ret
1967 Team Lotus Lotus 43 BRM H16 RSA
Ret
41
Lotus 33 Climax V8 MON
Ret
Lotus 49 Ford V8 NED
1
BEL
6
FRA
Ret
GBR
1
ALE
Ret
CAN
Ret
ITA
3
USA
1
MEX
1
1968 Team Lotus Lotus 49 Ford V8 RSA
1
ESP
MON
BEL
NED
FRA
GBR
ALE
ITA
CAN
USA
MEX
11º 9
Predecesor:
Phil Hill
Campión da Fórmula 1
1962
Sucesor:
Jim Clark
Predecesor:
Denny Hulme
Campión da Fórmula 1
1968
Sucesor:
Jackie Stewart

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre: Jim Clark
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Jim Clark

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  1. Ata 1990, non todos os puntos anotados por un piloto contribuían ao seu reconto final no Campionato Mundial (ver Sistemas de puntuación da Fórmula 1 para máis información). Os números entre paréntesis son os puntos válidos para o Campionato; Os números entre paréntese son o total de puntos obtidos.