Gran Premio dos Estados Unidos de 1977
Detalles da carreira | ||
---|---|---|
Carreira 15 de 17 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1977. | ||
![]() Trazado do circuíto de Watkins Glen | ||
Data | 2 de outubro 1977 | |
Nome oficial | XIX Gran Premio dos Estados Unidos | |
Localización | Circuíto de Watkins Glen Watkins Glen, Nova York, Estados Unidos | |
Percorrido | Circuíto permanente 5´435 km | |
Distancia | 59 voltas, 320´670 km | |
Clima | Choiva, 17º graos | |
Pole position | ||
Piloto | ![]() |
McLaren-Ford |
Tempo | 1:40.863 | |
Volta rápida | ||
Piloto | ![]() |
Tyrrell-Ford |
Tempo | 1:51.85 na volta 56 | |
Podio | ||
Primeiro | ![]() |
McLaren-Ford |
Segundo | ![]() |
Lotus-Ford |
Terceiro | ![]() |
Wolf-Ford |
O Gran Premio dos Estados Unidos de 1977 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 2 de outubro de 1977 no circuíto de Watkins Glen. Foi a 15ª carreira da tempada de Fórmula Un de 1977, e o 27º Gran Premio dos Estados Unidos desde o primeiro Gran Premio de América que se celebrou en 1908 e a 20º desde o primeiro Gran Premio dos Estados Unidos en Riverside de 1958. Esta carreira tamén se coñece como Gran Premio do leste dos Estados Unidos co fin de distinguila da carreira Gran Premio do oeste dos Estados Unidos, celebrada o 3 de abril de 1977 en Long Beach (California).
Informe[editar | editar a fonte]
James Hunt gañou en Watkins Glen por segundo ano consecutivo, pero a coroa do Campionato do Mundo regresou ao austríaco Niki Lauda, cuxa cuarta praza valeulle o seu segundo título en tres anos. Competindo baixo o frío e a choiva, Hunt levouse a súa segunda vitoria do ano para McLaren, mentres que o título de Lauda foi a culminación dunha valente remontada logo das terribles feridas que sufriu no circuíto de Nürburgring en 1976.
Por primeira vez, celebrábase a carreira americana antes do Gran Premio de Canadá, que celebrouse unha semana despois. Lauda, con tres vitorias e 69 puntos, só necesitaba sumar un punto en calquera das tres últimas carreiras para levarse o título, mentres que Jody Scheckter, con dúas vitorias e 42 puntos, necesitaba gañar todas as carreiras para ter unha oportunidade. ( Unha vitoria eran nove puntos desde 1961 ata 1991, cando se aumentou a 10.) < / blockquote >
Desde o inicio dos adestramentos do venres, o McLaren de Hunt foi dominou, establecendo unha marca de 1:40.863. Os pilotos de Brabham Hans-Joachim Stuck e John Watson estaban un cuarto de segundo atrás, seguidos de Andretti, Ronnie Peterson e os Ferraris de Carlos Reutemann e Lauda. O sábado pola mañá, como se predixo, a choiva chegou xusto antes do final da práctica, polo que a sesión da tarde só serviu como práctica para unha posible carreira en mollado o domingo, os tempos do venres determinaron a grella.
O domingo comezou frío pero seco, cunha multitude de máis de 100.000 espectadores. Antes da volta de quecemento, comezou a orballar, a falta de cinco minutos, chovera tanto que só John Watson estaba disposto a apostar por saír con slicks. Na bandeira, todo o mundo partiu da grella e pasou a primeira curva sen incidentes, pero a pulverización era tan grande que non se vía nada logo dos primeiros cinco coches. Stuck pasou rapidamente por diante de Hunt, e logo dunha volta, estaban seguidos por Andretti, Reutemann, Peterson, Lauda, Scheckter, Jacques Laffite e Gunnar Nilsson.
Inmediatamente, Scheckter comezou a tomar vantaxe pola incerteza dos outros nesas condicións e, na quinta volta pasara do noveno ao cuarto lugar. Stuck tamén ía ben en mollado, e, malia perder o seu cable de embrague nas primeiras voltas, alexouse de Hunt. Lauda finalmente foi capaz de pasar ao seu compañeiro Reutemann, que o estivera contendo, no quinto lugar, cando o arxentino trompeou. Na volta 15, con Hunt catro segundos detrás, Stuck, loitaba para cambiar de marchas sen embrague, pero fallou ao entrar nunha curva e foise recto. O seu monocasco resultou danado e a súa carreira rematou.
Hunt sacáballe a Andretti 10´5 segundos, e a Scheckter 14 segundos máis atrás en terceiro lugar. Esta situación mantívose xa que os pilotos buscaban as seccións húmidas dunha pista xa seca para arrefriar os seus pneumáticos. A 10 voltas para o final e unha vantaxe de 22 segundos, Hunt calmouse cando desde os boxes déronlle o sinal, "EZE". Lauda mantívose no cuarto lugar, contento con permanecer alí e facerse co campionato. Scheckter desacelerara na terceira posición para preservar os seus pneumáticos, e parecía que o final sería moi aburrido.
De súpeto, a falta de dúas voltas para o final, Andretti, que estivera perseguindo a Hunt, estaba só 6´7 segundos por detrás. Ao comezar a última volta, a ventaxe pechouse a 1´5 segundos, os seareiros locais e os locutores de pista animaban salvaxemente en cada curva. Pero na última volta, Hunt en realidade aumentou lixeiramente a súa vantaxe para gañar por pouco máis de dous segundos. O box de McLaren non lle informou do preto que estaba o Lotus ata o último momento, cando Teddy Mayer deulle un berro frenético para coller o ritmo!
Así, o campión saínte, gañou a carreira, e Lauda logrou o seu segundo título, logo da súa reaparición e a polémica de Monte Fuji en 1976. Para Ferrari, foi o seu terceiro Campionato de Construtores consecutivo.
Clasificación[editar | editar a fonte]
Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 1 James Hunt
McLaren-Ford 59 1:58:23.267 1 9 2 5 Mario Andretti
Lotus-Ford 59 + 2.026 segs 4 6 3 20 Jody Scheckter
Wolf-Ford 59 + 1:18.879 9 4 4 11 Niki Lauda
Ferrari 59 + 1:40.615 7 3 5 22 Clay Regazzoni
Ensign-Ford 59 + 1:48.138 19 2 6 12 Carlos Reutemann
Ferrari 58 + 1 volta 6 1 7 26 Jacques Laffite
Ligier-Matra 58 + 1 volta 10 8 24 Rupert Keegan
Hesketh-Ford 58 + 1 volta 20 9 16 Jean-Pierre Jarier
Shadow-Ford 58 + 1 volta 16 10 30 Brett Lunger
McLaren-Ford 57 + 2 voltas 17 11 18 Hans Binder
Surtees-Ford 57 + 2 voltas 25 12 7 John Watson
Brabham-Alfa Romeo 57 + 2 voltas 3 13 28 Emerson Fittipaldi
Fittipaldi-Ford 57 + 2 voltas 18 14 4 Patrick Depailler
Tyrrell-Ford 56 + 3 voltas 8 15 9 Alex Ribeiro
March-Ford 56 + 3 voltas 23 16 3 Ronnie Peterson
Tyrrell-Ford 56 + 3 voltas 5 17 25 Ian Ashley
Hesketh-Ford 55 + 4 voltas 22 18 27 Patrick Nève
March-Ford 55 + 4 voltas 24 19 19 Vittorio Brambilla
Surtees-Ford 54 + 5 voltas 11 Ret 15 Jean-Pierre Jabouille
Renault 30 Alternador 14 Ret 6 Gunnar Nilsson
Lotus-Ford 17 Accidente 12 Ret 8 Hans Joachim Stuck
Brabham-Alfa Romeo 14 Accidente 2 Ret 10 Ian Scheckter
March-Ford 10 Accidente 21 Ret 2 Jochen Mass
McLaren-Ford 8 Bomba combustible 15 Ret 14 Danny Ongais
Penske-Ford 6 Accidente 26 Ret 17 Alan Jones
Shadow-Ford 3 Accidente 13 NSC 23 Patrick Tambay
Ensign-Ford Posicións logo da carreira[editar | editar a fonte]
- Clasificación no campionato de pilotos
Pos Piloto Puntos 1 Niki Lauda
72 2 Mario Andretti
47 3 Jody Scheckter
46 4 Carlos Reutemann
36 5 James Hunt
31
- Clasificación no campionato de construtores
Pos Construtor Puntos 1 Ferrari
89 (91) 2 Lotus-Ford
62 3 McLaren-Ford
47 4 Wolf-Ford
46 5 Brabham-Alfa Romeo
27
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os 8 mellores resultados das primeiras 9 roldas e os 7 mellores resultados das últimas 8 roldas contan para o campionato. Os números sen paréntese son os puntos do campionato, os números entre paréntese son o total de puntos anotados.
Carreira anterior:
Gran Premio de Italia de 1977Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1977Carreira seguinte:
Gran Premio do Canadá de 1977Carreira anterior:
Gran Premio dos Estados Unidos de 1976Gran Premio dos Estados Unidos Carreira seguinte:
Gran Premio dos Estados Unidos de 1978Notas[editar | editar a fonte]
- Lauda gañou o campionato de pilotos a falta de dúas carreiras.
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Doug Nye (1978). The United States Grand Prix and grand prize races, 1908-1977. B. T. Batsford. ISBN 0-7134-1263-1
- Rob Walker (xaneiro de 1978). "18th United States Grand Prix: Wet But Not Wild". Road & Track, 82-86.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio dos Estados Unidos de 1977
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1