Gran Premio do oeste dos Estados Unidos de 1977
Nome oficial | Long Beach Grand Prix |
---|---|
Tipo | Gran Premio do oeste dos Estados Unidos |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1977 |
Distancia do evento | 80 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto urbano de Long Beach (Long Beach) 33°45′52″N 118°11′27″O / 33.764381, -118.190792 |
País | Estados Unidos de América |
Data | 3 de abril de 1977 |
Competición | |
Primeiro posto | Mario Andretti |
Pole position | Niki Lauda |
Volta máis rápida | Niki Lauda |
O Gran Premio do oeste dos Estados Unidos de 1977 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula 1, celebrada o 3 de abril de 1977 no circuíto de Long Beach en California. Foi a terceira carreira da tempada de 1977.
Resumo da carreira
[editar | editar a fonte]Nunha xa tráxica tempada de Fórmula Un sucedeu o que se necesitaba para espantar a desesperación, un brillante Mario Andretti converteuse no primeiro estadounidense en gañar un Gran Premio na súa terra natal. Logo da morte de Tom Pryce na carreira de Suráfrica e de Carlos Pace nun accidente aéreo, o GP do oeste dos Estados Unidos foi un día glorioso co triunfo de Andretti. Foi o comezo dos seus dous anos de andaina cara ao Campionato do Mundo, e a primeira vitoria para o coche que marcaría o comezo da era do efecto solo, o Lotus 78 de Colin Chapman.
A primeira sesión de adestramentos viu a Jody Scheckter, a quen lle encantaba o estreito circuíto a veira do océano, sendo o máis rápido no Wolf con 1:22.79, por diante de Andretti no seu novo Lotus 78. Na segunda sesión, Andretti foi máis rápido cun 1:22.06, pero foi Niki Lauda no Ferrari quen logrou a pole na cualificación final do sábado con 1:21.63.
O domingo coa luz verde, Scheckter saíu disparado desde a segunda fila pasando tanto a Lauda como a Andretti, liderando na primeira curva, seguido de Lauda. Carlos Reutemann tamén fixo unha boa saída desde a segunda fila e situouse xusto detrás de Andretti na primeira curva pero freou demasiado tarde, e saíuse recto na curva.
James Hunt presuntamente foi golpeado por detrás, aínda que ninguén o sabe de certo, e a súa vez el golpeou a roda traseira dereita de John Watson coa parte frontal esquerda, levantouse case dous metros no aire, mostrando a Watson toda a parte inferior do seu McLaren. Logo de aterrar Hunt foi capaz de chegar aos boxes e aínda que a súa suspensión resultou danada, continuou e terminou perdendo o punto do sexto lugar por só dous segundos.
Mentres tanto, o trío de Scheckter, Andretti e Lauda continuaron a batalla que estiveran librando a fin de semana, con Scheckter líder por 1´7 segundos logo de tres voltas. Na volta 4, Lauda estaba apremando a Andretti e tratou de pasalo pero o resultado foi un plano nos pneumáticos que lle causaron unha vibración grave durante toda a carreira, e probablemente quitáronlle a súa oportunidade de gañar.
Scheckter mantiña unha pequena vantaxe, logo de 25 voltas, Andretti estaba a 2´5 segundos e Lauda a 4 segundos por detrás. Os tres líderes nunca perderon contacto durante máis de media volta. O circuíto de Long Beach non era especialmente adecuado para os coches que xeraban unha gran cantidade de carga aerodinámica, e o novo Lotus, coa súa maior resistencia aerodinámica, non podía igualar a velocidade en liña recta do Wolf de Scheckter, Andretti continuamente acercábase no paso por curva, pero non puido chegar máis aló.
"Estábame preparando para unha freada desesperada", contou Mario, anos máis tarde. "Eu tiña que ir da quinta á primeira marcha para facelo, e tal como eran as caixas de cambio naqueles días, eu só tiña unha ou dúas oportunidades para facelo. O meu obxectivo era facelo ao final da carreira. Despois notei un tirón, obviamente, tiña un pneumático que estaba lixeiramente desinflado".
Na volta 58, o tempo de volta de Scheckter aumentou repentinamente dous segundos e, ao pasar xunto aos boxes, sinalou enfaticamente á seu equipo o seu pneumático dianteiro dereito, que tiña unha fuga lenta. O pneumático comezou a bloquearse unha e outra vez na freada, pero Scheckter decidiu continuar e chegar o máis lonxe posible. Durante 18 voltas, enfrontouse nunha batalla desesperada con Mario Andretti que intentaba arrebatarlle a posición mentres o seu pneumático desinflábase máis e máis.
"Non estaba no punto no que o pneumático se fora definitivamente abaixo, porque era o da parte esquerda, non o da dereita, e non o fixo debido a que o punto de freada e o punto de inflexión na curva era o mesmo".
Na volta 77, Mario adiantou ao Wolf ao entrar na forquita. "Foi por moi pouco", afirmou Andretti. "Vin claro o punto de freada, e logo me fun por el, afasteime. "A frenética multitude de 70.000 espectadores finalmente estalou en aplausos. A desesperación de Scheckter foi completa cando Lauda tamén pasoulle na seguinte volta. A multitude aclamaba a Andretti, desviando a considerable presión de Lauda, xa que gañou por menos dun segundo.
"Foi un dos momentos máis bonitos da miña carreira, ata máis satisfactorio que gañar Indianapolis e realmente gratificante ter a tanta xente apoiándome", dixo Andretti. "O coche mantívose perfectamente equilibrado durante toda a carreira e os freos eran excelentes."
Mario insistiu. "Supereino con claridade. Para min, foi tan satisfactorio como unha vitoria. Jody dixo que a única razón pola que lle pasara era porque tiña o pneumático desinflado. Pero si ese fora o caso, tería moito fume e unha chea de bloqueos, e non había nada diso. Así que foi boa, unha vitoria satisfactoria."
Scheckter mantívose no terceiro lugar, e os puntos foron completados por Patrick Depailler no Tyrrell, máis dun minuto atrás; Emerson Fittipaldi no Copersucar e Jean-Pierre Jarier nun ATS Penske - Ford.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 5 | Mario Andretti | Lotus-Ford | 80 | 1:51:35.470 | 2 | 9 |
2 | 11 | Niki Lauda | Ferrari | 80 | + 0.773 s | 1 | 6 |
3 | 20 | Jody Scheckter | Wolf-Ford | 80 | + 4.857 s | 3 | 4 |
4 | 4 | Patrick Depailler | Tyrrell-Ford | 80 | + 1:14.487 | 12 | 3 |
5 | 28 | Emerson Fittipaldi | Fittipaldi-Ford | 80 | + 1:20.908 | 7 | 2 |
6 | 34 | Jean-Pierre Jarier | Penske-Ford | 79 | + 1 volta | 9 | 1 |
7 | 1 | James Hunt | McLaren-Ford | 79 | + 1 volta | 8 | |
8 | 6 | Gunnar Nilsson | Lotus-Ford | 79 | + 1 volta | 16 | |
9 | 26 | Jacques Laffite | Ligier-Matra | 78 | Eléctrico | 5 | |
10 | 10 | Brian Henton | March-Ford | 77 | + 3 voltas | 18 | |
11 | 18 | Hans Binder | Surtees-Ford | 77 | + 3 voltas | 19 | |
Ret | 3 | Ronnie Peterson | Tyrrell-Ford | 62 | Sistema combustible | 10 | |
Ret | 22 | Clay Regazzoni | Ensign-Ford | 57 | Caixa de cambios | 13 | |
Ret | 8 | Hans Joachim Stuck | Brabham-Alfa Romeo | 53 | Freos | 17 | |
Ret | 17 | Alan Jones | Shadow-Ford | 40 | Caixa de cambios | 14 | |
Ret | 2 | Jochen Mass | McLaren-Ford | 39 | Dirección | 15 | |
DSC | 7 | John Watson | Brabham-Alfa Romeo | 33 | Axuda externa ilegal | 6 | |
Ret | 16 | Renzo Zorzi | Shadow-Ford | 27 | Caixa de cambios | 20 | |
Ret | 9 | Alex Ribeiro | March-Ford | 15 | Caixa de cambios | 22 | |
Ret | 12 | Carlos Reutemann | Ferrari | 5 | Accidente | 4 | |
Ret | 30 | Brett Lunger | March-Ford | 4 | Accidente | 21 | |
Ret | 19 | Vittorio Brambilla | Surtees-Ford | 0 | Accidente | 11 |
Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Carreira anterior: Gran Premio de Suráfrica de 1977 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1977 |
Carreira seguinte: Gran Premio de España de 1977 |
Carreira anterior: Gran Premio do oeste dos Estados Unidos de 1976 |
Gran Premio do oeste dos Estados Unidos | Carreira seguinte: Gran Premio do oeste dos Estados Unidos de 1978 |
Notas
[editar | editar a fonte]- Doug Nye (1978). The United States Grand Prix and Grand Prize Races, 1908-1977. B. T. Batsford. ISBN 0-7134-1263-1
- Rob Walker (xullo, 1977). "2nd United States Grand Prix West: Patience At 11,000 RPM". Road & Track, 112-117.
- Gordon Kirby (abril, 1997). "Proof of Concept". RACER, 68-103.
- Pete Lyons (abril, 2002). "One Day At The Beach". RACER, 74-78.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio do oeste dos Estados Unidos de 1977 |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |